Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense – Pontevedra

os_palleiros1progrape_1

Foto de Carmen Franco Polo, de cativa, ante o Pazo de Meirás.

As V Xornadas da Memoria analizan a riqueza amasada polos Franco, 80 anos despois - Pontevedra

As consecuencias na actualidade da represión económica exercida polo franquismo centran a conferencia inaugural das xornadas da memoria de Pontevedra ‘Sobre vivencias: As consecuencias do golpe de Estado do 36, hoxe’, que terá lugar o martes 28 de marzo ás ...

VER +

Visitando A Chave do Reino de Galicia: Allariz

Allariz é unha xoia medieval engastada nun remanso do río Arnoia que soubo conservar con moito éxito todo o legado do que é depositaria. A vila estivo unida ao poder real desde o seu nacemento, pois lle debe xa o ...

VER +

Pontevedra e Cotobade homenaxean a Ricardo Portela no 25 aniversario do seu pasamento

Pontevedra homenaxeará ao gaiteiro Ricardo Portela con motivo do 25 aniversario do seu pasamento. Será cun acto dobre: pola mañá no Concello de Cotobade e pola tarde en Pontevedra, as localidades de nacemento e de residencia do gaiteiro falecido. Na ...

VER +

Os bretones da Galicia: A Diocese de Britonia

A diocese de Bretoña, debeu ser fundada por bretóns insulares, os primitivos bretóns ou britanos, como habitantes da illa de Bretaña, a actual Gran Bretaña. Compelidos polas invasións anglosaxoas, grupos xermanos que desembarcan na Gran Bretaña, comunidades bretoas abandonan a ...

VER +

Homenaxe a Fernando Viéitez: Todo Ben, Fernando

Homenaxe de Luis Bará a  Fernando Viéitez, histórico do movemento veciñal pontevedréss, falecido nestes días. Por aquí todo ben, Fernando. Como ti querías. Deixaches a casa do sur arrombada, limpa, xeitosa, arranxada para que a xente toda faga uso dela. Con sitio abondo ...

VER +

Crónica do debut da Coral Polifónica de Pontevedra en 1926

De todal-as realizacións d’arte conseguidas na nosa Terra n-iste tempo, no que se nos pode por menos de reconocer que’a xente bule e traballa, pode que ninguna teña a considerábele importancia que tuvo a presentación ó púbrico do Coro Polifónico ...

VER +

El Apóstol Santiago y el Hereje Prisciliano…

(O autor escribe en español, respéctase o idioma de orixe) Dicen algunos estudiosos que Santiago nunca pisó España o que lo hizo con poco éxito y que volvió a Palestina, donde está probado que murió decapitado por mandato de Herodes. Lo ...

VER +

V Xornadas da Memoria - Pontevedra

Analizar ata onde chega a presenza do franquismo na sociedade actual é o obxectivo da quinta edición das Xornadas da Memoria do Concello de Pontevedra que terán lugar na Casa da Luz durante os días 28, 31 de marzo e ...

VER +

As familias da Pontevedra obreira homenaxeadas o 30 de novembro serán agasalladas cunha grabación do acto

As familias da Pontevedra sindicalista, obreira e agrarista e as súas vítimas silenciadas que foron homenaxeadas no Teatro Principal o pasado 30 de novembro recibirán do Concello de Pontevedra unha copia do vídeo grabado na homenaxe que tivo lugar no ...

VER +

O Batallón Literario: Os estudantes da Universidade de Santiago na Guerra da Independencia

No contexto da Guerra da Independencia Española (1808-1814), rexurdiu este movemento na Universidade de Santiago de Compostela  – xa se constituíu previamente en 1663, ante os ataques portugueses á vila de Monterrei, tras a sublevación de Portugal contra España en ...

VER +

Un paseo polo Museo de Pontevedra

(O texto está escrito en español, respéctase o idioma de orixe) Contiene en sus fondos una importantísima colección de más de 16.000 piezas entre dibujos, pinturas, grabados, objetos arqueológicos, joyas, instrumentos musicales... y todo ello hace que sea considerado unos de ...

VER +

Los hombres rana de Potter que recuperaron los cadáveres

El naufragio del Ave del Mar

(O autor escribe en español, respéctase o idioma de orixe) Las islas Cíes, el paraíso natural tan cerca de nosotros, lugar de leyendas y testigo de numerosos naufragios se hacía eco de un triste suceso ocurrido hace 60 años, que llenó ...

VER +

Un paseo pola Historia de Pontevedra e a súa comarca

Non  é fácil atopar territorios que garden tantos rastros de prehistoria como podemos achar en toda a provincia de Pontevedra, que abarcan desde o Neololítico ao Megalítico, pasando pola etapa castrexa e o dominio romano. Igualmente poderiamos falar da abundancia ...

VER +

A Casa do Celta de Vigo: O Estadio de Balaídos

Situado na cidade de Vigo. É o estadio no que xoga como local o Real Club Celta de Vigo, equipo da Primeira división española. O topónimo do lugar deriva de Abeladíos, facendo referencia a un lugar onde abondan as abeleiras (arbusto) . ...

VER +

E ao final do camiño atopámonos con Diego Xelmirez en Compostela

Primeiro arcebispo de Santiago.  O seu nacemento no 1068 non se sabe moi ben se foi en Santiago de Compostela ou Catoira – era fillo de Gelmirio, cabaleiro e entón gobernador, ao servizo do bispo Diego Peláez, das Torres do Oeste ...

VER +

Analizar ata onde chega a presenza do franquismo na sociedade actual é o obxectivo da quinta edición das Xornadas da Memoria do Concello de Pontevedra que terán lugar na Casa da Luz durante os días 28, 31 de marzo e 1 de abril.

Baixo o título “Sobre vivencias: As consecuencias do golpe de Estado do 36, hoxe”, o encontro abordará a pervivencia do franquismo desde un punto de vista amplo: estudarase o mantemento do relato elaborado pola ditadura para desprestixiar a II República e xustificar o golpe de Estado; a continuidade das elites franquistas nas institucións democráticas e nos emporios empresariais, así como a súa influencia nalgunhas das máis graves problemáticas actuais, como o machismo, a corrupción ou mesmo as eivas medioambientais.

Organizadas pola Concellería de Patrimonio Histórico que dirixe Luís Bará, as xornadas darán como sempre protagonismo ás vítimas e as súas familias, coa inclusión no programa dunha conferencia da prestixiosa psicóloga catalá Anna Miñarro, co-directora da investigación sobre o trauma psíquico e a transmisión entre xeracións.

O Programa

O programa abrirase o martes 28 de marzo cunha conferencia centrada na corrupción franquista desde o punto de vista económico, e en concreto no espolio de Meirás. O título da mesma é “O espolio do Pazo de Meirás. Unha historia de abusos e corrupción” e será impartida a partir das 20.30 horas polo investigador Carlos Babío e o historiador Manuel Pérez Lourenzo.

O venres 31 de marzo e baixo o título “O que puido ser e o que somos” analizarase a influencia do fascismo nalgunhas das problemáticas da sociedade actual, con tres intervencións concatenadas a partir das cinco da tarde: A primeira será a do historiador Xosé Álvarez Castro, que falará dos avances republicanos truncados polo golpe, e en especial do ensino e as sociedades agrarias. A segunda da historiadora Encarna Otero, que falará do atraso que supuxo para as mulleres en particular a chegada dun franquismo que aniquilou os dereitos logrados na II República. Por último, Luís Bará, concelleiro e parlamentar, analizará a pegada no territorio e na paisaxe.

A xornada do venres pecharase cunha mesa redonda sobre a transmisión da represión franquista, que abordará o mantemento do discurso elaborado polos golpistas e o uso de distintas ferramentas como o teatro, o audiovisual ou a banda deseñada para contar o verdadeiro relato do que pasou.

Moderada pola xornalista e escritora Montse Fajardo, contará coa presenza de María Lores, neta de Aurelio Torres, canteiro asasinado no 36; Susana Sánchez Aríns autora de Seique, que falará da transmisión da memoria familiar desde o punto de vista das familias dos represores; Esther F. Carrodegua autora do texto da obra de teatro Voaxa e Carmín sobre as dúas Marías de Compostela, e Julia Lago, participante no documental A pegada dos avós onde alumnado de secundaria pescuda no relato da represión.

A pervivencia do trauma nas familias e nas institucións

A última xornada, a do sábado 1 de abril, iniciarase ás dez e media da mañá coa conferencia da psicóloga clínica e psicoanalista catalá Anna Miñarro, que abordará a transmisión do trauma entre xeracións na conferencia “O rostro e o rastro da violencia (1936-1939).

Pechará o programa o historiador e escritor Carlos Velasco Souto, encargado de disertar sobre os vestixios do franquismo nas institucións democráticas. Será a partir das 12.00 na charla “Franquismo sem Franco. Pervivências do espírito da ditadura no estado democrático”.

A inscrición nas xornadas, de balde, xa se pode realizar a través do correo electrónico: patrimoniocultural@pontevedra.gal.

Valora o Artigo / Artículo!
[Total: 1 Promedio: 5]
COMPARTE!!!

Deixa un comentario / Deja un comentario