Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense – Pontevedra

os_palleiros1progrape_1

Fran Cortegoso (Imaxe: Chan da polvora)

Un ano sen Fran Cortegoso

As veces na excitada pero imperturbable fraga da lírica unha árbore cae, e como formula o enigma: se non ai ninguén preto para confirmalo, fai ruído? Francisco Cortegoso naceu en Pontevedra no agosto de 1985. Fíxose filólogo en lingua galega; escribiu ...

VER +

Programa Concertos Festas de Ourense 2017

24 de xuño - 2 de xullo ¬VER / DESCARGAR PROGRAMACIÓN CLICK AQUÍ

VER +

Unha nova unidade didáctica convida aos escolares a descubrir o Arquivo municipal - Pontevedra

O Concello editou mil exemplares da unidade didáctica co fin de achegala aos centros educativos da cidade e traballar con ela no propio arquivo onde tamén fanse visitas guiadas. A unidade foi elaborada polo persoal do Arquivo municipal e ilustrada ...

VER +

Programación de todas as Festas de Verán Pontevedra 2017

Música de bandas Xoves, 6 de xullo 21.00 h Baila a Banda. Praza do Teucro Concerto da Banda de Música de Pontevedra coa colaboración do Club de Baile Deportivo Adrián Esperón & Patricia Martínez “Baila Mos” Domingo, 9 de xullo 21.00 h ...

VER +

O Pazo cede unha aula permanente a Asociación de Escritores en Lingua Galega - Pontevedra

A Concellaría de Cultura cederá unha aula á Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) no Pazo da Cultura para que teña unha aula permanente en Pontevedra onde poida impartir os obradoiros da Escola de Escritores que organiza habitualmente na ...

VER +

Surfing The Lérez - Pontevedra

A cita será o 17 de xuño con catorce grupos e moitas actividades infantís. Volve unha nova edición do Surfing The Lérez que se celebrará o vindeiro 17 de xuño na Illa do Covo, como en citas anteriores. Este ano terá como ...

VER +

Baiona, Unha Vila Real

Esta preciosa vila está situada nunha tranquila baía entre Monte Real e ou Monteferro. A súa boa condición como porto natural motivou que fose unha poboación moito máis importante que Vigo ata o s. XVIII, cunha notable liberdade de comercio grazas ...

VER +

Homenaxe a Carlos Casares no Liceo de Ourense

7 de xuño ás 20h no Liceo de Ourense

VER +

Comeza o ciclo Sons na Rúa coa Banda de Música de Pontevedra (Programa)

Serán sete concertos, que se celebrarán entre o 8 de xuño e 18 de agosto, unha cita esta última que se desenvolverá na recta final das Festas da Peregrina. Coa chegada do tempo de verán as prazas e rúas da cidade ...

VER +

Presentación Libro Galleguismo, Tradicionalismo y Segunda República - Pontevedra

Venres 9 de xuño, ás 19,30h na Libraría Baroja  Presentación do libro "Galleguismo, Tradicionalismo y Segunda República"  de Álvaro Rodríguez Núñez.  

VER +

Concerto Solidario Ourense

Con 10 euros podemos contribuir, desde Ourense, ao desenvolvemento de países de África occidental, concretamente de Guinea Bissau, mediante proxectos sanitarios, sociais, educativos e medioambientais, así como de axuda a colectivos e persoas marxinadas ou desfavorecidas. E precisamente esa é a ...

VER +

Premios III Maratón Fotográfico Cidade de Ourense

1º Premio - Marta Dorribo Gonzalez - 1.000€ 2º Premio - Rafael Juliana Méndez - 500€ 3º Premio - Alba Araújo Pinto - 300€ A maiores, catro accesit ás mellores fotografías de cada serie. Accesit ¨Negro¨ - María Belén Alonso ...

VER +

Nova Páxina Web do Concello de Allariz

O Concello de Allariz lanza a súa nova páxina web www.allariz.gal, centrada na administración electrónica, a actualidade e o turismo (esta última aínda en construción). O novo espazo foi deseñado co obxectivo de transmitir unha maior transparencia ademais de permitir aos ...

VER +

Mini-científicos/as amosan as súas investigacións en Pontenciencia - Pontevedra (programa)

Achegarse a ciencia e a innovación dende a escola, promover o coñecemento científico, despertar a curiosidade, visibilizar a ciencia e todo elo vinculando a Universidade aos colexios. Con estes obxectivos chega Pontenciencia, a cita dos mini-científicos/as que presentarán, após de ...

VER +

Feira do Libro de Ourense

31 de maio – 4 de xuño en Ourense

VER +

A Gala do Libro 2017 acreditou que Pontevedra “é unha potencia creativa, literaria e cultural” en palabras da concelleira de Cultura, Carme Fouces, quen acompañada pola xerente do Pazo da Cultura, Pilar Portela, asistiu ao evento celebrado no Teatro Principal de Santiago.

Pontevedra fíxose notar na Gala do Libro 2017 con gañadores locais e estreitos colaboradores do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que se desta non acadou o premio na categoría na que foi finalista -Iniciativa Cultural Fomento da Lecturasi quedou representado con nivel con premiados como Ledicia Costas ou Óscar Villán autora e ilustrador do libro “As peripecias de Extravaganzza Pérez”, inspirador do Salón do Libro 2016 “Canta Bichería”.

Ledicia Costas foi premiada na categoría Literatura Infantil e Xuvenil por “Jules Verne e a vida secreta das mulleres” de Edicións Xerais de Galicia. Óscar Villán levou o premio Libro Ilustrado por “Canta connosco” de Kalandraka Editora, que tamén ten a súa sede na capital do Lérez.

Ademais o premio a Iniciativa Cultural Fomento da Lectura recaeu noutra iniciativa pontevedresa: “Vermú con libros” de Librería Paz. E o premio na categoría Narrativa foi para o pontevedrés, nado en Moraña, Xosé Monteagudo pola obra “Todo canto fomos” de Editorial Galaxia.

Houbo gañadores de Pontevedra e tamén máis finalistas. Foi o caso -ademais do Salón do Libro Infantil e Xuvenil- dos xornalistas Susana Pedreira e Ramón Rozas nominados no apartado de Xornalismo cultural; “Os lapis primos”. De José A. Ramírez Lozano, Natalie Pudalov. OQO Editora, na modalidade de Libro Ilustrado ou a peza a “A filla de Woody Allen. Pequenos actos pseudorrevolucionarios. O Furancho”. De Santiago Cortegoso Calvar. Edicións Morgante, na modalidade de Teatro.

A concelleira Carme Fouces, en nome do Concello de Pontevedra, da os parabéns aos gañadores e nominados pontevedreses e a todos e todas os/as que foron quen de chegar como finalistas a Gala do Libro Galego 2017, celebrada co obxectivo de recoñecer a excelencia do traballo literario realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2016 en Galicia.

Os galardóns nacen como froito da unión dos premios literarios da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega coa súa “Gala das Letras”, a “Noite da edición en Galicia” da Asociación Galega de Editoras e mais os “Premios Irmandade do Libro” da Federación de Librarías de Galicia.

Valora o Artigo / Artículo!
[Total: 0 Promedio: 0]
COMPARTE!!!

Deixa un comentario / Deja un comentario