Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

O Pazo do Pousadouro en Redondela e a familia Marcó del Pont

25 Outubro, 2016

Esta situado no concello pontevedrés de Redondela, na parroquia de Reboreda.

A fundación do pazo data do ano 1740, da man de Francisco Casimiro Marcó del Pont , militar galego e gobernador da Corona Española en Chile. O brasón da familia fica na entrada do pazo.

Francisco Casimiro Marcó del Pont Díaz Ángel Méndez, (nado en Vigo en 1770 e finado en Luján (Arxentina) o 19 de maio de 1819), era fillo de Buenaventura Marcó del Pont e Juana Ángel Méndez, militar galego e gobernador da Corona Española en Chile.
Foi unha das figura da Independencia de Chile pois foi o último dos Gobernadores de Chile cando foi apresado polas forzas do Exército dos Andes, lideradas por José de San Martín e Bernardo O’Higgins que entraron en Santiago despois da Batalla de Chacabuco.
O seu pai, Buenaventura Marcó del Pont Bori, (nado en Calella (Barcelona) en 1738 e finado en Vigo en setembro de 1818) , foi un comerciante catalá afincado en Vigo.

No ano 1834, após da morte do seu dono, o pazo foi posto á venda. Porén, non sería até finais de século cando o adquirise en propiedade Fermín Alfaya Milijosa, un avogado galego.

Residente en Vigo desde 1760, destacou polo seu afán emprendedor, construíndo unha instalación de salgadura para a distribución de peixe en Cataluña. A boa marcha dos seus negocios atraeu a Galicia a outros paisanos como os Buch, os Curbera, os Escofet o os Fábregas.

Nomeado pola Dioceses de Santiago Señor de Vigo, foi Rexedor Perpetuo de Vigo, Síndico Procurador Xeral, Comandante de Milicias Urbanas e Deputado do Común de Vigo. Comandante de Milicias Urbanas de Santa Catalina de Lavadores e Síndico Procurador Xeral do Convento de San Francisco. Administrador e Subdirector Xeral da Administración das Rendas da Provincia de Tui. Mordomo de Fábrica e Tesoureiro da Colexiata de Vigo. Cargador a Indias e Comerciante de Lonxa pechada e Comisario Honorario dos Reales Exércitos.

Como un dos armadores máis importantes de España, conseguiu do rei Carlos III en 1773, as primeiras concesións para facer de Vigo porto de comercio con América.

En 1779 conseguiu da Coroa licenza de corso para combater o comercio naval británico e dos seus aliados portugueses, con motivo da Guerra da Independencia dos Estados Unidos.

A fortuna das súas armas fixo numerosas presas entre os buques que transportaban mercadorías entre os portos portugueses e británicos, con artigos como sal, aceite, coiros y panos entre outros. Dedicouse a aumentar a súa fortuna construíndo numerosas fábricas de todo tipo no litoral galego, construíndo barcos, fundando a Casa de Crédito de Marcó del Pont e prestando diñeiro á Corona.

A familia Marcó del Pont empezou a financiar proxectos da Coroa con Carlos III e seguiu con Carlos IV e Manuel Godoy, Fernando VII e o seu irmán o pretendente Carlos V. As cantidades prestadas ao Estado e á Coroa entre 1788 e 1833 ascenderon a 28,5 millóns de reais e nunca se devolveron.

Como rexedor de Vigo ordenou, en 1817, a reconstrución da Concatedral de Santa María de Vigo, logo da súa destrución durante a Guerra da Independencia Española. Doou persoalmente a talla do Cristo da Vitoria á cidade.

A familia Marcó del Pont chegou a ter varias residencias: a Casa Señorial de Calella, o Pazo do Pousadouro coñecido como Granxa de Pousadouro, en Redondela, a Casa Fidalga de Vigo, o Pazo de Lourizán ou a Granxa da Serra comprado aos herdeiros de Francisco Genaro Angel, irmán da súa muller, a Casa-Palacio de Hortaleza en Madrid, coñecido más tarde como Palacio de Buenavista e o Pazo de Baión ou Granxa de Fontán, propiedade da súa filla Ana Jacoba.

No ano 1834, após da morte do seu dono, o pazo foi posto á venda. Porén, non sería até finais de século cando o adquirise en propiedade Fermín Alfaya Milijosa, un avogado galego.

O Pazo de Pousadouro foi o escenario de gravación de varios capítulos do programa da Televisión de Galicia Larpeiros.

Vídeo

 

 




Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo