Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Ourense seleccionada para poñer en marcha un ambicioso proxecto de turismo intelixente

19 Setembro, 2018



Ourense é a única cidade galega que porá en marcha un proxecto de turismo intelixente despois de que o Ministerio de Energía, Turismo y Agenda Digital, seleccionase o proxecto do Concello “Ourense: Capital Termal Intelixente” na última convocatoria do Plan Nacional de Territorio Inteligentes de la Agenda Digital para España. A proposta presentada polo Concello de Ourense permitirá aproveitar o potencial das novas tecnoloxías para converter a nosa cidade nun destino turístico máis atractivo e crear unha plataforma urbana que ofreza información, e integre diversos recursos e servizos públicos en beneficio dos turistas e do resto de cidadáns.

O proxecto, aprobado no marco da convocatoria do “Plan Nacional de Territorios Inteligentes de la Agenda Digital para España” conta cun orzamento de 2.908.410,93 euros, dos que o Concello asumirá o 40% e o resto correrá a cargo do Ministerio.

A través de diversos eixos de actuación baseados no uso das novas tecnoloxías esta proposta permitirá coñecer e dar resposta as necesidades dos turistas que visitan a nosa cidade; impulsar o desenvolvemento do sector turístico e facilitar o día a día dos ourensáns en cuestións coma o servizo de bicis, a ORA ou o pago de taxas municipais.

“Con este proxecto Ourense da un paso de xigante na súa aposta polo termalismo coma motor económico da nosa cidade. Imos coñecer mellor aos que nos visitan e o que lles interesa, para ofrecerlles o que demandan e que teñan unha óptima experiencia turística”, explica o alcalde Jesús Vázquez.

Neste mesmo sentido o concelleiro de Termalismo e Promoción Económica, Jorge Pumar, destaca que “o obxectivo deste programa é que a cidade e o seu entramado turístico público e privado estean preparados para recibir a un turista que está híper conectado e que ten acceso a todo tipo de información a través das redes”.

Eixos de actuación.

O programa conta con varios eixos de actuación. Destaca “Smart Termas, un proxecto piloto para converter nun “territorio intelixente” as termas de Outariz e do Muíño da Veiga. Ambas contarán con wifi e equipamentos tecnolóxicos que permitirán aos seus usuarios coñecer en tempo real a temperatura da auga, datos meteorolóxicos ou incluso a suba do caudal do río. Ademais ambas instalacións contarán con farolas para recargar móbiles.

O proxecto conta tamén coa instalación de elementos tecnolóxicos que permitan estreitar a comunicación entre os usuarios e o Concello. A través dunha app multiplataforma faranse chegar datos sobre as termas, eventos que se celebran n a cidade oi incluso información sobre ofertas das empresas privadas. Os usuarios poderán facer valoracións, solicitar servizos e facer suxestións.

Outras das propostas deste ambicioso programa consistirán na implantación dun sistema intelixente de iluminación entre as termas de A Chavasqueira e o aparcadoiro de Outariz (5 quilómetros) que suporá un aforro dun 30% da factura da luz neste entorno.

Crearase un smart parking nas termas de Outariz e do Muíño e na zona histórica da cidade, que axudará a atopar prazas libres nestes entornos.

Ourense: Capital Termal Intelixente tamén aposta pola modernización das oficinas de turismo (coa posibilidade de recarga de móbiles e videowall); a colocación de pantallas interactivas e a dotación de wifi en 50 puntos da cidade.

Ademais se porá en marcha unha tarxeta turística para facilitar o acceso a museos e descontos en materia de ocio e restaurantes, servizos dos que tamén poderán beneficiarse o resto de cidadáns.

 



Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo