Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense – Pontevedra

os_palleiros1progrape_1

O día das Tres Grazas

No caixón das tradicións pontevedresas o día das Tres Grazas ocupa un espazo avalado polo  verniz do tempo e a irredutibilidade da fe. Así, cada primeiro venres de marzo poderemos comprobar como, dende cedas horas da mañá, vaise formando unha ...

VER +

Fran Cortegoso (Imaxe: Chan da polvora)

Un ano sen Fran Cortegoso

As veces na excitada pero imperturbable fraga da lírica unha árbore cae, e como formula o enigma: se non ai ninguén preto para confirmalo, fai ruído? Francisco Cortegoso naceu en Pontevedra no agosto de 1985. Fíxose filólogo en lingua galega; escribiu ...

VER +

- GALLEGO REI, M.: A beira da Santiña, edita Mario Gallego Rei, Pontevedra, 2016.
- Hemeroteca.

O Milagre das Uvas e do Millo

O Burgo, verdadeiro territorio de carácter e circunstancias propias, é a Triana da nosa Pontevedra. Nunca alleo ao discurso e ao devir da cidade, ofrécenos unha historia e, ao fin, un legado que convén non desprotexer. O crecemento urbano nunca ...

VER +

Sinsabores dunha Pedra Importante: O Miliario de Adriano

Por miliario entendemos unha columna pétrea de gran peso e  tamaño que funcionaba a xeito de marco quilométrico nas antigas vías romanas. E frecuente que leven inscricións onde se especifica a vía na que se atopaba, así como a distancia ...

VER +

Boa Semana!

Desde a Rúa do Paseo de Ourense...Boa semana! Autora:  

VER +

Boa Semana!

En Santa Mariña  de Augas Santas (Allariz - Ourense) Autora:    

VER +

Haiche moito yeyé: A Movida Galega, Madrid escríbese con ‘V’ de Vigo

Ninguén que teña una certa idade – tampouco tan maiores eh! – poderá esquecer que pensabamos que entón eran “malos tiempos para la lírica” (ilusos que eramos, xa os quixésemos agora), e despregabamos o noso humor negro galego con aquilo de “y ...

VER +

Feliz día do Traballo

1 de Maio. Feliz día do Traballador

VER +

Ser galego non é fácil

Paul Theroux  escribía no seu libro The Pillars Of Hercules (1995 -  As Columnas de Hércules) ..." tiña todas as características dos galegos, que son, sobre todo, inexplicables e enigmáticos". Si, ser galego non é fácil... Somos un pobo con moitos ...

VER +

Los hombres rana de Potter que recuperaron los cadáveres

El naufragio del Ave del Mar

(O autor escribe en español, respéctase o idioma de orixe) Las islas Cíes, el paraíso natural tan cerca de nosotros, lugar de leyendas y testigo de numerosos naufragios se hacía eco de un triste suceso ocurrido hace 60 años, que llenó ...

VER +

A Xunqueira da Gándara do Alba: Un paraíso natural na cidade de Pontevedra

Dende 2012 a cidade de Pontevedra posúe un ENIL, ou o que é o mesmo: un Espazo Natural de Interese Local. Trátase de case 70 hectáreas –das cales 48 pertencen á xunqueira propiamente dita– conformando un dos máis fermosos paraxes ...

VER +

AQUIS QUERQUENNIS : A Mansión Varia

Nela podemos ver un monólito no que están gravados o número de millas existentes entre Braga e Astorga, e mostra así as mansións da vía coas súas correspondentes distancias intermansionarias. Os restos deste establecemento hostaleiro foi erixido seguramente en dous momentos ...

VER +

Boa semana!

Desde Celanova e con Don Celso Emilio Ferreiro Autora:

VER +

Imaxe do día

Bo dia desde Santa Mariña de Augas Santas Autora:  

VER +

Imaxe do día

Desde unha xanela calquera ... Bo día! Autora:  

VER +

Cando falamos das nosas illas, poderiamos dicir que estamos falando de “as xoias da coroa”.

Terra emerxente no Atlántico, desde o norte ata o sur da provincia de Galicia:Sálvora, Noro, Vionta, Herbosa e Sagres, Municipio de Ribeira na provincia da Coruña; o arquipélago de Cortegada (Illa de Cortegada, Malveiras e Briñas), fronte á localidade de Carril, no Municipio de Vilagarcía de Arousa;Ons e Onza ou Onceta (Municipio de Bueu) e as Illas Cíes (Municipio de Vigo), todas estas últimas xa na provincia de Pontevedra.

islas

Este grupo de illas constitúen O Parque Natural e Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas, cunha oito mil catrocentas oitenta hectáreas de superficie, das cales sete mil duascentas oitenta e cinco son marítimas e mil cento noventa e cinco de terra. Este parque foi creado no 2002, cunha vocación protectora destes territorios que en moitos casos por masificación incontrolada de visitantes, e noutros por abandono, estaban sufrindo unha importante deterioración nos seus ecosistemas. Son tamén zona ZEPA, isto é, Zona de Especial Protección Para as Aves e ademais están incluídas no programa Rede Natura 2000, ou o que é o mesmo, son zona ZEC (Zonas de Especial Conservación).

Son sistemas naturais tipicamente atlánticos, presentan unha gran biodiversidade, con grandes cantiis, terreo en moitos casos escarpados, con catrocentas especies vexetais, dunas, praias, bosques, matogueiras e uns riquísimos fondos mariños compostos por roquedales, areais, e unhas duascentas especies de algas.

En canto á fauna refírese, son tamén xenerosas, é tal a súa abundancia que aínda non se atopan catalogadas todas as súas especies ao cento por cento, pero se sabe que habitan unhas cento vinte e catro especies de aves, cinco de anfibios, nove de réptiles, doce de mamíferos e sesenta e tres especies de invertebrados. En resumo, unhas duascentas especies animais entre as que poderemos observar importantes colonias de aves, focas, baleas, golfiños, crustáceos e moluscos.

Esta serie de illas ademais dun máis que evidente patrimonio natural, contan cun importantísimo patrimonio cultural subacuático. De que estamos falando? A resposta é sinxela: os naufraxios que se produciron nesta área ao longo da historia. É así que o organismo de Parques Naturais catalogou ata agora cincuenta e dous barcos afundidos nos fondos das Illas Cíes, Ons e Sálvora.
Estes pecios foron documentados e catalogados partindo de arquivos históricos, de topónimos utilizados na zona, de cartas náuticas –remontándose ata a algunha do século XIV–, a través de fotografías aéreas, dos testemuños e documentos gráficos de mergulladores, submarinistas etcétera. Tamén estudan os naufraxios modernos, con menor interese patrimonial e arqueolóxico, pero catalogalos é importante, xa que onde se produciu un naufraxio é posible que volva repetirse ou que haxa outros.

Son as Illas Cíes –pola súa situación na entrada da Ría de Vigo– as que levan a palma en riqueza arqueolóxica dos seus fondos. Nesta zona lóitase desde fai moito co chamado “furtivismo arqueolóxico submarino”. O organismo do Parque da Illas Atlánticas e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, traballan de xeito conxunto para protexer estes pecios e evitar o seu espolio.

Hai que dicir que todos estas illas están protexidas non só na superficie de terra, ademais tamén o están na súa franxa marítima, por iso é importante se pensamos achegarnos a elas e pásallenos pola cabeza pescar, facer submarinismo ou fondear con barcos, pornos en contacto antes co Parque Nacional das Illas Atlánticas:

Teléfono: 986 85 85 93

Web: PÁXINA DE PERMISOS DO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS

Ademais destes arquipélagos, existen outras illas nas nosas costas que por diferentes motivos aínda non se atopan incluídas, estando algunha no proceso, no Parque Natural de Illas Atlánticas, pero son aspirantes serias a selo, sinalamos: a Illa de Tambo ( en Pontevedra), e as Illas Sisargas (na provincia da Coruña).

 


Valora o Artigo / Artículo!
[Total: 0 Promedio: 0]
COMPARTE!!!

Deixa un comentario / Deja un comentario

buscar_navegador

 

 

Navegador da Web