Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Mel De Galicia, O Doce Das Pequenas Cousas

6 Abril, 2016



“A vida é un doce con sabor a mel”. Cada día está feito de pequeniños momentos, instantes especiais que compartes coa túa familia, cos teus amigos, cos teus seres queridos, que enriqueces co sabor do mel. 

O Mel de Galicia, un produto totalmente natural, e dos máis importantes da apicultura galega, está amparado e certificado coa denominación de Indicación Xeográfica Protexida (IXP), a cal avala que cumpre cunha serie de requisitos de calidade óptimos.

Miel de Galicia

 

Aínda que o Mel de Galicia é unha denominación única e un produto intimamente ligado ao territorio no que se obtén, é posible clasificalo segundo a súa orixe botánica, nun mel elaborado a base de milflores ou en base a saborosos tipos de mel monofloral. Como o seu nome indica, o primeiro procede das diversas flores que se atopan ao redor da colmea e non presenta unha cor específica. Sen embargo, dentro dos segundos cabe distinguir entre:
– Monofloral de castiñeiro, un mel escuro, de fortes aromas a flor e cun sabor moi intenso.
– Monofloral de eucalipto, de cor ámbar lixeiramente suave e pouco persistente.
– Monofloral de silva, de coloración escura, aromas froiteiros e de sabores fortes e doces.
– Monofloral de queiroga, de coloración escura, cuns tons vermellos, e un sabor duradeiro e lixeiramente amargo.
Todos e cada cun deles, co seu sabor especial e aroma característico, posibilitan a elaboración de diferentes pratos que garanten unha calidade culinaria única! Tamén se emprega para dar masaxes, tratamentos de pel e un sen fin de terapias de estética con sabor a doce.

Fonte: gastronomiadegalicia

 


Comparte esta Publicación!!!








Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS




Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo