ÉRASE UNHA VEZ EN ALDÁN, UN BOSQUE ENCANTADO CON CASTELO “DE XOGUETE”

Se algo ten Galicia e que é sen dúbida, máxica, con diversidade de lugares marabillosos con ese aire misterioso e feiticeiro tan noso.

Hoxe visitamos uns deses emprazamentos especiais, a Leira de Frendoal, que se atopa na Parroquia de Aldán.; que conta ademais cun castelo “de xoguete” polo seu tamaño, mellor que o de Walt Disney, situado nun bosque. Ambos os elementos e a frondosidade deste último, proporcinan sensación de lugar encantado.

Esta leira, a de Frendoal, estivo en posesión dos Condes de Canalejas. Nun principio estaba incorporada á mesma a leira do Pazo Torre de Aldán, coa chegada das estradas a comezos do século XX, o trazado da calzada que comunica Cangas con Bueu, dividiu en dúas partes dita leira, ao carón quedou o Pazo e ao outro, o bosque encantado e o “ mini Castelo”.

Este espazo,como diciamos antes, deseñárono os Condes de Canalejas como unha zona de recreo e esparcimento, de aí a construción en tamaño miniatura do castelo.

O bosque é frondoso, e podes pasear entre bidueiros, castiñeiros, robledales e loureiros, e no medio atoparasche con bancos de pedra para descansar e en compañia do son do río Orxas que pasa polas terras.

Un lugar este, que che fará percibir a emoción de estar metido nun conto de fadas. Moi recomendable para todos os públicos e no que gozarán moitísimo os cativos da casa.

Porgaliciabaixo
COMPARTE!