Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense – Pontevedra

os_palleiros1progrape_1

Fran Cortegoso (Imaxe: Chan da polvora)

Un ano sen Fran Cortegoso

As veces na excitada pero imperturbable fraga da lírica unha árbore cae, e como formula o enigma: se non ai ninguén preto para confirmalo, fai ruído? Francisco Cortegoso naceu en Pontevedra no agosto de 1985. Fíxose filólogo en lingua galega; escribiu ...

VER +

- GALLEGO REI, M.: A beira da Santiña, edita Mario Gallego Rei, Pontevedra, 2016.
- Hemeroteca.

O Milagre das Uvas e do Millo

O Burgo, verdadeiro territorio de carácter e circunstancias propias, é a Triana da nosa Pontevedra. Nunca alleo ao discurso e ao devir da cidade, ofrécenos unha historia e, ao fin, un legado que convén non desprotexer. O crecemento urbano nunca ...

VER +

Sinsabores dunha Pedra Importante: O Miliario de Adriano

Por miliario entendemos unha columna pétrea de gran peso e  tamaño que funcionaba a xeito de marco quilométrico nas antigas vías romanas. E frecuente que leven inscricións onde se especifica a vía na que se atopaba, así como a distancia ...

VER +

Boa Semana!

Desde a Rúa do Paseo de Ourense...Boa semana! Autora:  

VER +

Boa Semana!

En Santa Mariña  de Augas Santas (Allariz - Ourense) Autora:    

VER +

Haiche moito yeyé: A Movida Galega, Madrid escríbese con ‘V’ de Vigo

Ninguén que teña una certa idade – tampouco tan maiores eh! – poderá esquecer que pensabamos que entón eran “malos tiempos para la lírica” (ilusos que eramos, xa os quixésemos agora), e despregabamos o noso humor negro galego con aquilo de “y ...

VER +

Feliz día do Traballo

1 de Maio. Feliz día do Traballador

VER +

Ser galego non é fácil

Paul Theroux  escribía no seu libro The Pillars Of Hercules (1995 -  As Columnas de Hércules) ..." tiña todas as características dos galegos, que son, sobre todo, inexplicables e enigmáticos". Si, ser galego non é fácil... Somos un pobo con moitos ...

VER +

Los hombres rana de Potter que recuperaron los cadáveres

El naufragio del Ave del Mar

(O autor escribe en español, respéctase o idioma de orixe) Las islas Cíes, el paraíso natural tan cerca de nosotros, lugar de leyendas y testigo de numerosos naufragios se hacía eco de un triste suceso ocurrido hace 60 años, que llenó ...

VER +

A Xunqueira da Gándara do Alba: Un paraíso natural na cidade de Pontevedra

Dende 2012 a cidade de Pontevedra posúe un ENIL, ou o que é o mesmo: un Espazo Natural de Interese Local. Trátase de case 70 hectáreas –das cales 48 pertencen á xunqueira propiamente dita– conformando un dos máis fermosos paraxes ...

VER +

AQUIS QUERQUENNIS : A Mansión Varia

Nela podemos ver un monólito no que están gravados o número de millas existentes entre Braga e Astorga, e mostra así as mansións da vía coas súas correspondentes distancias intermansionarias. Os restos deste establecemento hostaleiro foi erixido seguramente en dous momentos ...

VER +

Boa semana!

Desde Celanova e con Don Celso Emilio Ferreiro Autora:

VER +

Imaxe do día

Bo dia desde Santa Mariña de Augas Santas Autora:  

VER +

Imaxe do día

Desde unha xanela calquera ... Bo día! Autora:  

VER +

Imaxe do día

Bo día desde calquera río galego!!! Autora:    

VER +

As veces na excitada pero imperturbable fraga da lírica unha árbore cae, e como formula o enigma: se non ai ninguén preto para confirmalo, fai ruído?

Francisco Cortegoso naceu en Pontevedra no agosto de 1985. Fíxose filólogo en lingua galega; escribiu poesía e con trinta e un anos morrería, moi cedo. Foi un cinco de outubro de 2016, data no que o seu libro de poemas titulado Suicidas chegaba ás librerías, cando este mozo deixaba unha obra intensa e breve como o ronsel da lumarada que xurde na boca dun dragón.

Fran Cortegoso (Imaxe: Chan da polvora)

Como autor, Fran dirixe os seus pasos cara unha reflexión xurdida da mestura entre a necesidade da expresión, a lectura meditada e o máis inefable impulso da lírica orixinal. O destemido carácter da xuventude fai das súas composicións atrevidas composicións que logran adquirir o ton profesional que require o esforzo de ser vate. Un autor que consegue ser novo mediante o traballo, debedor de autores e da formación adquirida, e que o leva a ser unha voz autorizada no mundo da poesía galega. Porque se ben este mundo lírico cada vez atópase máis poboado –e ben vido sexa– resulta máis complicado toparse con traballos xurdidos non só da imprescindible experiencia persoal, senón tamén da disciplina e o tempo que formar un poema require. Porque si se pode chegar a crear un poema de calidade nun pequeno tempo, case nun impulso, tamén se precisa da intuición, da práctica, do compoñer e modelar, e claro está do talento. Todo iso Fran posúeo.

Comezou a súa andaina literaria publicando en revistas; un primeiro título chega con Ningún Home dentro da revista Galicia Hoxe; trátase dun conxunto de poemas onde se albisca ao autor que conforma a Cortegoso: versos curtos cunha expresión fonda non sempre fácil de comprender. Titula tres dos poemas co nome de Derrida, sendo a referencia a outros autores influentes outra das características da súa obra. En 2014 Espiral Maior edítalle o libro Memorial e Danza polo que obtivo o premio Pérez Parallé. O seu derradeiro poemario foi o citado Suicidas, editado por Chan da polvora en 2016. Este libro audaz de intención e estilo rochoso amósanos a un Fran que busca a súa linguaxe e danos profesionalmente as súas posibilidades como autor. Escríbeo entre os vinte e vintecinco anos de idade, dálle forma e lánzao ao lector; resultaría ser un epílogo irónico da propia vida do autor onde os nomes de diferentes poetas e figuras literarias percorren as liñas versificadas que Fran nos ofrece; poetas suicidas e reflexións pesadas pola violencia. De novo as composicións breves con expresión curta e profunda; na súa forma orixinal de compoñer Fran Cortegoso móstrase como un autor serio e de certa solemnidade.

A súa obra tamén se pode atopar en obras colectivas e diferentes publicacións. Un poemario titulado Carta ao poeta español permanece inédito apesares de que algunha composición xa fora publicada na revista Grial. Cómpre reunir a súa obra e editala con estudos por parte dos expertos e sobre todo cómpre dar a coñecelo ao profano e ao poeta aficionado, que poida admirar a froita madura dunha árbore nova. Porque Fran Cortegoso é unha árbore caída da fraga da lírica que fai un ruído afastado e constante no seu caer. O malfadado poeta pontevedrés entra na nómina doutros xoves autores de indubidable talento e influencia –aí temos ao noso Amado Carballo– aos que a morte invita pronto a súa mesa, tal vez para gustar da súa conversa.

Un dos grandes: Gerardo Diego é autor dun belido poema titulado «En mitad de un verso» que me fai recordar a Fran ao que nunca cheguei a coñecer en persoa pero ao que admiro xa como un autor perenne.

EN MITAD DE UN VERSO

Murió en mitad de un verso,
cantándole, floreciéndole,
y quedó el verso abierto, disponible
para la eternidad,
mecido por la brisa,
la brisa que jamás concluye,
verso sin terminar, poeta eterno.

Quién se muriera así
al aire de una silaba.

Y al conocer esa muerte de poeta,
recordé otra de mis oraciones
«Quiero vivir, morir, siempre cantando
y no quiero saber por qué ni cuándo.»
Sí, en el seno del verso,
que le concluya y me concluya Dios.

                           (De Cementerio civil)

 

Para saber máis:
– CORTEGOSO. FRAN (2013[2008]). “Ningún home”. Galicia Hoxe. “Revista das Letras”:
739 (2 de outubro), 1-8. Reedición en poesiagalega.org. Arquivo
de poéticas contemporáneas na cultura.
<http://www.poesiagalega.org/arquivo/ficha/f/2595
– CORTEGOSO, F.: Memorial e danza, Espiral Maior, 2013.
– CORTEGOSO, F.: Suicidas, Chan da polvora 2016.
https://es.wikipedia.org/wiki/Francisco_Cortegoso
https://gl.wikipedia.org/wiki/Fran_Cortegoso

 

Autor:

mateo_pub
Mateo Fontán Couto. Historia, Arqueoloxía, Natureza / Historia, Arqueología, Naturaleza

face_icono

 

Valora o Artigo / Artículo!
[Total: 0 Promedio: 0]
COMPARTE!!!

Deixa un comentario / Deja un comentario

buscar_navegador

 

 

Navegador da Web