Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

O Ballarete; a lingua dos afiadores e paragüeiros ourensáns

 4 Xullo, 2016

Foto: Monumento ao «afiador», en Nogueira de Ramuín (Orense)// Wkipedia – HombreDHojalata

O outro día falabamos dá fala ou latín dos canteiros, hoxe o facemos da fala doutro vello oficio característico de Ourense (de afiadores e paragüeiros): O Barallete

barallete é a xiria ou xerga utilizada polos afiadores do concello ourensán de Nogueira de Ramuín. Esta xerga tamén era utilizada por músicos e por outros profesionais ambulantes, como follateiros ou paragüeiros ourensáns.

Dende hai máis de tres séculos ata os nosos días, aos vellos afiadores de moita sona, moitos camiños e milleiros de quilómetros as suas costas, chámanlles”Queicoas”.

Hai unha serie de trazos básicos que caracterizan o barallete:

  • →Abundan os substantivos que designan as ferramentas do seu oficio, obxectos de uso común, comidas e bebidas etc.
  • →Moitos termos son construídos por derivación: Pilde significa cu; e pildares, nádegas; pildar, cagar; pildarse, cagarse (ou faltar á palabra); pildona, merdeira; pildatorio, cagadoiro;pildaría, merda, porcallada.
  • →Os adxectivos, menos abundantes, expresan a calidade das cousas ou a pouca habilidade no oficio.
  • →Os verbos, case todos da primeira conxugación, expresan maioritariamente accións desenvolvidas polos distintos oficios.

Un exemplo de barallete:

Habia que chusar anque oretee ou axa barruxo, porque facía falta zurro, que Sanqueico nono da de balde

En galego:

Había que traballar aínda que chovese ou houbese barro, porque facían falta cartos, e Deus non o regala.

Vídeo Trailer:  “A última vixa do afiador” de Aitor Rei

“Queicoa”, significa en Barallete, a lingua dos afiadores; Deus, heroe, loitador, ser grande, mítico.

Dende hai máis de tres séculos ata os nosos días, aos vellos afiadores de moita sona, moitos camiños e milleiros de
quilómetros as suas costas, chámanlles”Queicoas”.

Eran homes bravos, duros, curtidos de traballar nos campos dunha das zonas máis probes de Europa. Por iso as montañas galaicas cuspíanos ao mundo en viaxe a ningunha parte e coa única compaña do xirar dunha roda.

Se camiñaban, soñaban.
Se afiaban, vivían.
Se paraban, perecían.

 

Esta é a súa historia e estos son os seus rostros…

 

 




Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo