MATEO FONTÁN COUTO
VER+Categoría: ARTIGOS MATEO FONTÁN COUTO
ARTIGO DE MATEO FONTÁN COUTO
PÁXINAS DO ENTROIDO NA OBRA DE TABOADA CHIVITE
Xesús Taboada Chivite (1907-1976) legounos unha valiosa bibliografía, dentro da cal ten cabida o tema do Entroido. Sabemos que non podería ser doutro modo, pois ao profuso da súa obra antropolóxica únese o aspecto de que era natural de Verín, e iso suma, digo eu. Este sabio do Val do Támega sentía curiosidade e paixón investigadora polos costumes, e acerca deles escribiu máis que abondo. Xa no seu libro de 1972 Etnografía galega. Cultura espiritual, publicado por Galaxia, dedica concisos apuntamentos ao Entroido dentro do capítulo «Calendario festivo»; estes, veñen…
VER+A ÉLITE GALAICA
Coa obra titulada Callaici principes: os soberanos da Galiza castrexa, Martín Fernández Calo logrou o XII Premio de Ensaio Manuel Murguía, outorgado pola Deputación da Coruña. Esta mesma institución encargouse da súa publicación, e agora podemos falar dun libro rigoroso que vén ocupar un oco pouco reenchido pola historiografía galega e alén desta. O tema non resulta doado de abordar: existiu unha elite autóctona no mundo castrexo? A partir desta cuestión o autor desenvolve, mediante a técnica do ensaio, unha coidadosa posta en escena que fai có libro sexa a mellor achega…
VER+UN LIBRO PARA CARLOS GARCÍA MARTÍNEZ
Poucas cousas mellores ocórrenseme cá edición dun libro á hora de rendermos homenaxe a alguén que o merece. Un libro-homenaxe pode adquirir distintas formas: pode reunir colaboracións de diferentes especialistas relacionadas coa personalidade e as angueiras de aquel a quen se quere render tributo, ou ben pode recompilar composicións do mesmo homenaxeado. Con esta segunda opción ofrécese a posibilidade da descuberta dun traballo esquecido ou difícil de conseguir; deste xeito, fortalecemos o legado do autor e o vínculo directo co lector, flúe a relación e perpetúase a memoria. O Museo…
VER+LEMBRANZAS A CASTELAO EN PONTEVEDRA
Recentemente vén de se facer pública a decisión adoptada polo Consello Asesor do Museo de Pontevedra de renomear ao, até o de agora, Sexto Edificio como Edificio Castelao. Que o grande artista e intelectual fose un dos membros do padroado de cando se fundou o Museo sumado a que a meirande parte do seu legado consérvase, por propio desexo de Castelao, nesta institución son motivos claramente xustificantes desta decisión. Se nalgún lugar existe un museo de Castelao ese é o Museo de Pontevedra, máis se cabe neste edificio que nos…
VER+CUARTO MANUAL DO MUSEO DO POBO GALEGO
Na súa serie de Manuais o Museo do Pobo Galego ofrece ao lector a oportunidade de se achegar a aspectos concretos da cultura tradicional galega. O primeiro dos volumes publicouse en 1985 precisamente co título de Cultura popular, a cargo de X. R. Mariño. No 1991 Clodio González versou acerca das festas cíclicas do ano e vinte e sete anos despois saía o volume de José Cernadas sobre a cantería tradicional. O último número desta colección, o cuarto, vén da man de Francisco Calo Lourido levando por título: Vida e traballo no mar dos…
VER+SANBENITOS DE TUI… E MÁIS DE BURGOS
Sabemos dos atractivos que a memorable cidade de Tui ofrécenos. Non é intención a de degrañar aquí algún recuncho histórico, artístico ou natural. Sabemos que a Tui fundada por Diómedes, rei de Etolia, fala con autoridade de capital de provincia histórica e atesoura unha personalidade tan conxénita coma o outeiro que a contén e tan versátil coma a raia que a separa do veciño portugués. Coñecemos cousas desta terra dende a prehistoria; fogar dos Grovios na Idade do Ferro, foi romanizada; sé episcopal desde o século V e ceca de moedas no reino…
VER+RISCO O ESTETA
Se fixésemos un ranking de publicacións sobre persoeiros contemporáneos da nosa cultura a figura de Vicente Risco estaría situada, sen dúbida, nos primeiros postos da clasificación. Poida que Rosalía de Castro e Castelao disputen ese liderado, mais á zaga vai o grande erudito ourensán, seguramente acompañado do seu amigo Otero Pedrayo ou de Cunqueiro, na configuración dese podio. O certo é que a miúdo topámonos con algún artigo nos xornais que fai referencia a Risco ou ben conmemora algunha empresa na que tivo que ver, véxase estes últimos días con respecto ao centenario…
VER+A BIOGRAFÍA DE VIRXINIA PERERA
Co atinado título A Vida incerta, Montse Fajardo tráenos unha descuberta biográfica de fondo calado por todo o que a persoa de Virxinia Pereira representou: por unha banda está a inseparable e oufana figura da dona de Castelao, pola outra a que racha co estereotipo de muller algo frívola e afastada do compromiso político. Virginia Nicolasa María de Gracia Tomasa, tal era o seu nome completo, naceu na Estrada un 19 de outubro de 1884 no seo dunha familia acomodada conformada polos seus pais Peregrina Renda e Camilo Pereira mais…
VER+A PONTEVEDRA ENCALADA
O cal, expresado na fórmula CaO, é oxido de calcio obtido a partir da calcinación de rochas calcarias, tarefa desenvolta polos caleiros nas caleiras. Se ao cal engadímoslle auga desprenderá calor obtendo o cal hidratado, apagado ou hidróxido de calcio, ou sexa, Ca(OH)2. Dende a antigüidade, o cal foi un compoñente moi importante empregado na construción e até na elaboración de alimentos. Se reparamos un intre nas grandes construcións da historia na súa feitura aparecerá o cal, así: as pirámides de Exipto, o Coliseo de Roma, a Vía Apia, construcións…
VER+