ALUMNOS DO CARLOS OROZA CONVERTEN O MERCADO NUN LABORATORIO DE SABORES E NEGOCIOS

O Concello de Pontevedra e o CIFP Carlos Oroza uniron forzas por segundo ano consecutivo para converter o Mercado nun espazo único no Estado onde se fusionan formación, aprendizaxe e emprendemento no ámbito da restauración.

O programa permite ao alumnado da escola de restauración do CIFP Carlos Oroza poñer en práctica o aprendido nunha contorna real, o Mercado de Pontevedra. Cada xoves, diferentes grupos de estudantes xestionarán postos no mercado, ofrecendo as súas creacións gastronómicas ao público.

Como novidade este ano, ofrecerase un espazo durante o verán para que o alumnado seleccionado poida vivir unha experiencia empresarial real, xestionando un posto municipal. Esta iniciativa busca impulsar a gastronomía local e revitalizar o Mercado.

A concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías, destacou a importancia desta colaboración e agradeceu o traballo do CIFP Carlos Oroza e a Xunta de Galicia. O director da escola, Manuel Hermo, resaltou que este proxecto é único no Estado e encaixa cos obxectivos do Mercado.

O profesor Ricardo Fernández explicou que cada proxecto estará a cargo dun grupo de alumnos e alumnas, quen traballarán baixo a supervisión do centro. O público poderá reservar a súa praza para gozar das propostas gastronómicas a través da páxina web do CIFP Carlos Oroza.

Os proxectos que participarán nesta edición son:

  • Tapería Lusco Fusco
  • Tortilla d’Or
  • Jaleo!
  • Ruda’s Tapería
  • fímero Gastrobar
Porgaliciabaixo
COMPARTE!