Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

A Historia da Festa do Marisco do Grove

4 Outubro, 2016

Desde 1963 celébrase, ao chegar o mes de outubro, a “Festa do Marisco” en este, municipio das Rías Baixas Galegas. Este evento gastronómico- cultural pon de relevo os alicerces básicos da economía deste pobo costeiro: o turismo e a pesca.

Ambos os conxugados fan posible que esta festa de promoción cultural siga adiante.

O obxectivo inicial desta celebración era exaltar o marisco das nosas costas e tras varias edicións do certame O Grove alcanzou o sobrenome de “Paraíso do Marisco” que aínda hoxe ten a gala e distíngueo doutros municipios.

Iniciada a década dos 80  a dimensión destes festexos chega a cotas tales que fan pensar na ampliación de número de días que durarán as seguintes edicións. Isto carrexa tamén o incremento de actividades folclóricas, culturais e formativas que viran ao redor da “Festa do Marisco” do Grove.

Durante os días en que discorre a festa ábrense casetas de venda de mariscos e peixes a prezos populares.

No marco destas festas resáltanse, dedicándolles unha xornada en particular, dous produtos estrela desta zona: o mexillón de batea e o rodaballo de acuicultura. Outros dos manxares que se poden degustar son a nécora e o camarón, ou o lagostino, ostra, vieira, ameixa, percebe, en fin todos os produtos que se extraen do mar de Arousa.

Cada ano faise un concurso de pratos condimentados con mexillón, ten lugar na Lonxa de Contratación, alí ponse de relevo a innegable presenza na nosa gastronomía deste típico produto da Ría de Arousa.

Son numerosas as actividades complementarias que levan a cabo no transcurso deste evento. Destaca o Simposium Internacional de Escultura ao aire libre que vai xa polo seu décimo oitava edición e que cada vez goza de maior fama e prestixio. As obras, que se realizan por cinco escultores chegados de distintos países, son de tema libre, pero sempre, como punto de partida atopamos o granito galego en calquera das súas variedades.

 

 

Cada ano faise un concurso de pratos condimentados con mexillón, ten lugar na Lonxa de Contratación, alí ponse de relevo a innegable presenza na nosa gastronomía deste típico produto da Ría de Arousa. 

Entre a oferta cultural é de mencionar a mostra de folclore galaico-portugués que anima estas xornadas con música e bailes típicos. Aos poucos se foron consolidando concursos relacionados coa festa, como o de pintura infantil, ou os torneos de xadrez.

O deporte tamén ten un lugar nestes días onde se dá cabida á Carreira e os xogos populares como a Chave, a Petanca, Cucañas e outros. Cursos, seminarios e conferencias de carácter científic-comercial como o Foro de Recursos Mariños e de Acuicultura das Rías Galegas é outro dos puntos fortes. Neles danse cita profesionais de varios sectores no ámbito dos recursos mariños.

É obvio que a Festa do Marisco do Grove é un dos mellores escaparates dos produtos das Rías Galegas, como o demostran os máis de 200.000 visitantes que acudiron ao Grove na pasada edición.

Podemos afirmar que se recibiron visitas de todas as provincias da península Ibérica e que mesmo chegan xentes de lugares como Alemaña, Inglaterra, Bélxica, Francia, Italia e Corea, entre outros.

Sen dúbida a gran repercusión económica que esta festa ten é de difícil cantificación debido á multitude de sectores nos que indirectamente repercute.

Podemos afirmar que se recibiron visitas de todas as provincias da península Ibérica e que mesmo chegan xentes de lugares como Alemaña, Inglaterra, Bélxica, Francia, Italia e Corea, entre outros.

 

Vídeo




Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo