A Biblioteca Municipal Torrente Ballester de Bueu recibiu a visita dos alumnos do CEIP Plurilingüe A Torre Cela.
Os nenos puideron explorar as diversas salas da biblioteca, dende a aula infantil ata a terraza exterior. Con esta iniciativa, o Concello busca achegar aos máis novos a este espazo cultural e fomentar o hábito da lectura.
