A Unión Deportiva Ourensá foi un equipo de fútbol galego, fundado en 1942 e que desapareceu en 1952 en Ourense.
Naceu en 1942 da fusión do Galicia Sport Club Ourense e o Burgas FC da cidade de Ourense. Chegou a xogar en Segunda División tres tempadas, pero en 1952, ao final das mesmas desapareceu a causa de problemas económicos.
Na última tempada da súa historia chegou á final da Copa Federación, na que perdeu contra o Real Xaén por 3-1. Despois dese encontro o club declarouse en suspensión de pagos.
Como sucesor da Unión Deportiva Ourensá, fundouse na cidade o Club Deportivo Ourense.
O 29 de maio de 1951 o equipo alemán do TSV Munich xogou un partido amigable no estadio do Couto contra a Unión Deportiva Orensana. O equipo ourensán, que xogaba naquel tempo na liga de Segunda división e xa estaba a punto de desaparecer, viuse reforzado con xogadores da valía de Pahíño para disputar este encontro.
O resultado foi contundente. Gañaron os alemáns por 4 a 1 aínda que foron os ourensáns os primeiros en marcar. A crónica de La Región contaba que a chuvia deslucira o partido, que sen lugar a dúbidas foi o acontecemento deportivo do ano en Ourense.
“La salida de los equipos fue saludada con grandes ovaciones por parte del público. El capitán de la Orensana, Mantido, entregó un banderín al capitán del Munich, y ambos entregaron sendos ramos de flores a la madrina de U.D.O. Srta. Orbán. El Munich correspondió a la atención del equipo orensano haciendo entrega a este de una fotografía de su conjunto.”
La Región, 30-05-1951.
Fontes: Wikipedia e madialevo.blogspot.com.es