Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense – Pontevedra

os_palleiros1progrape_1

Fran Cortegoso (Imaxe: Chan da polvora)

Un ano sen Fran Cortegoso

As veces na excitada pero imperturbable fraga da lírica unha árbore cae, e como formula o enigma: se non ai ninguén preto para confirmalo, fai ruído? Francisco Cortegoso naceu en Pontevedra no agosto de 1985. Fíxose filólogo en lingua galega; escribiu ...

VER +

Programa Concertos Festas de Ourense 2017

24 de xuño - 2 de xullo ¬VER / DESCARGAR PROGRAMACIÓN CLICK AQUÍ

VER +

Unha nova unidade didáctica convida aos escolares a descubrir o Arquivo municipal - Pontevedra

O Concello editou mil exemplares da unidade didáctica co fin de achegala aos centros educativos da cidade e traballar con ela no propio arquivo onde tamén fanse visitas guiadas. A unidade foi elaborada polo persoal do Arquivo municipal e ilustrada ...

VER +

Programación de todas as Festas de Verán Pontevedra 2017

Música de bandas Xoves, 6 de xullo 21.00 h Baila a Banda. Praza do Teucro Concerto da Banda de Música de Pontevedra coa colaboración do Club de Baile Deportivo Adrián Esperón & Patricia Martínez “Baila Mos” Domingo, 9 de xullo 21.00 h ...

VER +

O Pazo cede unha aula permanente a Asociación de Escritores en Lingua Galega - Pontevedra

A Concellaría de Cultura cederá unha aula á Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) no Pazo da Cultura para que teña unha aula permanente en Pontevedra onde poida impartir os obradoiros da Escola de Escritores que organiza habitualmente na ...

VER +

Surfing The Lérez - Pontevedra

A cita será o 17 de xuño con catorce grupos e moitas actividades infantís. Volve unha nova edición do Surfing The Lérez que se celebrará o vindeiro 17 de xuño na Illa do Covo, como en citas anteriores. Este ano terá como ...

VER +

Baiona, Unha Vila Real

Esta preciosa vila está situada nunha tranquila baía entre Monte Real e ou Monteferro. A súa boa condición como porto natural motivou que fose unha poboación moito máis importante que Vigo ata o s. XVIII, cunha notable liberdade de comercio grazas ...

VER +

Homenaxe a Carlos Casares no Liceo de Ourense

7 de xuño ás 20h no Liceo de Ourense

VER +

Comeza o ciclo Sons na Rúa coa Banda de Música de Pontevedra (Programa)

Serán sete concertos, que se celebrarán entre o 8 de xuño e 18 de agosto, unha cita esta última que se desenvolverá na recta final das Festas da Peregrina. Coa chegada do tempo de verán as prazas e rúas da cidade ...

VER +

Presentación Libro Galleguismo, Tradicionalismo y Segunda República - Pontevedra

Venres 9 de xuño, ás 19,30h na Libraría Baroja  Presentación do libro "Galleguismo, Tradicionalismo y Segunda República"  de Álvaro Rodríguez Núñez.  

VER +

Concerto Solidario Ourense

Con 10 euros podemos contribuir, desde Ourense, ao desenvolvemento de países de África occidental, concretamente de Guinea Bissau, mediante proxectos sanitarios, sociais, educativos e medioambientais, así como de axuda a colectivos e persoas marxinadas ou desfavorecidas. E precisamente esa é a ...

VER +

Premios III Maratón Fotográfico Cidade de Ourense

1º Premio - Marta Dorribo Gonzalez - 1.000€ 2º Premio - Rafael Juliana Méndez - 500€ 3º Premio - Alba Araújo Pinto - 300€ A maiores, catro accesit ás mellores fotografías de cada serie. Accesit ¨Negro¨ - María Belén Alonso ...

VER +

Nova Páxina Web do Concello de Allariz

O Concello de Allariz lanza a súa nova páxina web www.allariz.gal, centrada na administración electrónica, a actualidade e o turismo (esta última aínda en construción). O novo espazo foi deseñado co obxectivo de transmitir unha maior transparencia ademais de permitir aos ...

VER +

Mini-científicos/as amosan as súas investigacións en Pontenciencia - Pontevedra (programa)

Achegarse a ciencia e a innovación dende a escola, promover o coñecemento científico, despertar a curiosidade, visibilizar a ciencia e todo elo vinculando a Universidade aos colexios. Con estes obxectivos chega Pontenciencia, a cita dos mini-científicos/as que presentarán, após de ...

VER +

Feira do Libro de Ourense

31 de maio – 4 de xuño en Ourense

VER +

O XV Memorial Filgueira Valverde, organizado polo Museo e a Vicerreitoría da Universidade de Vigo, dará comezo o mércores 1 de febreiro e abordará catro capítulos esenciais na traxectoria de Francisco Javier Sánchez Cantón, aproveitando o 125 aniversario do seu nacemento, que se vén de cumprir no 2016.

As conferencias celebraranse no Sexto Edificio e na Casa das Campás os días 1, 8, 15 e 22 de febreiro ás 20 h e están abertas á participación das persoas interesadas ata completar o aforo das salas.

filgueira

O pontevedrés Francisco Javier Sánchez Cantón foi unha das grandes personalidades do seu tempo no ámbito dos estudos humanísticos tanto galegos como españois. Subdirector primeiro (1922) e director despois (1960) do Museo del Prado, foi tamén, entre outras moitas distincións e cargos que ocupou ao longo da súa vida, Membro de Número da Academia de Belas Artes de San Fernando (1921), da Historia (1934) e da Española (1949), chegando a presidir simultaneamente, feito excepcional, as dúas primeiras institucións.

Sánchez Cantón foi autor de máis de oitocentos títulos e participou activamente na fundación e desenvolvemento do Museo de Pontevedra, ao que lle legou o seu arquivo e a súa biblioteca privadas e do que foi nomeado Director Honorario. Tivo unha relación moi estreita con Castelao, asumindo persoalmente a dirección da edición, realizada en Madrid, do Álbum Nós.

O primeiro dos relatorios terá lugar o día 1 no salón de actos do Sexto Edificio e correrá a cargo de Carlos Valle. O director do Museo abordará a relación de Sánchez Cantón con esta institución museística, contextualizándoa na época histórica que estaba a vivir a cidade de Pontevedra a nivel cultural e intelectual. “Sánchez Cantón e o Museo de Pontevedra (coa cidade ao fondo)” é o seu título.

Na Casa das Campás, celebrarase a segunda sesión o día 8 de febreiro. Será a responsable do Arquivo Documental do Museo, María Jesús Fortes Alén, a que diserte sobre a relación entre Sánchez Cantón e Castelao. Fortes Alén, que ten publicados diversos traballos sobre os fondos do arquivo do Museo, fixo tamén a recollida para a bibliografía de Filgueira Valverde. A súa intervención no Memorial repasará os fitos máis destacados que vinculan a estes coñecidos persoeiros, dos cales a fundación do Museo pontevedrés e a colaboración para a publicación do Álbum Nós figuran entre os máis coñecidos.

A terceira sesión celebrase o 15 de febreiro no Sexto Edificio baixo o título “Sánchez Cantón no Museo del Prado durante a Guerra Civil” e correrá a cargo de Judiht Ara Lázaro, coordinadora xeral técnica deste Museo estatal. Ara Lázaro ten participado como comisaria técnica en varias exposicións de carácter internacional, entre as que destaca a súa participación na mostra “Arte Protegido. Memoria de la Junta del Tesoro Artístico durante la Guerra Civil” celebrada en 2003 no Museo del Prado e organizada conxuntamente co instituto del Patrimonio Cultural de España. Sobre este período particularmente complicado para a conservación da arte falará no Memorial en relación á tarefa desenvolvida por Sánchez Cantón no Museo del Prado.

O Memorial pecharase o día 22 na Casa das Campás co relatorio titulado “Sánchez Cantón e o Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos”. Eduardo Pardo de Guevara y Valdés, doutor en Historia Medieval e director do Instituto Padre Sarmiento, será o encargado de ilustrar o traballo de Sánchez Cantón a prol da investigación e da dinamización da cultura galega no marco desta institución.

¬VER/ DESCARGAR PROGRAMA

Fonte: Museo de Pontevedra

Valora o Artigo / Artículo!
[Total: 0 Promedio: 0]
COMPARTE!!!

Deixa un comentario / Deja un comentario