O día 10 de abril fixo 40 anos da morte de Don Ramón Otero Pedrayo, escritor, político e intelectual galego, membro dá Xeración Nós, patriarca das letras galegas. En 1988 dedicóuselle o Día dás Letras Galegas.
A nosa particular homenaxe, é reproducir a crónica publicada en NÓS, do día que ingresou na Real Academia Galega, o 9 de decembro de 1929.
Publicado en NÓS; BOLETÍN MENSUAL DA CULTURA GALEGA
AnoXII Nº 73 – Ourense 15 de Xaneiro de 1930
OTERO PEDRAYO NA ACADEMIA GALEGA O día 9 de Nadal tivo lugar na Cruña, no salón do Circo d’Artesáns, o solene acto da recepción do noso ilustre e benquerido compañeiro Ramón Otero Pedrayo, na Real Academia Galega.
Presideu o da Corporación, Eladio Rodríguez González, e coil tiñan posto no estrado os Académicos de númaro Sres, Lugrís Freire, Pérez Barreiro, Estrada Catoira, Carré Aldao, Castillo e o noso Direitor Vicente Risco, encarregado de responder ao discurso do recipendario. O salón estaba cheo d’un distinto e escolleito púbrico, antr’o que figuraban moitos Académicos correspondentes, persoalidades da inteleitualidade e da boa sociedade cruñesa.
Foron desiñados pra acompañar ao estrado ao novo Académico, os numerarios Sres. Lugrís e Carré.Otero Pedrayo non pudo dar leitura senón a algús anacos escolleitos do seu volumoso e intresantismo discurso, no que fai un cumplido estudo, fortemente documentado do movemento romántico en Galiza, que desenrola arredor das tres figuras destacantes de Pastor Díaz, Eduardo Pondal e Rosalía de Castro, cuia obra coñece ben a fondo. O discurso d’Otero Pedrayo non é somentes a obra d’un erudito, senón d’un pensador e de d’un artista; non é somentes un traballo d’historia literaria, senon tamen d’historia das ideias, con fonda compresión do seu sinificado histórico e eterno.
Nil aséntanse craras definiciós e afirmanzas en col da entrana do Romanticismo e das suas orixes, da difrenza antr’a y-alma clásica e a y-alma romántica, do sentimento da peisaxe e da terra, da saudade, do atlantismo e d’outros moitos problemas que hai tempo an’an antre nós suxetos a porfía, e que hoxe non queremos eiquí desflorar, ata qu’o discurso se pubrique e os galegos que pensan ou sinten inquedanzas, poidan coñecer direitamente a sua doutriña, que n-un resume coma iste poderíamos dar desfigurada. Porque non é cousa pasaxeira, e de momento, o traballo académico d’Otero Pedrayo, senon de duranza e que ha de ter influenza no pensamento galego. Na resposta de Vicente Risco faise un estudo sintético e breve, anque cumplido, da persoalidade centífeca e literaria, tan rica e polimorfa do novo Académico e da sua obra. O acto resultou ben solene e lucido. Ao outro día obsequiaron a Otero e a Risco c’un almorzó íntemo no Kiosko Alfonso, moitos académicos e algúns amigos, escritores e colaboradores da Editoral NÓS.
→LER OU DESCARGAR O DISCURSO DE OTERO PEDRAYO NO INCRESO DA REAL ACADEMIA GALEGA
Discurso íntegro de Ramón Otero Pedrayo na coroación poética de Ramón Cabanillas, celebrada en Padrón na Pascua de 1958. Audio cedido pola Fundación Otero Pedrayo e fotos do arquivo de Camilo Agrasar Vidal.