Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Oito Apelidos Galegos . Sí, pero invisibles

31 Maio, 2017



Nestes días de aprobación de orzamentos do Estado, de negociacións entre grupos políticos varios; non me podo sentir máis invisible. E conste que non llo reprocho a eses diferentes territorios, máis ben é un reproche a nós mesmos, aos galegos.

Esta é a crúa realidade:

  • Oito apelidos Vascos: Negociacións do Estado cos diferentes gobernos do País Vasco, económica e política. Política fiscal propia e plan Ibarretxe.
  • Oito apelidos Cataláns: Negociación do Estado con diferentes gobernos de Cataluña. Formulación de referendo.
  • Oito apelidos Canarios. : Negociación do Estado con diferentes partidos canarios.
  • Oito apelidos Galegos: A Nada… Só na época do bipartito galego negociáronse vantaxes reais para Galicia. Por non ser, nin somos merecedores, dunha versión mala e pouco orixinal dunha película ao xeito de “Oito apelidos vascos” ou “Oito apelidos cataláns”…  tan pouco contamos.

Galicia

Non, non culpo ás diferentes zonas de Estado que xogan o seu papel, e saquen proveito para os seus territorios. Pero sí me apena que Galicia se estea desdibuxando ata o punto que sexamos invisibles.

Algo nos teremos que preguntar os galegos, cando sendo Galicia  unha Nacionalidade Histórica recoñecida na Constitución Española, do mesmo xeito que País  Vasco ou Cataluña, non teñamos unha representación real no Parlamento Español que defenda os nosos intereses.

Si;  todos sabemos que na transición española, houbo o chamado “café para todos”…  E agora corenta anos despois, temos que escoitar nos eternos faladoiros políticos de televisión, que con Cataluña e o País Vasco hai que ter unha sensibilidade especial. Dá igual que sexan políticos que xornalistas, ninguén menciona a Galicia… Somos invisibles.

Corremos o terrible risco,  tan pouco… tan pouco peso específico posuímos, que cando se atrevan a meter man á Constitución –que o farán, non queda outra – os galegos dicía,  corremos o risco de perder a nosa consideración como territorio que foi reino, coa súa lingua, coa súa cultura e os seus dereitos históricos.

E ninguén menciona a Galicia, porque no Parlamento Español nin nos círculos de prensa políticos, ninguén … ninguén fala de Galicia, a pesar de ter un presidente de goberno galego, e suponse que representantes da chamada “nova política”.

Evidentemente a responsabilidade é nosa, e dos nosos votos.

Todo isto non cambiará mentres non o fagamos os galegos, e respectemos o nosos oito, sete, catro ou ningún apelidos galegos (evidentemente é un sentimento, á marxe de películas máis menos simpáticas).

Teremos que empezar por aí, e como dicía Eduardo Pondal no noso himno:

..”esperta do teu sono

Fogar de Breogán”

Si, quizais un día despertemos…

Mentres… espero que no futuro non termine apelidándome Portela en catalán (que tamén existe) e Pintosgorriaga, e acompañe o cocido galego coa salsa canaria do mojo picón.

 




Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo