CURSO DO CINEMA CLÁSICO AO CINEMA MODERNO: UNHA VIAXE A través da MODERNIDADE CINEMATOGRÁFICA (1950-1980)

Este curso ofrece un panorama xeral dos novos cinemas dos anos 60, sen esquecer os seus antecedentes nos 50 e o seu impacto nos 70. Analizarase a ruptura que supuxo a modernidade cinematográfica fronte ao “cine clásico”, explorando a relación entre ambos conceptos e como se influíron mutuamente. A través de sesións temáticas e monográficas, estudarase a obra de directores clave como Carl Theodor Dreyer, Ingmar Bergman, Robert Bresson, Roberto Rossellini, Nicholas Ray, Orson Welles, Pier Paolo Pasolini, Jean-Luc Godard, Michelangelo Antonioni, Agnès Varda, Chris Marker, Philippe Garrel, Arthur Penn, Mike Nichols, Elaine May, Steven Spielberg e Francis Ford Coppola. Utilizaranse proxeccións de escenas e análise de películas representativas para afondar neste período crucial da historia do cine.

 

Programa detallado:

  • 4 de febreiro: O vello e o novo: o tránsito entre clasicismo e modernidade
  • 11 de febreiro: Intuicións da modernidade no cine europeo dos anos 50
  • 25 de febreiro: Radicais libres: Ingmar Bergman
  • 11 de marzo: Radicais libres: Robert Bresson
  • 18 de marzo: Roberto Rossellini e o Neorrealismo italiano
  • 25 de marzo: Radicais libres: Orson Welles
  • 8 de abril: A Nouvelle Vague (beira dereita): Jean-Luc Godard, François Truffaut, Éric Rohmer
  • 22 de abril: A Nouvelle Vague (beira esquerda): Alain Resnais, Agnès Varda, Chris Marker
  • 29 de abril: O novo cine italiano: Pier Paolo Pasolini, Michelangelo Antonioni
  • 13 de maio: A xeración post-Nouvelle Vague: Jean Eustache, Maurice Pialat e Philippe Garrel
  • 20 de maio: Novo Hollywood I: a modernidade europea desembarca en Hollywood
  • 27 de maio: Novo Hollywood II: os movie brats (Spielberg, Coppola, Lucas…) e o nacemento do blockbuster

Martes de febreiro, marzo, abril e maio, de 19:00 h a 20:30 h, no Edificio Castelao

Sobre o profesor:

José Manuel López (Vigo, 1974) é doutor en Comunicación e Información Contemporánea e profesor de Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo. Fundou a revista de cine Tren de sombras e formou parte do consello de redacción de Caimán Cuadernos de Cine. Coordinou o libro Naomi Kawase. El cine en el umbral e é autor de artigos e ponencias sobre cine. Desde 2012 imparte cursos de cine no Museo de Arte Contemporáneo de Vigo e no Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago. Impartiu conferencias en diversos espazos e comisariou exposicións e ciclos de cine. En 2020 recibiu o premio ao mellor ensaio escrito sobre audiovisual internacional outorgado pola Academia Galega do Audiovisual.

Acceso

O acceso é libre. Entregarase un certificado de asistencia ás persoas que se inscriban previamente en reservas.museo@depo.gal e asistan como mínimo ao 70 % das sesións.

Porgaliciabaixo
COMPARTE!