Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense – Pontevedra

os_palleiros1progrape_1

Fran Cortegoso (Imaxe: Chan da polvora)

Un ano sen Fran Cortegoso

As veces na excitada pero imperturbable fraga da lírica unha árbore cae, e como formula o enigma: se non ai ninguén preto para confirmalo, fai ruído? Francisco Cortegoso naceu en Pontevedra no agosto de 1985. Fíxose filólogo en lingua galega; escribiu ...

VER +

Programa Concertos Festas de Ourense 2017

24 de xuño - 2 de xullo ¬VER / DESCARGAR PROGRAMACIÓN CLICK AQUÍ

VER +

Unha nova unidade didáctica convida aos escolares a descubrir o Arquivo municipal - Pontevedra

O Concello editou mil exemplares da unidade didáctica co fin de achegala aos centros educativos da cidade e traballar con ela no propio arquivo onde tamén fanse visitas guiadas. A unidade foi elaborada polo persoal do Arquivo municipal e ilustrada ...

VER +

Programación de todas as Festas de Verán Pontevedra 2017

Música de bandas Xoves, 6 de xullo 21.00 h Baila a Banda. Praza do Teucro Concerto da Banda de Música de Pontevedra coa colaboración do Club de Baile Deportivo Adrián Esperón & Patricia Martínez “Baila Mos” Domingo, 9 de xullo 21.00 h ...

VER +

O Pazo cede unha aula permanente a Asociación de Escritores en Lingua Galega - Pontevedra

A Concellaría de Cultura cederá unha aula á Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) no Pazo da Cultura para que teña unha aula permanente en Pontevedra onde poida impartir os obradoiros da Escola de Escritores que organiza habitualmente na ...

VER +

Surfing The Lérez - Pontevedra

A cita será o 17 de xuño con catorce grupos e moitas actividades infantís. Volve unha nova edición do Surfing The Lérez que se celebrará o vindeiro 17 de xuño na Illa do Covo, como en citas anteriores. Este ano terá como ...

VER +

Baiona, Unha Vila Real

Esta preciosa vila está situada nunha tranquila baía entre Monte Real e ou Monteferro. A súa boa condición como porto natural motivou que fose unha poboación moito máis importante que Vigo ata o s. XVIII, cunha notable liberdade de comercio grazas ...

VER +

Homenaxe a Carlos Casares no Liceo de Ourense

7 de xuño ás 20h no Liceo de Ourense

VER +

Comeza o ciclo Sons na Rúa coa Banda de Música de Pontevedra (Programa)

Serán sete concertos, que se celebrarán entre o 8 de xuño e 18 de agosto, unha cita esta última que se desenvolverá na recta final das Festas da Peregrina. Coa chegada do tempo de verán as prazas e rúas da cidade ...

VER +

Presentación Libro Galleguismo, Tradicionalismo y Segunda República - Pontevedra

Venres 9 de xuño, ás 19,30h na Libraría Baroja  Presentación do libro "Galleguismo, Tradicionalismo y Segunda República"  de Álvaro Rodríguez Núñez.  

VER +

Concerto Solidario Ourense

Con 10 euros podemos contribuir, desde Ourense, ao desenvolvemento de países de África occidental, concretamente de Guinea Bissau, mediante proxectos sanitarios, sociais, educativos e medioambientais, así como de axuda a colectivos e persoas marxinadas ou desfavorecidas. E precisamente esa é a ...

VER +

Premios III Maratón Fotográfico Cidade de Ourense

1º Premio - Marta Dorribo Gonzalez - 1.000€ 2º Premio - Rafael Juliana Méndez - 500€ 3º Premio - Alba Araújo Pinto - 300€ A maiores, catro accesit ás mellores fotografías de cada serie. Accesit ¨Negro¨ - María Belén Alonso ...

VER +

Nova Páxina Web do Concello de Allariz

O Concello de Allariz lanza a súa nova páxina web www.allariz.gal, centrada na administración electrónica, a actualidade e o turismo (esta última aínda en construción). O novo espazo foi deseñado co obxectivo de transmitir unha maior transparencia ademais de permitir aos ...

VER +

Mini-científicos/as amosan as súas investigacións en Pontenciencia - Pontevedra (programa)

Achegarse a ciencia e a innovación dende a escola, promover o coñecemento científico, despertar a curiosidade, visibilizar a ciencia e todo elo vinculando a Universidade aos colexios. Con estes obxectivos chega Pontenciencia, a cita dos mini-científicos/as que presentarán, após de ...

VER +

Feira do Libro de Ourense

31 de maio – 4 de xuño en Ourense

VER +

O Concello de Pontevedra arranca mañá cunha nova edición do Flop, un programa municipal que busca promover o respecto á diversidades sexual. Nesta ocasión, ademais do habitual festival de música electrónica véñense a sumar outras dúas iniciativas como é o Flop Cinema e as xornadas (Trans)formando o mundo, coa intención de abrir unha liña de traballo permanente que pretende combater a desinformación sobre o tema.

As primeiras en comezar son as xornadas (Trans)formando o mundo que pretende remexer nos preconceptos, prexuízos e na propia idea que temos e que proxectamos do mundo e dos seres que habitamos. Son actividades nos centros de ensino secundario e universitario a partir da obra narrativa xuvenil 22 segundos, a primeira en galego que toca a transexualidade infanto-xuvenil, da man da autora Eva Mejuto xunto ao mozo trans, membro da asociación Arelas, Éric Dopazo. Farán un percorrido literario musical por distintos fragmentos da obra.

22 segundos publicarase o vindeiro xuño por Xerais. Vai dirixida a mozos de ESO e Bacharelato e narra a historia de Álex, un mozo transexual que decide abrir unha canle de Youtube para compartir a súa experiencia vital, dende a máis tenra infancia, até o seu proceso de transición e reasignación de xénero. A finalidade é reflexionar co alumnado sobre as experiencias vitais dos nenos e dos mozos trans, e analizar a actual situación legal, social e médica do colectivo.

A programación das actividades é a seguinte:

• Xoves, 4 de maio, no salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación ás 09.30 horas. Dirixido a público universitario.

• 11 de maio no IES Sánchez Cantón.

• 25 de maio no CIFP Carlos Oroza

• 2 de xuño no IES Montecelo

A programación do Flop complétase con dúas citas no mes de xullo:

• Flop Cinema na praza da Pedreira do 3 ao 7 de xullo onde se proxectarán filmes como Pride, Un amor de verán ou curtametraxes documentais do ciclo Indetectables

• Flop Festival de música electrónica será o 8 de xullo no parque do Gafos con diversas propostas musicais, artísticas e gastronómicas.

Valora o Artigo / Artículo!
[Total: 0 Promedio: 0]
COMPARTE!!!

Deixa un comentario / Deja un comentario

Navegador Web

buscar_navegador