É considerada a igrexa máis antiga de Galicia, e o primeiro edificio declarado Monumento Nacional en 1921 na provincia de Ourense. Doutra banda, crese que puido formar parte dun antigo mosteiro ou cenobio.
A súa planta é en forma de cruz grega, pero os seus brazos en cruz non son iguais, sobresaen os da planta da cabeceira e no pórtico. Os muros son extremadamente anchos en relación ao tamaño do templo.
O interior da igrexa atópase moi compartimentado, e isto xunto coa iluminación natural, fan sentir ao visitante certa sensación de “lugar con misterio”. Esta iluminación prodúcese a través, de pequenas xanelas que se atopan a diferentes alturas, do mesmo xeito que as naves da estrutura da igrexa.
Estes últimos son de ladrillo, cubertos con bóvedas de canón; exceptuando a zona do cruceiro e que marca o centro simbólico da igrexa.
A igrexa en xeral é parca en decoración, a destacar os capiteis que flanquean o altar (engadidas nunha restauración do século IX).
A ábsida conta con representacións pictóricas de escenas relixiosas que son da segunda metade do século XVI, e que foron restaurados no ano 2003.
Como imaxe principal e presidindo a igrexa, podemos contemplar unha talla policromada que representa a San Torcuato ou San Trocado.
Nela así mesmo, acharemos antigos restos romanos, como o famoso milenario situado na zona norte e que se utiliza como pila bautismal, ou a ara romana que cumpriu funcións de altar, tamén podemos ver un sepulcro en mármore que correspondería coa tumba de San Torcuato e un dos primeiros discípulos de Santiago Apóstolo.