Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense – Pontevedra

os_palleiros1progrape_1

Fran Cortegoso (Imaxe: Chan da polvora)

Un ano sen Fran Cortegoso

As veces na excitada pero imperturbable fraga da lírica unha árbore cae, e como formula o enigma: se non ai ninguén preto para confirmalo, fai ruído? Francisco Cortegoso naceu en Pontevedra no agosto de 1985. Fíxose filólogo en lingua galega; escribiu ...

VER +

Programa Concertos Festas de Ourense 2017

24 de xuño - 2 de xullo ¬VER / DESCARGAR PROGRAMACIÓN CLICK AQUÍ

VER +

Unha nova unidade didáctica convida aos escolares a descubrir o Arquivo municipal - Pontevedra

O Concello editou mil exemplares da unidade didáctica co fin de achegala aos centros educativos da cidade e traballar con ela no propio arquivo onde tamén fanse visitas guiadas. A unidade foi elaborada polo persoal do Arquivo municipal e ilustrada ...

VER +

Programación de todas as Festas de Verán Pontevedra 2017

Música de bandas Xoves, 6 de xullo 21.00 h Baila a Banda. Praza do Teucro Concerto da Banda de Música de Pontevedra coa colaboración do Club de Baile Deportivo Adrián Esperón & Patricia Martínez “Baila Mos” Domingo, 9 de xullo 21.00 h ...

VER +

O Pazo cede unha aula permanente a Asociación de Escritores en Lingua Galega - Pontevedra

A Concellaría de Cultura cederá unha aula á Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) no Pazo da Cultura para que teña unha aula permanente en Pontevedra onde poida impartir os obradoiros da Escola de Escritores que organiza habitualmente na ...

VER +

Surfing The Lérez - Pontevedra

A cita será o 17 de xuño con catorce grupos e moitas actividades infantís. Volve unha nova edición do Surfing The Lérez que se celebrará o vindeiro 17 de xuño na Illa do Covo, como en citas anteriores. Este ano terá como ...

VER +

Baiona, Unha Vila Real

Esta preciosa vila está situada nunha tranquila baía entre Monte Real e ou Monteferro. A súa boa condición como porto natural motivou que fose unha poboación moito máis importante que Vigo ata o s. XVIII, cunha notable liberdade de comercio grazas ...

VER +

Homenaxe a Carlos Casares no Liceo de Ourense

7 de xuño ás 20h no Liceo de Ourense

VER +

Comeza o ciclo Sons na Rúa coa Banda de Música de Pontevedra (Programa)

Serán sete concertos, que se celebrarán entre o 8 de xuño e 18 de agosto, unha cita esta última que se desenvolverá na recta final das Festas da Peregrina. Coa chegada do tempo de verán as prazas e rúas da cidade ...

VER +

Presentación Libro Galleguismo, Tradicionalismo y Segunda República - Pontevedra

Venres 9 de xuño, ás 19,30h na Libraría Baroja  Presentación do libro "Galleguismo, Tradicionalismo y Segunda República"  de Álvaro Rodríguez Núñez.  

VER +

Concerto Solidario Ourense

Con 10 euros podemos contribuir, desde Ourense, ao desenvolvemento de países de África occidental, concretamente de Guinea Bissau, mediante proxectos sanitarios, sociais, educativos e medioambientais, así como de axuda a colectivos e persoas marxinadas ou desfavorecidas. E precisamente esa é a ...

VER +

Premios III Maratón Fotográfico Cidade de Ourense

1º Premio - Marta Dorribo Gonzalez - 1.000€ 2º Premio - Rafael Juliana Méndez - 500€ 3º Premio - Alba Araújo Pinto - 300€ A maiores, catro accesit ás mellores fotografías de cada serie. Accesit ¨Negro¨ - María Belén Alonso ...

VER +

Nova Páxina Web do Concello de Allariz

O Concello de Allariz lanza a súa nova páxina web www.allariz.gal, centrada na administración electrónica, a actualidade e o turismo (esta última aínda en construción). O novo espazo foi deseñado co obxectivo de transmitir unha maior transparencia ademais de permitir aos ...

VER +

Mini-científicos/as amosan as súas investigacións en Pontenciencia - Pontevedra (programa)

Achegarse a ciencia e a innovación dende a escola, promover o coñecemento científico, despertar a curiosidade, visibilizar a ciencia e todo elo vinculando a Universidade aos colexios. Con estes obxectivos chega Pontenciencia, a cita dos mini-científicos/as que presentarán, após de ...

VER +

Feira do Libro de Ourense

31 de maio – 4 de xuño en Ourense

VER +

Allariz é unha xoia medieval engastada nun remanso do río Arnoia que soubo conservar con moito éxito todo o legado do que é depositaria. A vila estivo unida ao poder real desde o seu nacemento, pois lle debe xa o seu nome ao rei suevo Alarico, que repoboou estas terras alá polo século V, sendo en distintas ocasións ao longo da idade media capital do Reino de Galicia e asento da corte de Castela.

No seu núcleo estivo asentada a corte literaria que, creada por Afonso X O Sabio, criado de neno na vila, recompilou as Cantigas de Santa María. Con Sancho IV obtivo o título de «Chave do Reino de Galicia».

O seu esplendor foi decaendo segundo o poder real íase afastando de Galicia co avance da reconquista cara ao sur. E por iso, o legado daquela época chega hoxe a nós impoluto nunha vila moi coidada, pioneira en intervencións de conservación e rehabilitación do patrimonio, que foron recoñecidas co premio europeo de urbanismo, coa inclusión no catálogo de boas prácticas da ONU e coa declaración de Reserva da Biosfera en 2005, xunto con outros concellos da comarca.

O  paseo pola vila transmítenos a súa fonda personalidade: unha perfecta conxunción de arquitectura relixiosa, civil e militar, acompañada de fermosas paisaxes fluviais da recuperada ribeira do Arnoia. A oferta lúdica e de lecer da vila esta ampliada coa posibilidade do gozo que para os sentidos supoñen os circuítos termais .

O visitante de Allariz non debe deixar de visitar as recuperadas ribeiras do Arnoia, que conforman o arboledo paseo do Arnado, un logradísimo parque etnográfico que recupera artes e tradicións do pasado agrícola e artesanal. Componse de tres pezas fundamentais: o muíño do burato, o museo do tecido «o fiadeiro» e o museo do coiro, situado no antigo curtidoiro dos Nogueira, que conta cunha cafetaría restaurante.

Unha ponte peonil de madeira comunica as dúas beiras do río e permite deleitarse con todos estes elementos moi facilmente. Esta intervención de recuperación integral da ribeira do río e do seu patrimonio foi a base da consecución do Premio Europeo de Urbanismo en 1994.

Que debes visitar en Allariz sí ou sí…

-Barrio Xudeu:  asentado no s.XIII extramuros no barrio de Socastelo, que acolleu unha importante xudería medieval.

-Campo da Barreira: amplo espazo aberto limitado polo norte por un lenzo medieval da muralla da vila; no seu centro conta cunha fermosa fonte barroca, obra de Ferro Caveiro, e nun dos seus laterais aparece o Real Convento de Santa Clara. Este mosteiro feminino foi fundado en 1268 por dona Violante, esposa de Afonso X O Sabio. O edificio actual data do s. XVIII e conta cun importante museo de arte sacra, destacando a Virxe Abrideira de Marfil. Posúe o claustro máis grande de España. Nesta área empregada tamén como lugar de celebración da feira quincenal, tamén podemos admirar a Igrexa de San Bieito, erixida no s. XVIII cuns fermosos lanterna e campanario.

-Museo Iconográfico “Aser Seara”: na rúa Castelao. Interesante colección de Arte Sacra con imaxes románicas, góticas e barrocas.

-Casa Museo Vicente Risco, na rúa San Lourenzo. Acolle a biblioteca e o despacho do insigne escritor galego, así como documentos, debuxos e obxectos relacionados co literato.

-Ponte e Igrexa de Santa María de Vilanova: ambas construídas no século XII, trátase dun fermoso e atraente conxunto románico ao que se chega ao final do paseo do Arnado.

-Penedo da Vela e Castelo: lugar onde se asentaba o desaparecido castelo da vila, perfecto miradoiro para ollar a vila e as ribeiras do río. Especialmente boa é a panorámica sobre a Igrexa de Santiago, un dos mellores exemplos do románico popular galego na Praza Maior, e as súas inmediacións, onde destacan o Pazo do Xulgado, na rúa do Portelo (hoxe alberga o Museo do Xoguete con pezas que van dende comezos do s. XX ós anos 1960).

-Casa Torre de Castro Oxea (Torre do XVI, pazo do XVIII). Máis cara ao sur divísase a Igrexa de San Pedro (románica de finais do s. XII) e cara ao leste a Igrexa de Santo Estevo (s. XII e reformas no XVI), que conta con tres sepulcros medievais.

 

Fonte: Turismo de Galicia

Valora o Artigo / Artículo!
[Total: 0 Promedio: 0]
COMPARTE!!!

Deixa un comentario / Deja un comentario