Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Do amor de Castelao por Pontevedra; “Meu Pontevedra”

20 Abril, 2016



Un dos maiores alegatos de amor e dos máis fermosos que vin na miña vida por Pontevedra. Realmente emociona lelo como pontevedrés.“Meu Pontevedra” máis a carta que escribe ao presidente do Centro Galego de Buenos Aires,  Castelao no ano 1947.

Castelao

Eu vivín longos anos de ledicia en Pontevedra, aferrado a fermosura dos seus arredores, coma quen no pode desprenderse dos brazos mornos dunha noiva. Eu débolle a Pontevedra o mellor da miña vida e agora padezo saudades da súa paisaxe, tristuras de non vela y espranzas de retornar a ela.

Empezo a ser vello e a vivir de recordos. Algunhas veces acode a miña memoria un cantar de requintada morriña:

Vi tan lonxe a mocedade,

Está tan preto o meu fin,

Que ás veces sinto vontade

De poñer loito por min

Pero non é que eu enloite a meu esprito porque a mocedade fuxise de mín. Eu apénome de non poder ir a Pontevedra, que é unha fonte de xuventude,  onde se curan os alfaces da vellez. Volver a Pontevedra sería mesmo recobrar  a mocedade perdida. E así como Anteo revivía ao caer ao chan e soio morreu por non poder tocar terra. Así  eu me libraría da vellez con soio pisar terra pontevedresa.

Penso que si morrese no desterro, os meus osos non se deixarían consumir até que algún anaquiño d-eles chegase a Pontevedra, entón a miña alma cantaría gozosa este cantar:

Xa morrín, xa me enterreí,

E agora xa estou esquí,

Nin a terra me comía,

sen desprenderme de ti.

Todo, todo, pode acabar en min, menos o amor que sinto por Pontevedra. Vivo ou morto, alá iréi como se di que van os romeiros a San Andrés de Teixido, que “alá van de mortos se non van de vivos”. Pero eu espero chegar vivo para curarme das inxurias do tempo, e non en tanto vou coa imaxinación…

Para ensoñar mundos de absoluta felicidade, libre da carne mortal que afoga a vida dos vellos. Eu séntome a beira do Lérez, pouso os meus pensamentos na beira das augas, como as ponlas caídas dos albres que dan sombra. Estou alí horas e horas, ensumido en min mesmo. Deste xeito participo da ledicia de San Amaro, cando estivo trescentos anos anexando a paradiso a través duns buratiños dunha porta, ou como Don Ero, o fundador de Armenteira, que tamén estivo trescentos anos escoitando a un paxariño.

Para sentir o orgullo ser ser fillo da terra máis fermosa do mundo, eu rubo ao Pinal de Matalobos, que está enriba da eirexa de Salcedo, séntome nas pedras do valado, e chanto os ollos na ría que durme antre veigas e florestas. Asisto a transformación d-un día de sol en noite de luar. Alí sinto como en ningures a necesidade cósmica da patria e sei que son un anaquiño de eternidade galega.

¡Meu Pontevedra!

Extracto dunha carta de Alfonso Daniel Castelao ao Presidente do centro Pontevedrés de Buenos Aires el 31 de Maio de 1947.

Meu estimado compatriota:

Non teño ningún documento, nin tan siquera unha partida de nascimento para acreditar a miña calidade de pontevedrés, pero se non fun consultado antes de nascer, sábese ben que despois de ter nacido escollín Pontevedra para vivir e morrer. E se tal programa non chega a cumplirse, non será certamente por culpa miña.

Non son, pois, un pontevedrés de partida de nascimento, que ás veces esto é entrar pola porta falsa, eu son pontevedrés pola miña propia vontade e pola identificación coas terras e xentes de Pontevedra.

 




Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo