DE PASEO POLOS XARDÍNS DO CASTELO DE SOUTOMAIOR

A “finca” do castelo de Soutomaior comprende 25 hectáreas de terreo que ó longo da súa historia fóronse destinando a distintos usos. A orixe do parque e dos xardíns ven dada polos Marqueses de la Vega de Armijo e de Mos hacia 1870, época na que deciden fixar a súa residencia de verán no Castelo de Soutomaior, comenzándose tanto a remodelación do recinto amurallado, como a creación dos xardíns que substituíron ós campos de millo alí existentes. En 1905 fálasenos por primeira vez do arboledo do castelo na obra da Marquesa…

VER+

AS TORRES ARCEBISPAIS DE PONTEVEDRA

  No ano 2008, no transcurso dunhas escavacións arqueolóxicas previas ás obras na Avenida de Santa María, topáronse cuns muros en bo estado, que formaban parte da historia medieval; chegouse á conclusión que eran parte do foso defensivo datado no s.XII, da antiga fortaleza medieval, e que por desgraza foron derrubadas a finais do s.XIX. Con bo criterio decidiuse facer un museo que se atopa a un cinco metros baixo terra, ou o que é o mesmo, un museo subterráneo. É un centro de interpretación dedicado ás Torres Arcebispais de Pontevedra;…

VER+

CONVENTO E COLEXIO DOS XESUITAS EN PONTEVEDRA E JORDE DE ANDRADE

Foto: Consello da Cultura Galega

Nome actual: Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra Uso no pasado: Colexio de primeiro ensino dos xesuítas. Despois de 1767, foi escola de primeiras letras e latinidade patrocinada polo concello, fábrica de tecidos, almacéns, primeiro Instituto de Pontevedra. De 1903 e ata 1974 estivo ocupado polo Hospicio e a Inclusa, unificados co nome de Fogar Provincial Inauguración: 1714. Este edificio foi construído por iniciativa do relixioso Jorge de Andrade, que residía en Perú. Desexaba reunir nun só edificio todos os estudos existentes na vila de Pontevedra. Contou, ademais, co patrocinio e…

VER+

O PAI MIÑO

Foto©Porgaliciabaixo

O “Pai Miño” levantou sempre paixóns, ata sobre o seu nacemento. Antigamente todos aprendemos aquilo de “O Río Miño nace en Fontemiña…”, cando en realidade parece ser que a súa orixe atópase subterráneamente no lugar de Corveceiras, en concreto en Pedregal de Irimia (Serra de Meira, Lugo), producíndose o seu encontro coas augas deFontemiña dez quilómetros despois. Ten uns trescentos quilómetros e medio de percorrido cruzando en diagonal Galicia, nacendo en Lugo, percorrendo Ourense e morrendo no Atlánticocreándose un estuario entre A Guarda (Pontevedra) e Caminha (Portugal).Os seus últimos setenta quilómetros fai de fronteira natural entre Galicia…

VER+

LA ISLA DE TAMBO, TAN CERCA, TAN LEJOS…

Los primeros indicios de habitación de la isla se encuentran en la zona más elevada de la isla, donde existen restos de un asentamiento castreño de la Edad de Hierro. En la edad media se construyó el monasterio benedictino de Santa María de Gracia fundado por San Fructuoso que se fue derruyendo con el paso de los siglos y del que queda todavía en pie la antigua iglesia monasterial dedicada a San Miguel y la magnífica fuente. Dicho monasterio fue destruido por los ataques del pirata Francis Drake. En 1865 se establece una leprosería, cuyos restos se conservan todavía hacia…

VER+

ILLA DE COVO, ILLA DAS ESCULTURAS

Foto: Francisco Leiro: Saavedra. Zona de lecer (Imaxe: Mateo Fontán Couto, 2012)

Sita nunha das zonas máis fermosas de Pontevedra, as sete hectáreas da Illa do Covo amosan unha máxica simbiose entre natureza, arte e paisaxe. Todo conflúe nun poema de sensacións que asaltan ao paseante que se deixa caer por ela co ánimo disposto á reflexión e a experimentar emocións non sempre fáciles de contar. Foi en 1999, dentro do Xacobeo compostelán celebrado ese ano, cando a Illa do Covo –tamén coñecida como Illa da Xunqueira do Lérez ou o Parque da Familia– pasou a compartir denominación co proxecto artístico da…

VER+