Abriuse o prazo de inscrición para o grupo “Teatro con Lingua”, unha iniciativa da Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra. Este programa busca fomentar o uso do galego entre mozos e mozas de 18 a 30 anos a través da improvisación e a creatividade teatral.
O grupo estará guiado por Vicky Estévez, actriz, directora de teatro e promotora de igualdade con ampla experiencia na dinamización lingüística. Os ensaios levaranse a cabo no Centro Sur, en Campolongo, os mércores de 19 a 21 horas, desde o 5 de febreiro ata o 25 de xuño. Ao finalizar o curso, o grupo presentará unha obra teatral aberta ao público.
As persoas interesadas en participar deben enviar un correo electrónico a normalizacionlinguistica@pontevedra.eu indicando o seu nome completo, idade, teléfono de contacto e enderezo electrónico. As prazas son limitadas.
