Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense – Pontevedra

os_palleiros1progrape_1

Programa Concertos Festas de Ourense 2017

24 de xuño - 2 de xullo ¬VER / DESCARGAR PROGRAMACIÓN CLICK AQUÍ

VER +

Programación de todas as Festas de Verán Pontevedra 2017

Música de bandas Xoves, 6 de xullo 21.00 h Baila a Banda. Praza do Teucro Concerto da Banda de Música de Pontevedra coa colaboración do Club de Baile Deportivo Adrián Esperón & Patricia Martínez “Baila Mos” Domingo, 9 de xullo 21.00 h ...

VER +

Lourizán repasa a súa historia - Pontevedra

Na praza de Marqués de Valterra a exposición “Lourizán”, un percorrido histórico pola parroquia, que se centra en varias actividades municipais de presente e futuro, como o ARI, as últimas reformas e obras, o e o proxecto da Casa da ...

VER +

Baiona, Unha Vila Real

Esta preciosa vila está situada nunha tranquila baía entre Monte Real e ou Monteferro. A súa boa condición como porto natural motivou que fose unha poboación moito máis importante que Vigo ata o s. XVIII, cunha notable liberdade de comercio grazas ...

VER +

40 Aniversario da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia

8-11 de xuño en Silleda (Pontevedra) A maior feira de mostras e lecer do noroeste cumpre catro décadas como espazo de referencia para innumerables sectores e empresas polo seu gran valor como ferramenta comercial. E faino cunha edición na que seguirá fortalecendo ...

VER +

Inauguración escultura en pedra adicada ao boi de Allariz

Sábado 3 de xuño ás 19:30h O Paseo da Alameda incorporará, ademáis dunha nova imaxe renovada no seu acceso, un novo elemento decorativo. Este sábado 3 de xuño o Concello de Allariz inaugurará neste espazo, unha escultura en pedra adicada ao boi ...

VER +

Ponteverán-2017 (Programa)

Ponteverán-2017 está á volta “para encher o verán de actividades de lecer” en palabras do concelleiro de Xuventude, Alberto Oubiña. Campamentos e obradoiros, actividades culturais, deportivas e no medio natural e actividades formativas integran a oferta de tempo libre á ...

VER +

A muiñeira ocupará a cidade o 2 de xuño - Pontevedra (Programa)

Pontevedra celebra unha vez máis -e van 46- o Día da Muiñeira. A cita é o próximo 2 de xuño e o seu epicentro estará na avenida Montero Ríos, a partir das 20.00 horas. Media hora antes os grupos participantes ...

VER +

A música máis popular dos anos 80 e 90 animará as Festas de Ourense

A Praza Maior de Ourense viaxará no tempo para homenaxear á mellor música dos anos 80 e 90, o luns, día 26 de xuño, ás 22:30 horas. Será coa actuación de La edad de oro del pop español, a superbanda ...

VER +

A Andaina de Allariz cumpre 20 anos

A concellería de Deportes do Concello de Allariz abre o prazo de inscrición para participar nunha nova edición, e xa van 20, da Andaina de Allariz, que se celebrará o vindeiro sábado 27 de maio. A Andaina popular de Allariz, pioneira ...

VER +

O Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra cumpre 25 anos (Programa)

Cinema e música en vivo irán da man neste aniversario coa programación do ciclo Notametraxes-17, que se desenvolverá no Teatro Principal todos os mércores dende o 24 de maio ao 14 de xuño. O XXV Festival converterá á cidade no referente ...

VER +

Ecomuseo de Arxeriz mostra un mapa interactivo das igrexas románicas da Ribeira Sacra

O Ecomuseo de Arxeriz, dependente da Fundación Xosé Soto de Fión, acaba de facer público un mapa interactivo que localiza as igrexas románicas presentes na Ribeira Sacra. O plano amosa a localización destes bens, o xeito de chegar e fotografías ...

VER +

Festival de Títeres de Redondela

15 - 21 de maio A XVIII Edición do Festival de Títeres de Redondela encherá a Vila dos Viadutos de actuacións en rúas en salas. Un total de 25 compañías chegadas de Brasil, Italia, Estados Unidos, Dinamarca, Arxentina e Galicia. ¬+INFO NA ...

VER +

Notas acerca do Camiño Portugués de Santiago

O Camiño ou ruta xacobea desde Portugal, moi posiblemente xa era un feito na época alta medieval, agora ben, é a partir da independencia do territorio luso no século XII cando comeza a tonarse máis vigorosa. Estas diferentes sendas do camiño, ...

VER +

Presentacións de empresas pero tamén masterclass, encontros empresariais e actuacións para incorporar alumnos e alumnas do campus (novos talentos). Pontevedra ten un puntazo formula unha nova, máis ampla e ambiciosa programación cando cumpre un ano de vixencia.

A longo deste primeiro ano fixéronse 14 presentacións de iniciativas empresariais, participouse dun xeito activo en Culturgal’15 e Cultural’16 e baixo o seu amparo elaborouse un catálogo de empresas, houbo exposicións e mesmo creouse unha canle de comunicación interna a través da rede social Yammer.

Anabel Gulías, concelleira de Promoción Económica e da Cidade -departamento que promove a iniciativa- presentou hoxe unha nova etapa do programa Pontevedra ten un puntazo, que chega con novos proxectos, unha nova imaxe e a posta en marcha das redes sociais propias do programa co fin de converterse nun escaparate virtual dos proxectos levados a cabo polas empresas creativas, culturais e innovadoras que fan parte deste programa.

Nova estrutura

Presentación de empresas. AS CHÁCHARAS DO PUNTAZO

Obxectivo.- dar a coñecer as empresas e os proxectos desenvolvidos polos membros do programa a través de presentacións de varias delas en diferentes espazos da cidade.

Xoves, 30 de marzo. Mes de marzo-Salón do Libro

Achegar aos asistentes como se organiza un dos eventos culturais máis punteiros e con maior repercusión da cidade. Levarase a cabo unha visita guiada da man das empresas pontevedresas implicadas no desenvolvemento do Salón do Libro para que acheguen de primeira man o proceso de creación, montaxe e xestión do evento. Así mesmo, participarán diferentes colectivos que forman parte da programación do Salón do Libro.

Xoves, 27 de abril. Cervexa Nasa. Xeve Artesano. Actuación grupo local

En Cervexa Nasa realizarase unha visita guiada polas instalacións da empresa co fin de coñecer os seus produtos e a seu proxecto empresarial. Estará tamén xente da empresa local Xeve Artesano que presentará o seu novo concepto de panadería artesá.

Xoves, 25 de maio Ana Seoane. José Chás Fotografía. Producións Mutantes

A presentación estará centrada no mundo da creación tanto audiovisual como dende o punto de vista do deseño gráfico e industrial de man destas tres empresas punteiras no sector creativo local.

Xuño. Rei Zentolo

A empresa Rei Zentolo cumpre 15 anos de existencia e vai a celebralo por todo o alto con todos os compañeiros de Pontevedra ten un Puntazo e coa cidadanía. Están traballando na organización dun evento onde o deseño será o principal protagonista.

Masterclass. PUNTAZO DE TALENTO

Virán a Pontevedra profesionais de recoñecida traxectoria vencellada ao mundo da creatividade, xestión cultural e a innovación para nos guíen a través da súa experiencia e nos acheguen o seu coñecemento para a mellora da traxectoria empresarial dos membros do Puntazo.

Mércores, 29 de marzo. TONI PUIG, o gurú das cidades

Especialista en xestión cultural, foi un dos xestores do florecemento de Barcelona nas últimas décadas. Hoxe difunde o concepto de “marca cidade”, unha idea forza ao redor da que toda urbe debe convocarse e facerse visible. Máis información: www.tonipuig.es

Encontros empresariais, PUNTAZO DE ENCONTRO

Haberá dende agora ata o mes de xuño, varios encontros con empresas relevantes de Galiza e que teñen realizado fortes apostas polo deseño, a creatividade e a innovación no seu desenvolvemento empresarial. O obxectivo é que estas empresas poidan coñecer o potencial dos membros do Puntazo e que se poidan establecer alianzas empresarias de futuro.

Novos talentos do Puntazo. INCORPORACIÓN DE ALUMNOS/AS DO CAMPUS

Nesta edición 2017 tentarase que Pontevedra ten un Puntazo continúe a medrar e para iso trabállase coa Vicerreitoría do Campus de Pontevedra para incorporar aos alumnos que están a destacar en diferentes certames e convocatorias. Deste xeito, imos favorecer que os seus traballos teñan unha maior visibilidade e ademais que as empresas locais poidan coñecelos e mesmo abrirlles paso no mercado laboral, establecendo vínculos alumnado- empresa.

Valora o Artigo / Artículo!
[Total: 0 Promedio: 0]
COMPARTE!!!

Deixa un comentario / Deja un comentario

Navegador Web

buscar_navegador