Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Os cruceiros costeiros nas Rías Baixas captaron 1.400 pasaxeiros na primeira temporada

Data: 20 de outubro 2016

O proxecto “Cruceiros costeiros”, impulsado pola Xunta de Galicia, a través da Consellería do Mar e de Turismo de Galicia a finais do pasado ano, conseguiu captar máis de 1.400 pasaxeiros na súa primeira tempada de actividade. 

Así o comunicaron o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, e a directora de Promoción de Turismo de Galicia, Carmen Pita, na estación marítima de Baiona, onde fixeron balance deste proxecto piloto que promove circuítos turísticos de curto percorrido polas Rías Baixas en embarcacións de pequena capacidade como catamaráns ou veleiros.

No acto no que participaron tamén os representantes da Asociación Galega de Actividades Náuticas (AGAN+), participante tamén no proxecto, o presidente de Portos valorou positivamente os resultados obtidos pouco máis de medio ano despois da posta en marcha desta iniciativa. En total realizáronse 69 saídas polas 6 rutas definidas, dúas por cada unha das rías, que son, Vigo, Pontevedra e Arousa. En canto ao perfil dos visitantes, a maioría proceden de Galicia e o arco atlántico europeo, pero tamén doutros países como México e Cuba. Ademais en varias ocasións os viaxeiros repiten a experiencia destas rutas.

Segundo explicou o presidente de Portos a captación de clientes para esta actividade responde en boa medida á tarefa de promoción realizada a través de medios de comunicación, redes sociais e campañas de publicidade e tamén ao contacto directo co sector do turismo náutico. De feito, para a difusión desta iniciativa contactouse cunha decena de empresas de viaxes maioristas de ámbito nacional así como con máis de 300 axencias minoristas de toda Galicia e máis de 800 minoristas non verticais de España e Portugal. Finalmente tamén se presentou o proxecto a preto dunha trintena de asociacións sociais, culturais, veciñas e deportivas.

 

 

 

 


Comparte este Artigo!!!








Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS




Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo