CINECLUBE ESCOLAR: DESCOBRE A VIDA E OBRA DE CASTELAO ATRAVÉS DO LENTE DE MIGUEL LÓPEZ

Os mércores do 22 de xaneiro ao 12 de marzo, ás 10:30 h no Edificio Castelao – MUSEO DE PONTEVEDRA

O Museo de Pontevedra invita aos centros escolares a mergullarse na vida e obra de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao a través do documental ficcionado “Castelao: de chumbo a verba”. Dirixido por Miguel López en 2017 e protagonizado por Miguel Pernas, Uxía Blanco e Iago Novoa, este filme de 60 minutos entrelaza a actualidade con momentos clave da vida do intelectual galego, utilizando imaxes de arquivo para enriquecer a narrativa.

A través dunha trama que conecta o presente co pasado, o documental invita aos novos a comprender o pensamento, a dimensión cultural e política de Castelao. Os mércores, ás 10:30h, o auditorio do museo acollerá estas proxeccións, abertas a estudantes de 5º e 6º de primaria, ESO e bacharelato.

Por que ver “Castelao: de chumbo a verba”? Porque é unha oportunidade única de:

Acercarse á figura de Castelao dunha maneira amena e didáctica. Comprender o contexto histórico e cultural no que viviu e traballou. Reflexionar sobre a importancia do seu legado para Galicia. ¡Non o perdas! Reserva xa a túa praza para o teu centro educativo escribindo a educacion.museo@depo.gal 

 

Porgaliciabaixo
COMPARTE!