Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense – Pontevedra

os_palleiros1progrape_1

E chegou o comandante e mandou parar… O pai de Fidel e Raúl Castro

Galegos polo mundo, ese parece noso sino que nos persegue secularmente. Dese ir e vir, temos descendentes por medio mundo. É o caso entre outros, de grandes figuras históricas como Simón Bolivar fundador das repúblicas da Gran Colombia e Bolivia ...

VER +

Presentación do libro Secretos de una crack - Pontevedra

O autor pontevedrés Félix Alfonsín presenta o libro Secretos de una crack publicado pola Editorial Círculo Rojo. O acto terá lugar o próximo día 21, ás 20 horas no salón de actos do Sexto. Na novela nárrase a historia dunha galega ...

VER +

O Museo recibe en doazón a biblioteca e o arquivo de José Luis Souto - Pontevedra

Os fondos bibliográficos e documentais do Museo víronse recentemente incrementados coa incorporación do arquivo e biblioteca persoais de José Luis Souto (1942-2016) que foron legados no seu testamento. O arquivo e biblioteca de José Luis Souto, composta por aproximadamente 18.000 títulos ...

VER +

Castelao. De Chumbo a Verba. Un Filme de Miguel López

Estrea 20 de maio, no Pazo da Cultura de Pontevedra. A Trama: Nun colexio de Pontevedra celébrase o día dás artes Galegas adicado á ilustre figura de Castelao. A mestra encarga un traballo que teñen que realizar os alumnos durante o fin ...

VER +

“Pasen e lean”, a proposta de Pontevedra no Día internacional do Libro

Desfrutar de lectura e do mundo ao redor do libro será o eixo central de Pasen e Lean, a nova iniciativa do Concellaría de Cultura para conmemorar o Día Internacional do Libro, que se celebrará este domingo 23 de abril. ...

VER +

Aberto o prazo para 'Re-creando', un obradoiro de arte dirixido á mocidade - Ourense

O centro de coñecemento La Molinera abre o prazo de inscrición -gratuíto- para un obradoiro dedicado á arte, Re-creando. Desenvolverase todos os venres durante os tres vindeiros meses en horario de 16:00 a 18:00 horas, e a primeira sesión será, precisamente, ...

VER +

A 22-MITEU abre o telón - Ourense

Circo, danza, concertos e... por suposto, moito teatro do 22 de abril ao 6 de maio Pablo Carbonell, Albert Plá, Clownic, Kukai danza, Vaivén, Teatro da Didascalia... son algúns dos nomes máis atraentes desta edición. Auditorio Municipal, Teatro Principal, Campus universitario e ...

VER +

Ponte a Debuxar - Pontevedra

19 de maio e 26 de maio

VER +

Obradoiros Audiovisuais Pontevedra Rodando

2-3-9-10-12-13-14 de maio O curso ofrece a alumnos de calquera idade a partir de los 12 anos a posibilidade de crear historias audiovisuais dende o inicio ata o final do proceso creativo. Durante as sesións se traballa sobre a idea, simúlanse equipos ...

VER +

Ciclo de Butaca - Pontevedra

Próximos concertos 6 e 27 de abril   ¬+INFO CLICK AQUÍ

VER +

A Semana Santa en Galicia

Aínda que en todas as poboacións de Galicia celébrase a Semana Santa, hai determinadas localidades que destacan polo valor artístico das súas imaxes, e que ademais teñen unha personalidade propia;  son actos  polo xeral,  contidos e de marcado carácter austero. Entre ...

VER +

Ciclo de curtametraxes Ficciónate

Ficciónate é unha iniciativa desenvolvida por Abella Creativa. A idea xurdiu da necesidade de crear un espazo no cal as curtametraxes tiveran cabida, alén dos certames, festivais e circuitos habituais de cinema, provistos para albergar este tipo de obras. As ...

VER +

Noelia Cacheiro: Unha ourensá de altura…

O 30 de novembro de 1987 nacía Noelia Cacheiro Quintas, en Ourense, criándose na capital da provincia pero tamén crecendo nos pobos dos seus pais, Xunqueira de Ambia e Gueral. Os seus primeiros pasos non os deu no baloncesto, deunos ...

VER +

O pianista Juan Pérez Floristán, protagonista do Enclave de Cámara do mes de abril - Ourense

Logo do Festival Pórtico do Paraíso, a música volta cun un dos concertos máis esperados da tempada o ciclo Enclave de Cámara. O concerto será o MÉRCORES ás 20:30 horas, e o programa inclúe pezas de Liszt, Chopin e Músorgski. Entradas ...

VER +

O Auditorio de Ourense presenta a programación infantil para o trimestre abril, maio e xuño

O Concello de Ourense presentou, esta mañá no salón de plenos, “a xoia da coroa de Cultura, a programación infantil do Auditorio”, segundo avanzou a súa titular, Belén Iglesias. Nos meses de abril, maio e xuño, o Auditorio ofrecerá un ...

VER +

Estamos na conta atrás para o Entroido. Hoxe a concelleira de Festas, Carme da Silva, presentou o cartaz do Entroido 2017 e a programación das festas que teñen na retranca, no que parece e non, na crítica e no humor a súa identidade. Xunto a ela estaban os autores do cartaz: Din Matamoro e Kiko da Silva.

O Entroido pontevedrés comezará o venres 24 de febreiro e cunha importante novidade: a lectura do pregón trasládase a praza da Ferrería co fin da dar cabida ao cada vez máis numeroso público que dende o minuto un súmase á festa. “A Verdura quedou pequena e incómoda” explicou a concelleira Carme da Silva.

entroido_pontevedra

O desfile do Entroido (sábado, 25 de febreiro), a presentación do loro Ravachol (luns, 27 de febreiro), o Entroido Infantil e a Noite Pirata (martes, 28 de febreiro), os concursos de Murgas e Parodias e o velorio e enterro do Ravachol (sábado, 4 de marzo) son algunhas das citas imprescindibles da festa.

Como en anos anteriores e co fin de ir creando ambiente, a cidade acollerá a fin de semana anterior, o sábado 18 de febreiro, un pasarrúas de Madamas e Galáns, de Cobres (Vilaboa) que achegará a Pontevedra un exemplo de entroido tradicional.

O debuxante Kiko da Silva e o artista e académico de Belas Artes, Din Matamoros cualificaron de “emocionante” a colaboración para a creación de cartaz onde a capacidade de ver cousas onde os máis non as ven, a imaxinación e o amor pola terra van de man. Pan, aceite -comida en definitiva- e unha homenaxe a Sargadelos conflúen nunha imaxe icónica do Entroido local e de Pontevedra: o Ravachol e A Peregrina.

PROGRAMA
SÁBADO 18 DE FEBREIRO.

Representación dos entroidos tradicionais 12.00 horas. Pasarrúas Madamas e Galáns de Cobres

VENRES 24 DE FEBREIRO

20.00 horas. Praza da Ferraría. Degustación de filloas de Entroido 21.00 horas. Praza da Ferraría. Recepción do alcalde a Urco, rei do Entroido, quen chegará a Pontevedra acompañado do seu séquito e das comparsas Os Canecos, Amoriños de Bora, Las Flores del Carnaval, Os Solfamidas e Os Paparrulos.

Lectura do pregón.

SÁBADO 25 DE FEBREIRO

11.00 horas. Pasarrúas polo centro histórico da comparsa Os Canecos. 16.00 horas. Rúa Eduardo Pondal. Concentración dos participantes no desfile para realizar a inscrición e recollida do número de participación.

17.00 horas. Desfile do Entroido. Saída dende a Rúa José Malvar e percorrendo as rúas Loureiro Crespo, Benito Corbal, Peregrina, Michelena, praza de España e rúa Alameda 20.00 horas. Praza da Ferraría. Celebración da festa do Entroido durante a que se fará entrega dos premios do concurso de disfraces en cada unha das modalidades.

LUNS 27 DE FEBREIRO

De 10.00 a 20.00 horas. III Campamento Urbano “Entroido Pirata”. Para nenas e nenos de 8 a 12 anos. Inscrición no Casino Mercantil e Industrial (praza de Curros Enríquez) teléfono: 986 851 670

17.00 horas. Praza da Verdura. Obradoiros de xogos e disfraces.

19.30 horas. Praza da Peregrina. Presentación do loro Ravachol. Recreación da botica de don Perfecto Feijoo. Actuación: Comando Foucellas.

21.00 horas. Pazo da Cultura. Primeira eliminatoria do XXVI Concurso de Murgas.

MARTES 28 DE FEBREIRO

De 10.00 a 20.00 horas. III Campamento Urbano “Entroido Pirata” Para nenas e nenos de 8 a 12 anos. Inscrición no Casino Mercantil e Industrial (praza de Curros Enríquez) teléfono: 986 851 670

16.30 horas. XXII Festa da Filloa, Concurso de Filloas. Actuación do mago Norberto.

Organiza: Radio Voz. Promove: Concello de Pontevedra Casa da Luz

17.00 horas. Praza da Ferraría. Festa Pirata de Entroido Infantil. Animación infantil con Rivel, e varios DJ.

22.00 horas. Noite Pirata. Desembarco da tripulación do Burla Negra no centro histórico. Amosa o teu lado pirata! Únete ao Pirata da Moureira!. Asociación Combrus e Troula A continuación animación de rúa coas comparsas: Os da Caña, Solfamidas, Las Flores del Carnaval, Os 100 Tolos, Os Paparrulos, Os Canecos, Amoriños de Bora, Vamos a Todo, Equipo Ja

MÉRCORES 1 DE MARZO

17.00 horas. Praza da Peregrina. Obradoiro: “As Máscaras de Ravachol”

17.00 horas. Campo da festa de Cabaleiro. Recuperación do Entroido tradicional de Campañó. A Corrida da Rosca. 18.00 horas. Centro Cultural de Campañó. Festival infantil do Entroido.

18.00 horas. Discoteca El Sarao. Baile de disfraces para persoas maiores. Orquestra A Toda Salsa.

19.00 horas. Recreación da botica de don Perfecto Feijoo. Ambientación a cargo da Aula de Teatro Municipal e persoeiros relevantes da época na cidade. Actuación do Coro Seitura, recreación do Coro Aires da Terra.

21.00 horas. Pazo da Cultura. Segunda eliminatoria do XXVI Concurso de Murgas.

XOVES 2 DE MARZO

21.00 horas. Pazo da Cultura. Final do XXVI Concurso de Murgas

VENRES 3 DE MARZO

20.00 horas. Forovoz Pontevedra. Entroido, Filloas e Fogóns. Teatro Principal

23.00 horas. Prazas e rúas da cidade. XXII Mostra da Parodia do Entroido 02.00 horas. Praza da Ferraría. Entrega de premios da XXII Mostra da Parodia do Entroido

SÁBADO 4 DE MARZO

12.00 horas. Praza da Peregrina. Recreación da botica de don Perfecto Feijoo. Actuación de Foula e Os Alegres

18.00 horas. Praza da Verdura. Comezo do velorio de Ravachol na sala mortuoria. Prégase a asistencia de loito rigoroso.

21.00 horas. Saída do cortexo fúnebre dende a praza da Verdura acompañado do seu séquito e das comparsas: Amoriños de Bora, Os Canecos, Os Paparrulos, Os Solfamidas, Las Flores del Carnaval e Vamos a Todo e Os da Caña percorrendo as rúas San Román, Ferraría, paseo Antonio Odriozola, Soportais, Manuel Quiroga, Princesa, Sabela II, Rúa Real, Sarmiento, Pasantaría e praza da Ferraría

VELADA INFAUSTA

Cabodano das honras fúnebres do fenecido Ravachol Praza da Ferraría Procederase á incineración do finado.

Na súa honra terá lugar unha sentida loa fúnebre, cun espectáculo necrolóxico.

Programa:

1º Introito coa lectura dunha elexía para o finado

2º Ilusión Compañía, fragmento da obra Emigrante

3º Celme, danza da morte

4º Saeta Val do Lérez

5º Incineración do loro Ravachol

V XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA LUGAR :

Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA) HORARIO: 18.30 a 21.00

DO LUNS 6 AO SÁBADO 11 DE MARZO

Exposición fotográfica sobre o Entroido de Galiza

Xoves, 9 de marzo

19.30 horas. Proxección do documental “Madamas e Galáns: Historia do Entroido de Cobres” Venres 10 de marzo

18.30 horas. Apertura das xornadas 18.45 horas. Conferencia Daniel Domínguez: “O Entrudio de Manzaneda: Tradicións e Persoaxes

19.30 horas. Conferencia Jorge Minas e Iván Fernández: “O Entrudio en Viana do Bolo”

20.15 horas. Conferencia de Eloi Alonso Freiría: “ A Figura do Choqueiro das Mariñas Brigantinas”

Sábado, 11 de marzo

18.30 horas. Conferencia de Queta Otero-Morales: “Historia do Carnaval de Marín”

19.15 horas. Conferencia Carolina Neira: “Satira no Entroido”

20.00 horas. Conferencia Pedro Peón: “Os Pradicacdores”

20.45 horas. Mesa redonda e coloquio final

XORNADAS GASTRONÓMICAS.

Distintos establecementos hostaleiros ofrecerán degustacións e menús típicos do Entroido.

Coa colaboración do Centro Comercial Urbano-Zona Monumental.

¬VER BASES CONCURSOS ENTROIDO

 

Valora o Artigo / Artículo!
[Total: 0 Promedio: 0]
COMPARTE!!!

Deixa un comentario / Deja un comentario