“A ÚLTIMA PELÍCULA”: UN ICONO DO CINEMA – CINECLUBE PONTEVEDRA

LUNS 13  | 20:30 |TEATRO PRINCIPAL

Peter Bogdanovich, 1971, 120 min., VOSE

 

“A última película”: En Anarene, o tempo detense. Ou case.

 

Un western existencial no que o cinema é o verdadeiro protagonista. Década dos anos 50, nun pobo de Texas, onde o po levántase con cada paso, un grupo de mozos loita por atopar a súa identidade. Mentres o cinema apágase e a televisión imponse, eles aférranse á pantalla como un salvavidas; nunha época que comezan os recrutamentos para a guerra de Corea.

Unha obra mestra de Peter Bogdanovich que nos fala da perda da inocencia e o paso á madurez.

Capturada en branco e negro, como un recordo desvanecéndose, “A última película” mergúllanos na vida dun grupo de mozos que buscan a súa identidade nun mundo que cambia ao seu ao redor. Inspirada na novela de Larry McMurtry e coa mestría de Peter Bogdanovich, esta obra mestra transpórtanos a unha América profunda, onde os soños entrelázanse coa realidade e o cinema convértese nun refuxio.

⇒ LIGAZÓN AO CINECLUBE PONTEVEDRA

Porgaliciabaixo
COMPARTE!