Nela podemos ver un monólito no que están gravados o número de millas existentes entre Braga e Astorga, e mostra así as mansións da vía coas súas correspondentes distancias intermansionarias.
Os restos deste establecemento hostaleiro foi erixido seguramente en dous momentos diferentes:
O 1º a principios da segunda centuria da era. Contaría cun gran corralón con teito e apoiado sobre alicerces, que se poden apreciar no interior, e parcialmente escavados obsérvanse estancias residenciais.
O 2º é posible que fose construído nas primeiras décadas do século III, e sería un novo edificio que substituiría o antigo corralón, e engadirase outra edificación na parte externa co seu correspondente pozo, para resgardar aos animais de montura e transporte, tamén como abrevadero.
Consta dun vestíbulo empedrado, que se aprecia perfectamente na actualidade, á beira dunha vía urbana á que se accedía por unha escalinata.
Esta fermosa zona, verde sempre, posúe ademais no seu subsolo con augas termais, brotando do chan que foron as que deron nome a esta Mansión Viaria e posteriormente aos balnearios, ata que finalmente foron alagados pola construción do Encoro das Cunchas en 1948.