Iglesias hermosas no escasean en nuestra tierra, pero en esta ocasión en particular, me toca además el corazoncito. Empiezo por ese lado como decía sentimental. Borela (Cotobade, Pontevedra) es mi aldea, mi particular paraíso de la infancia y juventud. El lugar donde se reunía toda la familia, abuelos, padres, primos ,tíos, amigos….En fín, lo que los gallegos sabemos por tradición familiar, lo que es la vida de nuestras aldeas. Cuando éramos pequeños, hubo muchos años que repartíamos las vacaciones entre el mar y el río, esto era, en nuestro caso,…
VER+Categoría: MISCELÁNEA
DE TODO UN POUCO
RISCO O ESTETA
Se fixésemos un ranking de publicacións sobre persoeiros contemporáneos da nosa cultura a figura de Vicente Risco estaría situada, sen dúbida, nos primeiros postos da clasificación. Poida que Rosalía de Castro e Castelao disputen ese liderado, mais á zaga vai o grande erudito ourensán, seguramente acompañado do seu amigo Otero Pedrayo ou de Cunqueiro, na configuración dese podio. O certo é que a miúdo topámonos con algún artigo nos xornais que fai referencia a Risco ou ben conmemora algunha empresa na que tivo que ver, véxase estes últimos días con respecto ao centenario…
VER+A BIOGRAFÍA DE VIRXINIA PERERA
Co atinado título A Vida incerta, Montse Fajardo tráenos unha descuberta biográfica de fondo calado por todo o que a persoa de Virxinia Pereira representou: por unha banda está a inseparable e oufana figura da dona de Castelao, pola outra a que racha co estereotipo de muller algo frívola e afastada do compromiso político. Virginia Nicolasa María de Gracia Tomasa, tal era o seu nome completo, naceu na Estrada un 19 de outubro de 1884 no seo dunha familia acomodada conformada polos seus pais Peregrina Renda e Camilo Pereira mais…
VER+A PONTEVEDRA ENCALADA
O cal, expresado na fórmula CaO, é oxido de calcio obtido a partir da calcinación de rochas calcarias, tarefa desenvolta polos caleiros nas caleiras. Se ao cal engadímoslle auga desprenderá calor obtendo o cal hidratado, apagado ou hidróxido de calcio, ou sexa, Ca(OH)2. Dende a antigüidade, o cal foi un compoñente moi importante empregado na construción e até na elaboración de alimentos. Se reparamos un intre nas grandes construcións da historia na súa feitura aparecerá o cal, así: as pirámides de Exipto, o Coliseo de Roma, a Vía Apia, construcións…
VER+MALAS DECISIÓNS E NOVOS LIBROS
Xa podemos adquirir nas librarías o último traballo do investigador pontevedrés Leoncio Feijoo Lamas. Unha investigación histórica acerca do peirao pontevedrés do Burgo, tema este de actualidade por mor da polémica reforma producida na histórica ponte e tamén nos restos do devandito peirao. O libro expón unha viaxe a través dos séculos para coñecer este importante peirao da Boa Vila, así como a tradición portuaria pontevedresa diminuída co paso do tempo. O lector enfróntase a nove capítulos onde, mediante unha rigorosa pescuda, poderá saber da importancia dos vestixios recentemente cubertos…
VER+“PROMESAS DE MAR”. UNHA NOVA ACHEGA DE LINO PAZOS
Antes da pandemia da Covid-19, a cal nos obrigou ao confinamento alí onde nos tocara, tiña a intención de escribir unhas liñas sobre un novo libro a cargo do investigador Lino J. Pazos. Vexo agora o momento de facelo. Non é novidade algunha que Lino Pazos saque un libro, máis ben resulta ser cousa frecuente. Máis de corenta obras dan conta do seu voluminoso traballo ao longo de toda unha vida, a eles unimos os numerosos artigos dispersados nas revistas e xornais, as conferencias e toda a actividade cultural levada…
VER+MOURÓN O ACUERILISTA
Unha acuarela pode resultar ser unha belida, e tamén divertida, suxestión ocular que nos amose a realidade a xeito de encanto. Pode esluír sensacións até facelas efémeras e mesturalas coas capas de cores superpostas, case que transparentes, nunha elegante vivencia volátil a cal, con todo, queda fixada no papel e pode que no noso maxín de por sempre. Coido especiais aqueles artistas que senten querenza pola acuarela, e a miúdo están pouco recoñecidos, ou así mo parece neste noso gris país galego, tan propicio a ser interpretado por esta nobre…
VER+O LEGADO DE TABOADA CHIVITE
Foi Xesús Taboada Chivite (1907-1976) todo un persoeiro da cultura galega do seu tempo. Dicir isto resulta ser cousa importante, mais non é cousa nova. Pero convén mastigar esta afirmación na súa xusta medida. Falamos dunha época que resultou crucial na procura e o baseamento do feito diferencial galego a través do pleno coñecemento da realidade do país mediante o desenrolo das ciencias, sobre todo as sociais, como chave mestra. Neste contexto, a rede de contactos que se creou entre investigadores de extraordinaria valía e outros colaboradores, adeptos ao movemento…
VER+CÓNTAME UN CONTO BUENAVENTURA
Arrastro a débeda de falar do último que escribiu Buenaventura Aparicio Casado: un novo conto para cativos que ben aproveitado presta tamén aos maiores. Edítao Ab Origine Edicións e leva por título Etram e Ailux na Terra dos Mortos. Con estas liñas inxenuas quero pagar o debido. Acerca do autor sobran un pouco as palabras. Buenaventura resulta amplamente coñecido no ámbito cultural galego, sobre todo no «mundillo» das Ciencias Sociais e, postos a afinar, nos eidos da Antropoloxía Cultural, a Arqueoloxía e a Historia. Nas súa ficha biográfica máis recente dise…
VER+LA GENERACIÓN PERDIDA
Dicen que fue la “generación perdida” jóvenes que, en los años ochenta, cayeron en el abismo de las drogas ante la impotencia de las generaciones que los precedieron. La heroína, el mal que se llevó por delante a la generación de la Movida. Cuentan algunos de los que vivieron aquella época que entonces en Vilanova solo había un pub, el de Pilita, un local que también frecuentaba gente de Vilagarcía y de los alrededores para hablar. De ahí, la marcha nocturna continuaba en una discoteca de Portonovo que ya cerró.…
VER+