Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

A cidade de Ourense gaña desde este domingo novos espazos peonís ao servizo da veciñanza na contorna do Parque de San Lázaro

12 Setembro, 2018



A cidade de Ourense gañará novos espazos peonís para a veciñanza na contorna do Parque de San Lázaro desde o domingo, 16 de setembro, coa peatonalización, con carácter definitivo, das rúas Xaquín Lorenzo e o primero tramo de Cardenal Quevedo, entre o Parque e a Avenida da Habana. Así o anunciou esta mañá o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.

A peatonalización destas dúas rúas é unha das medidas acordadas no marco do plan participativo para a mellora da mobilidade na cidade “Móvete por Ourense”, no que participaron máis de 10.000 ourensáns que achegaron propostas para mellorar a mobilidade na cidade, tanto en materia de seguridade como de accesibilidade, eficiencia e calidade ambiental.

A peatonalización farase efectiva coincidindo coa celebración da Semana Europea da Mobilidade (16 ao 22 de setembro), na que o Concello de Ourense tamén desenvolverá un programa de actividades participativas e de sensibilización que presentará e detallará polo miúdo en próximos días o concelleiro de Infraestruturas, José Araújo.

A peatonalización das rúas Xaquín Lorenzo e primeiro tramo de Cardenal Quevedo xa se realizara de xeito piloto e experimental o ano pasado no marco da Semana da Mobilidade, cun resultado que foi valorado de forma moi positiva polas personas participantes.

Novo modelo de ciudad

“A cidade necesita outro modelo, seguro para os peóns e tamén conforme ás novas tendencias e modos de vida dos cidadáns e respecto ao medio ambiente”, asegurou esta mañá o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, quen avanzou que a programación de actividades da Semana da Mobilidade será “moi atractiva e permitira avanzar camiño cara esa cidade que ten que estar preparada para esa accesibilidade e seguridade de peóns de tamén doutros modos de transporte como pode ser a bicicleta”.

Móvete por Ourense

“Móvete por Ourense” recolle as achegas de máis de 10.000 persoas que participaron nos diferentes grupos motores, obradoiros de diagnose da situación do tráfico na cidade, accesibilidade, emprego da bicicleta, ou directamente a través das entrevistas coas asociacións de veciños e de enquisas directas nos centros escolares para deseñar un modelo de cidade a longo prazo, no que o peón sexa o eixo vertebral, o cumprimento rigoroso da ordenanza de tráfico e a posta en funcionamento da 'cidade 30'.

As propostas son o resultado dunha participación que ronda o 10% da cidadanía de Ourense, e foron votadas (de 1 a 5, de menos a máis importancia) polos integrantes dos diferentes grupos motores. Así, a máis valorada foi a necesidade de “vontade e valentía” para cambiar o modelo de cidade a longo prazo. Seguíronlle, por esta orde, crear un modelo de cidade para o peón, o cumprimento rigoroso da ordenanza de tráfico -para que ninguén se sinta impune de saltarse as normas que rexen para a totalidade-, e a implementación da 'cidade 30', un modelo que busca aminorar a velocidade media do tráfico a 30 km/h en todo o núcleo urbano ao tempo que lle dá máis fluidez (reducindo semáforos, aumentando as medidas disuasorias, etc.).

Tamén foron valoradas outras propostas coma a de ampliar zonas peonís de uso restrinxido, a instrución do reparto do espazo público por usos mínimos (para beirarrúas, veladores ou mobiliario urbano), así coma o aparcamento regulado no horario de entrada e saída dos centros educativos.

 



Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo