Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Preséntase a Ruta da Lamprea aos dezaseis concellos implicados neste novo produto turístico galego

3 Marzo, 2016



A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, xunto aos directores de Competitividade, José Luis Maestro, e Promoción, Carmen Pita, do departamento que dirixe, reuníronse cos alcaldes e responsables municipais dos dezaseis municipios galegos implicados na Ruta da Lamprea, ao obxecto de presentarlles este novo produto turístico que comprende territorios situados nas beiras dos ríos Miño, Ulla e Tambre e que porá en valor turístico os principais recursos naturais, gastronómicos e culturais destes concellos arredor dos labores de pesca e a gastronomía deste singular peixe.

Segundo explicou Nava Castro, con esta ruta darase a coñecer o importante patrimonio que rodea a este peixe e á súa captura, “desde as artes de pesca como as pesqueiras ou as estacadas, ata os lugares de interese natural e cultural, como miradoiros, paseos, pontes ou capelas”, entre outros elementos que a compoñen.

Ruta Lamprea

A directora de Turismo de Galicia considerou que, no seu conxunto, a Ruta da Lamprea constitúe un importante produto turístico que virá a ampliar, non só a oferta turística destes concellos, senón tamén da Comunidade galega en xeral, a partir dun recurso en-dóxeno como é este peixe tan característico do curso baixo destes ríos.

Nava Castro explicou que esta nova ruta conta cun gran potencial turístico, xa que co-mo produto turístico xira arredor dos recursos naturais e gastronómicos do territorio, “precisamente as dúas principais motivacións que ten o viaxeiro para visitar Galicia”.

Así mesmo, a responsable de Turismo da Xunta destacou o poder desnacionalizado des-te novo produto e a súa importancia na diversificación da oferta do turismo de interior.

Recursos turísticos

Nesta xuntanza, a directora de Turismo de Galicia fixo un repaso polo principais recur-sos turísticos que conforman a ruta nos tres ríos, e puido escoitar as suxestións dos distintos responsables municipais que acudiron á xuntanza celebrada na sede de Turis-mo de Galicia.

Nava Castro tamén anunciou na reunión que Turismo de Galicia editará un folleto para promover este produto entre os operadores turísticos e o público xeral, así como outro material de promoción na contorna da internet.

Canto á súa territorialidade, a Ruta da lamprea implica aos concellos de Brión, Outes e Noia, no Río Tambre; Padrón, Pontecesures, Valga, Catoira, Teo e A Estrada; no Ulla; e A Guarda, Tui, Ponteareas, Salvaterra de Miño, As Neves, Arbo e Crecente, no río Miño.

O novo produto turístico inclúe tamén once itinerarios, dos que un está no río Tambre, tres no río Ulla, mentres que o río Miño conta con sete.

Ademais, nestes itinerarios están representados 47 recursos vencellados ao río e á pes-ca como pesqueiras, rodeiros, casetas de pescadores, postos apra pescar ou edifica-cións pertencentes a unha central hidroélectrica reconvertidos para novos usos.

Tamén se poden atopar na ruta praias e paseos fluviais, sendeiros, miradoiros, áreas recreativas, unha carballeira e un esteiro e un parque natural.

Polo que respecta aos recursos naturais e patrimoniais, a Ruta da Lamprea inclúe cas-tros, pontes, capelas, edificacións defensivas, conventos ou museos e centros etnográ-ficos.

Nesta ruta, o visitante tamén poderá atopar 56 restaurantes nos que degustar lamprea en distintas épocas do ano.

Fonte: Tourgalicia

 


Comparte esta Publicación!!!








Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS




Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo