Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense – Pontevedra

os_palleiros1progrape_1

Fran Cortegoso (Imaxe: Chan da polvora)

Un ano sen Fran Cortegoso

As veces na excitada pero imperturbable fraga da lírica unha árbore cae, e como formula o enigma: se non ai ninguén preto para confirmalo, fai ruído? Francisco Cortegoso naceu en Pontevedra no agosto de 1985. Fíxose filólogo en lingua galega; escribiu ...

VER +

Programa Concertos Festas de Ourense 2017

24 de xuño - 2 de xullo ¬VER / DESCARGAR PROGRAMACIÓN CLICK AQUÍ

VER +

Unha nova unidade didáctica convida aos escolares a descubrir o Arquivo municipal - Pontevedra

O Concello editou mil exemplares da unidade didáctica co fin de achegala aos centros educativos da cidade e traballar con ela no propio arquivo onde tamén fanse visitas guiadas. A unidade foi elaborada polo persoal do Arquivo municipal e ilustrada ...

VER +

Programación de todas as Festas de Verán Pontevedra 2017

Música de bandas Xoves, 6 de xullo 21.00 h Baila a Banda. Praza do Teucro Concerto da Banda de Música de Pontevedra coa colaboración do Club de Baile Deportivo Adrián Esperón & Patricia Martínez “Baila Mos” Domingo, 9 de xullo 21.00 h ...

VER +

O Pazo cede unha aula permanente a Asociación de Escritores en Lingua Galega - Pontevedra

A Concellaría de Cultura cederá unha aula á Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) no Pazo da Cultura para que teña unha aula permanente en Pontevedra onde poida impartir os obradoiros da Escola de Escritores que organiza habitualmente na ...

VER +

Surfing The Lérez - Pontevedra

A cita será o 17 de xuño con catorce grupos e moitas actividades infantís. Volve unha nova edición do Surfing The Lérez que se celebrará o vindeiro 17 de xuño na Illa do Covo, como en citas anteriores. Este ano terá como ...

VER +

Baiona, Unha Vila Real

Esta preciosa vila está situada nunha tranquila baía entre Monte Real e ou Monteferro. A súa boa condición como porto natural motivou que fose unha poboación moito máis importante que Vigo ata o s. XVIII, cunha notable liberdade de comercio grazas ...

VER +

Homenaxe a Carlos Casares no Liceo de Ourense

7 de xuño ás 20h no Liceo de Ourense

VER +

Comeza o ciclo Sons na Rúa coa Banda de Música de Pontevedra (Programa)

Serán sete concertos, que se celebrarán entre o 8 de xuño e 18 de agosto, unha cita esta última que se desenvolverá na recta final das Festas da Peregrina. Coa chegada do tempo de verán as prazas e rúas da cidade ...

VER +

Presentación Libro Galleguismo, Tradicionalismo y Segunda República - Pontevedra

Venres 9 de xuño, ás 19,30h na Libraría Baroja  Presentación do libro "Galleguismo, Tradicionalismo y Segunda República"  de Álvaro Rodríguez Núñez.  

VER +

Concerto Solidario Ourense

Con 10 euros podemos contribuir, desde Ourense, ao desenvolvemento de países de África occidental, concretamente de Guinea Bissau, mediante proxectos sanitarios, sociais, educativos e medioambientais, así como de axuda a colectivos e persoas marxinadas ou desfavorecidas. E precisamente esa é a ...

VER +

Premios III Maratón Fotográfico Cidade de Ourense

1º Premio - Marta Dorribo Gonzalez - 1.000€ 2º Premio - Rafael Juliana Méndez - 500€ 3º Premio - Alba Araújo Pinto - 300€ A maiores, catro accesit ás mellores fotografías de cada serie. Accesit ¨Negro¨ - María Belén Alonso ...

VER +

Nova Páxina Web do Concello de Allariz

O Concello de Allariz lanza a súa nova páxina web www.allariz.gal, centrada na administración electrónica, a actualidade e o turismo (esta última aínda en construción). O novo espazo foi deseñado co obxectivo de transmitir unha maior transparencia ademais de permitir aos ...

VER +

Mini-científicos/as amosan as súas investigacións en Pontenciencia - Pontevedra (programa)

Achegarse a ciencia e a innovación dende a escola, promover o coñecemento científico, despertar a curiosidade, visibilizar a ciencia e todo elo vinculando a Universidade aos colexios. Con estes obxectivos chega Pontenciencia, a cita dos mini-científicos/as que presentarán, após de ...

VER +

Feira do Libro de Ourense

31 de maio – 4 de xuño en Ourense

VER +

Día: Sábado, 27 de maio
Hora: 18:00 horas
Lugar: Exteriores do Centro Cultural “Marcos Valcárcel”

O Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense empregará unha apisonadora para crear un gravado de grandes dimensións co que a institución provincial renderá homenaxe ao escritor Carlos Casares, nunha actividade onde se vencella a parte artística coa propia de obra pública tan común nas deputacións.

Os artistas Fonso Castro, Isabel Somoza, Xabier de Sousa e Xosé Poldras coordinan esta iniciativa de homenaxe ao mundo literario de Carlos Casares coa estampación dun gravado abstracto onde a creación de varias texturas de diferente natureza evocan momentos distintos dos riquísimos textos de Ilustrísima, Os mortos daquel Verán, Vento ferido e O sol daquel Verán, principalmente. A pesar  do carácter abstacto da imaxe, poderemos ver un guiño ao ex libris persoal do escritor.

Este gravado vai ser estampado na rúa (a carón do centro cultural)  para que o público poida apreciar parte do proceso de creación dunha obra gráfica, e dicimos parte porque a matriz a estampar chegará feita previamente, o mesmo que o papel que recibirá a imaxe. Este papel especial e artesanal tamén foi feito polos artistas expresamente para o proxecto.
Despois da estampación o público poderá facer o seu propio gravado orientado polos artistas nas cuestións técnicas polo que non é preciso ter coñecementos específicos. Haberá dúas pranchas dispoñibles para realizar en grupo e todos os materiais necesarios.
En troques de usar un tórculo para a estampación da imaxe como é o hortodoxo nos talleres dos gravadores, desta vez as imaxes dos artistas e do público serán transferidas ao papel usando unha apisonadora, o que engadirá ao acto un certo carácter de performance polo que ten a máquina de posta en escea e pola participación do público na creación do resultado final.
O Centro Cultural Marcos Valcárcel tenta achegar así á cidadanía a visión interior do traballo dos artistas, abre o labor destes á colaboración directa cos cidadáns e visibiliza nunha obra que perdurará no tempo a homenaxe ao escritor a quen este ano se lle dedicou o Día das Letras Galegas.

Valora o Artigo / Artículo!
[Total: 0 Promedio: 0]
COMPARTE!!!

Deixa un comentario / Deja un comentario