Viviu na cidade de Lugo e era a muller de Martín Cego . No ano 1386 dirixiu unha revolta da cidade contra a opresión do bispo de Lugo, Pedro López de Aguiar, que obrigaba os lucenses a facer fronte a elevados impostos, e matou cos seus cuñados ó mordomo do bispo Francisco Fernández .
Sufocada a revolta, María Castaña e os dous cuñados, Gonzalo e Afonso Cego, foron apreixados e obrigados a doar os seus bens á Igrexa, entre eles as posesións en couto de Cereixa e mil marabedís.
María Castaña é unha figura histórica e lendaria coñecida en toda a Península Ibérica co nome de Maricastaña . Tamén é protagonista de textos literarios.
A xesta de María Castaña foi pasando na fala da xente, quedando aqueles feitos no recordo colectivo.
Asociouse a figura lendaria de Maricastaña a mitos como o de Blancaflor, a menor do tres fillas que tivo o demo, ou Auburn Mary, protagonista da batalla dos paxaros, unha lenda celta que tamén fai referencia á cor (“castiñeiro” ou auburn) do pelo de tal muller.