A FEREDACIÓN DE GUERRILLAS DE LEÓN – GALICIA

A Federación de Guerrillas de Galicia-León foi unha organización guerrilleira antifranquista, con carácter pluripartidista, aínda que con predominio de socialistas leoneses e asturianos, que agrupou a guerrilleiros anarquistas, comunistas e socialistas que operou na inmediata posguerra española.

A pesar de que grupos de guerrilleiros antifranquistas operaban na zona desde a caída da fronte norte en 1937, a Federación de Guerrillas de León-Galicia non se creou ata o 17 de xullo de 1942 con grupos de León, Ourense e Lugo, mediante unha reunión nos montes de Ferradillo (Montes Aquilanos), preto de Ponferrada, que fixou como obxectivos canalizar a loita contra o franquismo, non facer proselitismo de partido dentro da guerrilla, manter a democracia interna pero con obediencia aos superiores, e buscar o apoio da poboación. Elixiuse un comité director presidido polo socialista Marcelino Fernández Villanueva, co cenetista Marcelino de la Parra e o socialista César Ríos como axudantes. O obxectivo da Federación non era derrubar o franquismo mediante a loita armada, senón manter viva a chama da resistencia ata que se producise a intervención das potencias aliadas que todos daban por segura.

O obxectivo da Federación non era derrubar o franquismo mediante a loita armada, senón manter viva a chama da resistencia ata que se producise a intervención das potencias aliadas que todos daban por segura.

En abril de 1943 editaron o primeiro número de El Guerrillero, órgano de expresión da Federación, impreso clandestinamente en Santalla (Asturias).

Ata 1944 a Federación de Guerrillas de León-Galicia mantívose illada dos partidos e sindicatos antifranquistas, tanto do interior como do exterior, creando a súa propia liña política. Deuse o paradoxo de que os principais dirixentes eran socialistas, a pesar de que o PSOE como tal non apoiaba a loita guerrilleira.

A Federación actuaba no oeste de León (O Bierzo, Laciana, Cabrera, Maragatería), norte de Zamora (Seabra), este de Ourense (Viana do Bolo, A Pobra de Trives, O Barco de Valdeorras) e sueste de Lugo (A Fonsagrada, Becerreá e Quiroga).

Desvinculados dos partidos e sen axuda externa, os guerrilleiros vivían do que lles daban os seus enlaces e, sobre todo, dos golpes económicos, executados sempre contra persoas afíns ao réxime franquista, e cuxo resultado destinábase normalmente á compra de armamento no mercado negro de Portugal. A guerrilla tamén daba charlas políticas entrando por sorpresa nas aldeas, e facía abundantes sabotaxes contra os vehículos de liña e o tendido eléctrico.

Vídeo:

Fonte Texto: Wikipedia

Porgaliciabaixo
COMPARTE!