Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense – Pontevedra

os_palleiros1progrape_1

Ourense subscribe un acordo de colaboración para situarse como referente mundial da xeotermia

O Concello e o Ministerio de Energía, Turismo y Agenda Digital subscribiron esta mañá un acordo de colaboración para situar a Ourense como referente mundial da xeotermia, tal e como puxo de manifesto o ministro Álvaro Nadal trala sinatura. Jesús Vázquez ...

VER +

Reparto e colocación de trampas para combater a extensión da avespa asiática - Pontevedra

O Concello repartirá trampas co fin de frear o avance da avespa asiática (vespa velutina) no municipio, unha loita que coordinará o servizo de Medio Ambiente Natural. O reparto comezará após da Semana Santa, a partir do martes 18 de ...

VER +

Ourense deseña un proxecto para o parque da EDAR

O Concello de Ourense, a través dos concelleiros de Infraestruturas e Participación Cidadá, José Araújo e Carlos Campos, expúxolle a AVV 15 de agosto de Reza, o proxecto inicial para o espazo que actualmente ocupa a Estación Depuradora de Augas ...

VER +

Concello de Ourense e Confederación Hidrográfica acordan diversas actuacións sobre as canles dos ríos

O Concello de Ourense e a Confederación Hidrográfica Miño Sil (CHMS) acordaron diferentes actuacións para unha mellora integral das canles dos ríos da cidade. Así, as reunións entre o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o presidente da CHMS, Francisco ...

VER +

Concello de Ourense e Sustinea fomentan o autoemprego no ámbito da agricultura ecolóxica

A concelleira de Asuntos Sociais e Xuventude Sofía Godoy visitou esta mañá a horta ecolóxica social da Carballeira, posta en marcha polo Concello e Sustinea para fomentar a empregabilidade no sector da agricultura ecolóxica. Durante dúas semanas, un total de ...

VER +

Faro de Corrubedo en Ribeira

Aquí hai mares por todas as partes e tan distintos como para impor unhas curiosas formas á hora de administrar as súas fronteiras. Hai un mar antigo, convencional, clásico coas súas augas, correntes, espumas e mareas. E hai un mar de ...

VER +

Ourense celebra o Día Mundial da Auga ampliando o horario de apertura da piscina termal das Burgas

O Concello de Ourense súmase á celebración do Día Mundial da Auga ampliando os horarios da piscina termal das Burgas do 22 ao 25 de marzo ata as 23.00h. Unha oportunidade única para gozar dun baño termal baixo as estrelas ...

VER +

No Día Mundial da Auga

Por Raimundo González Carballo, concelleiro responsábel do Ciclo da Auga de Pontevedra O Día Mundial da Auga é unha data de reivindicación e denuncia dos consumos e usos irresponsables. Pero, dende a experiencia, creo que Pontevedra ten moito que celebrar hoxe. A ...

VER +

Últimos traballos de recuperación dos cedros das Palmeiras - Pontevedra

O Departamento de Parques e Xardíns realiza nestes días traballos nos cedros das Palmeiras afectados polos pasados temporais. Son labores de detalle consistentes na retirada de polas danadas, podas selectivas e o arriostramento das ramas que quedaron en pe. O propósito ...

VER +

O Concello e a asociación Sustinea promoven unha horta ecolóxica social urbana - Ourense

A asociación Sustinea e o Concello de Ourense promoven unha horta ecolóxica social na cidade para paliar a falta de recursos económicos e atopar saída laboral na agricultura ecolóxica. A asociación Sustinea, co apoio da Concellería de Asuntos Sociais do Concello ...

VER +

Un Ano de Astronomía en Galego - Pontevedra

Venres 17 de marzo ás 20 h na Casa da Luz ¬DESCARGAR FOLLETO INFORMATIVO  

VER +

Imaxe do día

Desde a Praia do Vilar (Ribeira - A Coruña), Bo día!!! Autora:

VER +

O mexillón: Ademais de comerse; coas súas barbas facíanse traxes dourados

Coñecido como Mejillón, mejillón mediterráneo, mexilón, mixilón, mixillón, blue mussel, commom mussel, moule commune, moule comestible, muscle, mexilhão. O seu nome científico: Mytillus galloproviciales (Lamarck, 1819) Distribúense no Atlántico e no Mediterráneo. Como ben sabedes no caso de Galicia os mexillóns se "cultivan" en ...

VER +

Recuperados unha tonelada de vidro diarios para reciclaxe, na hostalaría en Ourense

A campaña de recollida selectiva de vidro porta a porta en locais de hostalaría, posta en marcha polo Concello e Ecovidrio coa colaboración de Ecourense, permitiu recoller máis de 56 toneladas de residuos en apenas mes e medio desde a ...

VER +

Unha primeira estimación cifra en 2,2 millóns o valor dos danos do temporal - Pontevedra

Os servizos técnicos municipais están a revisar e avaliar os danos causados polos temporais de vento e chuvia dos últimos días co fin de cuantificalos, orzamentar as reparacións precisas e executar os traballos de posta a punto pola vía de ...

VER +

O Concello e o Ministerio de Energía, Turismo y Agenda Digital subscribiron esta mañá un acordo de colaboración para situar a Ourense como referente mundial da xeotermia, tal e como puxo de manifesto o ministro Álvaro Nadal trala sinatura.

Jesús Vázquez e Álvaro Nadal asinaron este documento, no que a través do Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía (IDAE), dependente do ministerio, séntase unha base sen precedentes na cooperación institucional e no posicionamiento de Ourense como cidade cun altísimo potencial enerxético. Para elo, crearase unha comisión de traballo e seguimento entre ambas administracións para dinamizar conxuntamente e impulsar proxectos que contribúan á difusión e uso da enerxía xeotérmica en proxectos e plans innovadores de eficiencia energética e de enerxías renovables.


O ministro de Energía, Turismo y Agenda Digital sinalou que Ourense ten as características e o potencial necesario para se convertir “nun símbolo a nivel mundial do aproveitamento enerxético da xeotermia”, e agradeceu expresamente ao alcalde “a súa iniciativa política para levar a cabo o que será un fito para esta cidade, situándose como exemplo do tipo de política enerxética que require o futuro”

 O alcalde explicou que o proxecto leva xestionándose desde hai meses con diversas reunións con técnicos do IDAE, “coñecedores do noso potencial xeotérmico, con este acordo de colaboración pretendemos dinamizar conxuntamente e impulsar proxectos que contribúan á difusión e uso da enerxía xeotérmica en proxectos e plans innovadores de eficiencia energética e de enerxías renovables”. Este plan de traballo realizarase mediante un equipo de traballo conxunto e unha comisión mixta de control e seguimiento, con representantes municipais e ministeriales.

O acordo contempla mellorar a difusión e sensibilización social do potencial e vantaxes desta enerxía limpa, identificar as entidades (investigadoras, empresariais, tecnolóxicas ou doutros ámbitos públicos ou privados) que poidan colaborar neste desenvolvemento. E tamén impulsar proxectos piloto demostrativos en función dos criterios que defina a comisión.

 Algo moi importante deste acordo de colaboración é que ambas institucións buscarán conxuntamente fontes financeiras de ámbito autonómico, estatal ou europeo para viabilizar a execución dos proxectos piloto. De feito, o alcalde, Jesús Vázquez, avanzou que outras administracións se irán incorporando a este proxecto de futuro para Ourense.

Jesús Vázquez lembrou tamén que O Concello de Ourense xa leva dando pasos neste camiño. “Como recordarán, en agosto de 2016 anunciamos tamén que o Concello acababa de presentar o proxecto GEOAtlantic á primeira convocatoria do Programa Interreg Espazo Atlántico 2014-2020. Xa daquela contamos co visto bo do IDAE, que nos puxo en contacto con outras cidades e organismos para buscar aliados neste proxecto que busca estudar as posibilidades de desenvolvemento de enerxía geotérmica no territorio como fonte de enerxía renovable e impulsar proxectos demostrativos. “Ourense, con estes pasos que estamos dando, sitúase como referente de innovación á hora de rendibilizar os nosos recursos naturais para xerar riqueza e oportunidades de negocio e crecemento”.

Valora o Artigo / Artículo!
[Total: 0 Promedio: 0]
COMPARTE!!!

Deixa un comentario / Deja un comentario

Navegador Web

buscar_navegador