Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense – Pontevedra

os_palleiros1progrape_1

Xornadas dos Oficios do Coiro - Allariz

 3- 7 de maio. Xornadas dos Oficios do Coiro - Allariz (Ourense) ¬VER / DESCARGAR PROGRAMA

VER +

Máis dun cento de vídeos na recta final de Youtubeir@s

Este venres 28 de abril é o último día para participar na primeira edición de Youtubeir@s -Concurso de vídeos na Rede. Esta iniciativa pretende fomentar a videocreación en galego na segunda rede social máis empregada do mundo, Youtube, a través ...

VER +

“O poder do Arcabuz” de Quique Peón, Ciclo Summum - Pontevedra

Quique Peón Cía presenta en Pontevedra o espectáculo ‘O Poder do Arcabuz’, un musical que recrea a Revolución Irmandiña que tivo lugar en Galicia na Baixa Idade Media. Trátase dun espectáculo que combina música e danza (tradicional e contemporánea) en ...

VER +

“Noite de cine na rúa” - Ourense

26 abril - 13, 20, 27 de maio - 10 de xuño O Concello de Ourense iniciará este sábado unha nova proposta de lecer para as fines de semana: “Noite de cine na rúa”, un ciclo de 4 proxeccións dunha escolma ...

VER +

A Real Filharmonía de Galicia e o Coro Xove da Orquestra Sinfónica no día das Letras Galegas - Ourense

O Día das Letras 2017 réndelle homenaxe a un fillo predilecto da cidade, Carlos Casares Mouriño, e desde o Concello de Ourense perfílase unha programación de altura con motivo desta celebración, achegando esforzos con entidades e institucións para dotar 2017 ...

VER +

Maratón Fotográfico Pontevedra

Pontevedra volve a súa cita coa fotografía da man do Maratón Fotográfico, que celebrará o sábado 13 de maio a súa terceira edición, baixo o título “Saca a Lingua”. Os participantes terán que fotografar tres temáticas que se desvelarán o ...

VER +

Artistas na rúa - Pontevedra

O evento desenvolverase o próximo sábado 29 de na Praza da Ferraría, en horario de 16.30h a 20.30 horas. O evento pontevedrés Artistas na rúa, cree no proceso e no resultado da Naturalización das Artes, rompendo cos mitos establecidos e acurtando ...

VER +

XII Encontro de Palilleiras - Pontevedra

O Recinto feiral da Xunqueira acollerá o próximo domingo, 30 de abril, o XII Encontro de Palilleiras Cidade de Pontevedra. “Un clásico xa”, en palabras do alcalde Miguel Fernández Lores, quen recibiu hoxe ás representantes da asociación A Fieitiña, organizadora ...

VER +

E chegou o comandante e mandou parar… O pai de Fidel e Raúl Castro

Galegos polo mundo, ese parece noso sino que nos persegue secularmente. Dese ir e vir, temos descendentes por medio mundo. É o caso entre outros, de grandes figuras históricas como Simón Bolivar fundador das repúblicas da Gran Colombia e Bolivia ...

VER +

Presentación do libro Secretos de una crack - Pontevedra

O autor pontevedrés Félix Alfonsín presenta o libro Secretos de una crack publicado pola Editorial Círculo Rojo. O acto terá lugar o próximo día 21, ás 20 horas no salón de actos do Sexto. Na novela nárrase a historia dunha galega ...

VER +

O Museo recibe en doazón a biblioteca e o arquivo de José Luis Souto - Pontevedra

Os fondos bibliográficos e documentais do Museo víronse recentemente incrementados coa incorporación do arquivo e biblioteca persoais de José Luis Souto (1942-2016) que foron legados no seu testamento. O arquivo e biblioteca de José Luis Souto, composta por aproximadamente 18.000 títulos ...

VER +

Castelao. De Chumbo a Verba. Un Filme de Miguel López

Estrea 20 de maio, no Pazo da Cultura de Pontevedra. A Trama: Nun colexio de Pontevedra celébrase o día dás artes Galegas adicado á ilustre figura de Castelao. A mestra encarga un traballo que teñen que realizar os alumnos durante o fin ...

VER +

“Pasen e lean”, a proposta de Pontevedra no Día internacional do Libro

Desfrutar de lectura e do mundo ao redor do libro será o eixo central de Pasen e Lean, a nova iniciativa do Concellaría de Cultura para conmemorar o Día Internacional do Libro, que se celebrará este domingo 23 de abril. ...

VER +

Aberto o prazo para 'Re-creando', un obradoiro de arte dirixido á mocidade - Ourense

O centro de coñecemento La Molinera abre o prazo de inscrición -gratuíto- para un obradoiro dedicado á arte, Re-creando. Desenvolverase todos os venres durante os tres vindeiros meses en horario de 16:00 a 18:00 horas, e a primeira sesión será, precisamente, ...

VER +

A 22-MITEU abre o telón - Ourense

Circo, danza, concertos e... por suposto, moito teatro do 22 de abril ao 6 de maio Pablo Carbonell, Albert Plá, Clownic, Kukai danza, Vaivén, Teatro da Didascalia... son algúns dos nomes máis atraentes desta edición. Auditorio Municipal, Teatro Principal, Campus universitario e ...

VER +

Se nos deixamos levar polo título deste artigo, case poderíamos crer, un pouco irreverentemente,  que se tratase da cabeceira dun capítulo da coñecida serie televisiva “La que se avecina”. 

Evidentemente non é o caso, pero si que se conxugan varias historias. Por unha banda temos a un home Santo que é Torcuato, doutra banda a un guerreiro,  Oduario un caudillo de Alfonso O Grande; e como nexo de unión a Igrexa máis antiga de Galicia Santa Comba.

O primeiro situámonos no lugar, e  temos que dicir que a igrexa de Santa Comba, Santa Columba ou San Torcuato de Bande é un monumento repetidamente citado e enxalzado por numerosos arqueólogos españois contemporáneos. A súa historia arrinca da localidade, mansión militar, mansión de hospedaxe,  e balneario romanos. (Aquis Querquennis). Ao final do artigo estendémonos máis sobre ela.

Continuamos explicando a importancia do santo. 

Segundo a tradición hispánica, que recollen os calendarios mozárabes, sete discípulos do Apóstolo Santiago (os nomes dos santos, sen ánimo de ser irrespetuosos, son como aqueles de a lista dos Reis Godos… cada cal máis orixinal): Torcuato en Acci (Guadix), Indalecio en Urci (Almería), Segundo en Abula (Abla), Tesifonte en Bergi (Berja), Cecilio en Iliberri (Elvira-Granada), Eufrasio en Iliturgi (Andújar) e, finalmente, Hesichio en Carteia (Cazorla), foron enviados por San Pedro e San Pablo a evanxelizar España.

O caso é que por motivo das invasións musulmás que arrasaban por entón o sur e o levante da península, para a súa protección, decidiron traer os restos de San Torcuato a Galicia, en concreto a Ourense, a Santa Comba de Baños, de Bande. Comentar xa que falamos destes traslados, que o seu “compañeiro” de evanxelización  San Eufrasio, descansa eternamente en Santa María de Mao, na diocese de Lugo. É dicir, que deste sete homes apostólicos, dous deles repousan en Galicia.

Pero os restos de San Torcuato sufriron ao longo da historia unha andaina máis atarefada.  No século X foron trasladados a Celanova polo fundador do mosteiro San Rosendo de Dumio. No século XVI as reliquias foron repartidas entre Ourense, Guadix, Compostela, o Mosteiro del Escorial, o colexio das  Xesuítas de Guadix e tamén Granada. En Ourense, en Celanova, repousan xunto ao corpo de San Rudesindo (San Rosendo).

Nesa etapa, antes de comezar os traslados desde Santa Comba, produciuse un peculiar preito entre dous membros da Igrexa da época:

Oduario, o gran caudillo de Alfonso O Grande (1), ao repoblar as terras do río  Limia, deu Santa Comba ao seu primo Odonio, diácono. Pouco despois a igrexa convertíase en núcleo dun mosteiro dúplice, que adquiriu gran veneración por depositarse nela o corpo de San Torcuato, Bispo de Acci (Guadix).

Odonio tivo un fillo, de nome Bernardo, que, a principios do século X, era paxe do Bispo de Santiago, Gundesindo. Herdando do seu pai o mosteiro e Igrexa de Santa Comba, e estas posesións eran ambicionadas polo prelado de Compostela.

Nestas estamos, cando Bernardo cae enfermo, e en contra da súa vontade, o bispo faise coa escritura de posesión  á forza, establecéndose alí unha comunidade de cóengos e monxes.

Pero Bernardo co tempo mellorou e sanó, e quixo entón recobrar as súas posesións, elevando a súa protesta ao Concilio do Rei Don Ordoño, no ano 922 na cidade de Lugo. Na súa defensa contaba co avogado D. Gutier Menéndez, que argumentou que o que lle ocorreu a Bernardo fora un roubo; e foi así como o Concilio deu orde de que o bispo compostelán tiña que abandonar Santa Comba con toda a súa comunidade, restituíndo a posesión a Bernardo.

Acerca da Igrexa de Santa Comba de Baños,  de Bande:

Existen preto desta igrexa xacementos romanos, que se cren que poden estar remotamente relacionados con esta construción.

Diversos investigadores estudárona sen chegar a porse de acordo, tanto á hora de determinar a súa estrutura orixinaria, como nas fases de construción.

É moi posible que anterior a esta basílica levantásese anteriormente un templo Paleocristiano; esta teoría baséase nos indicios dos restos marmóreos da edificación que podemos visitar actualmente.

A edificación sería da época visigótica e sufrirá remodelacións importantes na época mozarabe, conta ademais cos engadidos estruturais e pictóricos detalles no século XVI.

A destacar tamén no  interior elementos tales como:

-Un Miliario romano coa milla LI da Via Nova e unha Ara dedicada a Júpiter por Quinto Maenio Asiático; ademais dos restos dun relevo romano Bifronte, labrado maxistralmente en granito desa zona.

-A Taula ou mesa de altar paleocristiana de mármore, as dúas columnas que soportan o arco de ferradura que se abre ao prebisterio e o sarcófago (tamén de mármore), que se coñece como a tumba de San Torcuato, que se cre que foi traído desde Italia e sen labrar, e que seguramente é o lugar de enterramento dun personake importante da época, e posiblemente moi relacionado coa fundación inicial da Basílica. Todos estes elementos están datados na mesma época.

– O Ronsel Funerario romano en granito, dunha muller, un pouco escondida no terreo, nunha das paredes laterais da fachada.


¬Para saber máis CLIK AQUÍ

(1) Alfonso III alcumado o Grande, nacido no 848 e falecido en Zamora o 20 de decembro de 910, foi un nobre medieval, fillo do rei Ordoño I. Reinou entre os anos 866 e 910 sendo o último rei da Galicia altomedieval (Regi Gallaeciarum)

Valora o Artigo / Artículo!
[Total: 0 Promedio: 0]
COMPARTE!!!

Deixa un comentario / Deja un comentario