Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense – Pontevedra

os_palleiros1progrape_1

A XI Festa da Fabada de Marcón ofertará este ano como novidade tamén paella

Gozar dunha boa fabada, da troula e axudar ao Marcón Atlético. Son os ingredientes da XI Festa da Fabada que se vai a celebrar na parroquia de Marcón o próximo luns, 1 de maio. O concelleiro delegado de Marcón, Alberto Oubiña, ...

VER +

Cantos de Taberna da man do grupo Os Saljariteiros - Pontevedra

Cantos de Taberna convócavos a unha nova cita mañá, 28 de abril da man do grupo Os Saljariteiros. A cita é nos bares Saudade e Timón, no horario de sempre: de 21.00 a 24.00 horas. A sexta edición desta cita cos ...

VER +

Quentando motores para a Festa da Lamprea de Arbo

Ata un total de 170 participantes, déronse cita este domingo dia 23 de abril na Praza do Concello de Arbo, para asistir á  Marcha Btt da Lamprea, que por terceiro ano consecutivo organiza o Concello de Arbo. Como comezo da semana ...

VER +

A Real Filharmonía de Galicia e o Coro Xove da Orquestra Sinfónica no día das Letras Galegas - Ourense

O Día das Letras 2017 réndelle homenaxe a un fillo predilecto da cidade, Carlos Casares Mouriño, e desde o Concello de Ourense perfílase unha programación de altura con motivo desta celebración, achegando esforzos con entidades e institucións para dotar 2017 ...

VER +

Artistas na rúa - Pontevedra

O evento desenvolverase o próximo sábado 29 de na Praza da Ferraría, en horario de 16.30h a 20.30 horas. O evento pontevedrés Artistas na rúa, cree no proceso e no resultado da Naturalización das Artes, rompendo cos mitos establecidos e acurtando ...

VER +

Festa dos Maios Ourense

Festa dos Maios Ourense 2017

VER +

Festa dos Maios Pontevedra

Festa dos Maios Pontevedra 2017 ¬ VER +INFO CLICK AQUÍ

VER +

Maios Allariz 2017

28 de abril Allariz celebra a tradicional Festa dos Maios, na que os alumnos e alumnas do colexio de Primaria e o Instituto de Allariz presentan as súas creacións naturais e cantan as súas coplas. Tanto os Maios coma o canto ...

VER +

A 22-MITEU abre o telón - Ourense

Circo, danza, concertos e... por suposto, moito teatro do 22 de abril ao 6 de maio Pablo Carbonell, Albert Plá, Clownic, Kukai danza, Vaivén, Teatro da Didascalia... son algúns dos nomes máis atraentes desta edición. Auditorio Municipal, Teatro Principal, Campus universitario e ...

VER +

Até o 27 de abril pódeste inscribir no Concurso de maios 2017 - Pontevedra

A Concellaría de Festas ten aberto o prazo inscribirse no Concurso de maios 2017 que se celebrará, como é habitual, ás 11.00 horas do 1 de maio na Praza da Ferraría. As bases son as seguintes: 1. Poderán participar todos os ...

VER +

Xantar e III Marcha BBT da Festa da Lamprea de Arbo

23 de abril III Marcha BBT 29 de abril Xantar  

VER +

A Festa do Boi 2017 de Allariz; setecentos anos de historia

Allariz inicia a conta atrás para a celebración da Festa do Boi que este ano conmemora os 700 anos de historia dende que, en 1317, Xan de Arzúa sae a lombo dun boi encabezando a procesión de Corpus. Integrantes da Asociación ...

VER +

Ciclo de Butaca - Pontevedra

Próximos concertos 6 e 27 de abril   ¬+INFO CLICK AQUÍ

VER +

A Semana Santa en Galicia

Aínda que en todas as poboacións de Galicia celébrase a Semana Santa, hai determinadas localidades que destacan polo valor artístico das súas imaxes, e que ademais teñen unha personalidade propia;  son actos  polo xeral,  contidos e de marcado carácter austero. Entre ...

VER +

Ciclo de curtametraxes Ficciónate

Ficciónate é unha iniciativa desenvolvida por Abella Creativa. A idea xurdiu da necesidade de crear un espazo no cal as curtametraxes tiveran cabida, alén dos certames, festivais e circuitos habituais de cinema, provistos para albergar este tipo de obras. As ...

VER +

A cidade de Ourense celebrará este domingo, día 2 de abril, a tradicional festa de San Lázaro, que cada ano, quince días antes da Semana Santa, marca a benvida da primavera.

Durante a xornada do sábado, 1 de abril, e o domingo, 2, estarán instalados arredor do Parque de San Lázaro, os postos de rosquillas e lambetadas, tradicionais desta celebración

As actividades propias da festa serán o domingo.

Ás 11.45 h haberá alborada cos gaiteiros “Gomes Mouro” e cabezudos polas rúas do Paseo, Santo Domingo e parque San Lázaro.

Ás 13:00 horas será a Queima das madamitas a cargo da Pirotecnia Josman.

O Concello inviste nesta festividade un orzamento total de 5.170 euros.

En canto aos actos litúrxicos, haberá misa na honra de San Lázaro, ás 11 da mañá na igrexa parroquial de Sto. Domingo e de seguido a procesión ata a Conventual dos PP. Franciscanos, aos que asistirá a Corporación Municipal.

Barrio do Peliquín

O barrio do Peliquín tamén celebra o San Lázaro, desde que na década dos anos 80 a igrexa que estaba no Parque de San Lázaro foi levada e reconstruída en Peliquín.

O sábado, 1, a partir das 21:30 horas, haberá verbena coa Orquestra La favorita, e o domingo, 2 pasarrúas cun grupo de gaitas, misa e procesión, e ás 18:30 horas baile infantil e ás 21:30 horas, festa co grupo Aramio.

Valora o Artigo / Artículo!
[Total: 0 Promedio: 0]
COMPARTE!!!

Deixa un comentario / Deja un comentario