Nos anos 20 será o fillo do seu fundador, Ramón Rivera, o que comezará a pór en marcha a mecanización da fábrica. Ramón Rivera prepárase para elo estudando Cencias Comerciais en Hamburgo diplomándose ademais na especialidade de mestre cervexeiro. Transforma a produción desta industria cervexeira, instalando tanques de fermentación, tanques metálicos e sala de cocción, adaptándose á ascendente demanda dos consumidores.
Xa con máis de cen anos no mercado, segue con forza renovada e crecendo no mercado, sendo sen ningunha dúbida a primeira marca de cervexa en Galicia, e gañando terreo no resto de España do mesmo xeito que no exterior dela; importante é a súa presenza no noso país veciño Portugal, pero tamén no outro lado do charco, Brasil, Estados Unidos, México, Panamá…
E estes cen anos desde logo non pasaron en balde, e Estrella de Galicia conseguiu calar no imaxinario galego, é a cervexa por excelencia dos galegos e en certo xeito, xa forma parte da nosa forma de ser ao “estilo Gadis” de “Vivamos como galegos!”. A imaxe de Estrella de Galicia está ineludiblemente emparellada a Galicia.
Tanto é así, que até a mítica fábrica de Sargadelos, deseñou un modelo especial de billa de cervexa de barril, puramente na liña e estilo da coñecida fábrica de cerámicas, unha billa que desde logo plasma a calquera que o vexa, que dela só pode “saír” cervexa galega e dunha estética e unha beleza indiscutible.
Como curiosidade comentar até que punto calou Estrella de Galicia na cultura, pomos como exemplo o número 116 debuxado polo ilustrador David Aja (David Aja é un debuxante de cómic español, nacido en Valladolid o 16 de abril de 1977 que traballa especialmente para o mercado norteamericano),da serie de cómics Daredevil (Daredevil é un personaxe ficticio da editorial Marvel Cómics, creado por Stan Le e Bill Everett). Este número 116 está dedicado e ambientado na Costa da Morte, recollendo nos seus debuxos este litoral galego, coas súas rías, os seus cantiis, os seus pobos e vilas, os murais e pintadas de Nunca Máis e por suposto os carteis publicitarios dos bares da zona de Estrella de Galicia.
Actualmente a factoría de Estrella de Galicia duplica o seu potencial de produción de cervexa, chegando aos douscentos cincuenta millóns de litros anuais.
