Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Marín

Data: 25 de xaneiro 2016

Ten antigas orixes, tense constancia de poboados celtas son o s.500 a. de C., na zona coñecida como “Porteliña”, miradoiro natural sobre o Val de Marín e a ría. Doutra banda nesta zona hai presenza de dólmenes importantes, algún con lenda ás súas costas, como o de “Casa dos Lobos” preto de Sobreira, no que se di que no seu interior había tesouros, lenda esta moi común relativa a dólmenes e os “mouros”.

Doutra banda en Mogor tamén existen vestixios destas antigas orixes, e podémolos ver nos seus petróglifos; o máis famoso o coñecido como “pedra do Labrinto”. Os conservados nesta zona atópanse en bo estado, son dos de tipo de círculos concéntricos, que presentan similitudes con outros de Cornuelles, Islandia, Finlandia e ata Laponia.

Marín comezou crecendo nas proximidades de beira mar e do río que alí vai desembocar, o río Lameira, e ao redor deste formaranse os primeiros núcleos de poboación Ribeiro, Porto Zapal, Porto Gudín, Pousos de Area, Veiguiña e Calzada e a Banda do Río.


A principios do s.XII Dona Urraca “regalou”
 en agradecementos ao apoio e axuda na súa guerra contra dos invasores aragoneses , o Coto e Vila de Marín ao cabaleiro Diego Arias, que á súa vez o cedeu á súa morte ao Mosteiro de Oseira, a cuxa xurisdición xa pertencía Marín. Houbo posteriormente loitas pola súa titularidade entre os herdeiros e Oseira, e ata cos templarios.

Era entón Marín un fermoso emprazamentos na costa, cun areal na bahía de Praceres, pasando por Canto de Area ata chegar a Marín, coas desembocaduras dos ríos Lameira e Gudín formando unha “micro-ría” que ofrecía protección aos barcos. Este porto orixinalmente coñecido como o de “San Xiao” patrón de Marín de Arriba, foi facéndose co tempo importante en tráfico embarcacións , así foi como serviu de impulsor na economía local, aumentando a poboación da vila.

Ata o s.XX a maior parte do termo municipal de Marín pertencía á xurisdición de Cangas, exceptuando os anteriormente citados neste artigo: Porto Marín, San Xiao de Marín e Mogor. A partir da nova división territorial no s.XIX pasan a pertencer ao termo de Marín tamén; O Campo, Ardán e Santomé de Piñeiro.
O Porto de Marín é actualmente o máis importante en capturas da península ibérica, por diante ata dos de Vigo á Coruña; o seu gran calado e a facilidade para entrar nel ata con temporal, son puntos crave do seu éxito.

Outro lugar emblemático de Marín, é Escola Naval Militar, situada neste lugar desde 1943. Nela prepáranse os mariños profesionais, atracando  todos os anos o barco escola Juan Sebastián Elcano.

Nas súas proximidades están as praias de Portocelo, Mogor, Aguete… que reciben miles de visitantes no verán, polos seus areais e polas tranquilidade das augas na ría, e por suposto, que pola proximidade ás poboacións da zona e da cidade de Pontevedra.

Vídeo: Vista Aérea Marín, Pontevedra, ría e praias

 

 

 




Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo