Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Pontevedra presenta no Centro Galego de Barcelona a terceira edición de Etiqueta Negra

19 Setembro, 2018



O Concello de Pontevedra viaxa esta semana a Barcelona, para presentar a terceira edición de Etiqueta Negra. Gourmet Galego e Innovación Inspiradora ante diversos profesionais do sector. A concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías, será a que viaxe até a Cidade Condal, e aproveitará para promocionar o modelo de cidade e o Camiño de Santiago, así como a súa ruta espiritual, da man da Mancomunidade do Salnés.

 

A oportunidade de achegarse a Barcelona, un mercado moi interesante para Etiqueta Negra, na que a restauración galega ten moito prestixio e hai, incluso, tendas gourmet exclusivas de produtos galegos, ademais dunha gran tradición culinaria e gastronómica, levou á Concellaría de Promoción da Cidade a organizar unha xuntanza con profesionais do sector no que estarán restauradores, propietarios de establecementos gourmet, empresarios, distribuidores, bloggers… Será este mércores, 19 de setembro, no Centro Galego.

A concelleira estará acompañada por Vanesa L. Chousa, da organización da feira Etiqueta Negra; Gerardo Lagares, socio-director de Orballo e Cruz López Martínez, responsable de Comunicación de Embutidos Lalinense.

Etiqueta Negra, que se desenvolverá no Recinto Feiral de Pontevedra entre o 10 e o 12 de novembro, pretende amosar tanto a ampla variedade de alimentos e bebidas de alta calidade que se están facendo en Galicia, como os procesos de innovación de novos produtos, sabores e envases.

Dado que pretende converterse nun dos eventos gastronómicos máis destacados do país, Etiqueta Negra reunirá nun mesmo espazo a profesionais do sector, produtores e consumidores co fin de coñecer as tendencias de mercado, identificar novas liñas de negocio e difundir a excelencia dos produtos gourmet e delicatessen galegos. Será o mellor escaparate para presentar o gran potencial deste mercado, onde a combinación de innovación e comercialización especializada progresa día a día.

A Feira contará con máis de 70 produtores galegos e con chefs de renome que triunfan na alta restauración, como Pepe Solla, Lucía Freitas e Iñaki Bretal.

+INFO CLICK AQUÍ

 



Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo