Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Xosé Lois González Vázquez “O Carrabouxo”

18 Abril, 2016



Xosé Lois González Vázquez, alcumado O Carrabouxo, nado en Ourense en 1949, é un debuxante galego.

Xosé Lois " O Carrabouxo"

A súa familia era de Osmo (Cenlle) e alí pasou a súa infancia, ata que aos dez anos muda para Chantada Estudou na universidade laboral de Zamora e logo fixo a carreira de telecomunicacións en Alcalá de Henares e en Madrid, en 1968. Traballou como xefe provincial de Telecomunicacións en Ourense ata a súa xubilación en 2009, labor que compartía coa súa faceta de humorista gráfico. Foi membro da directiva da Agrupación Cultural Auriense e presidente deste colectivo durante 13 anos.

Colabora con regularidade nos xornais La Región de Ourense e Atlántico Diario de Vigo e tamén na revista Tempos Novos e o semanario A Nosa Terra, coa publicación de viñetas do Carrabouxo, personaxe que comparte o pseudónimo do autor e que creou en 1982.

O Carrabouxo

Figura do Carrabouxo no Parque San Lázaro en Ourense

O Carrabouxo é un personaxe de ficción creado polo humorista Xosé Lois en 1982 e que aparece diariamente en La Región de Ourense.

As súas historias recóllense en varios libros e no 2000 Lhosca Arias realizou unha serie de animación de 26 capítulos de 1 minuto de duración sobre a personaxe.

Participou tamén en publicación colectivas, entre estas: Humor gráfico galegoOs humoristas e a lingua ou Humor y toleranciaFrom Galicia whit humorVisto para sentencia-vamos a reirnos muy en serio del racismo-europa se rie del racismo, e tamén nas publicacións da Bienal da caricaturade Ourense e na mostra internacional portuguesa Humorgrafe.

Recibiu a Medalla Castelao en 2008 . No 2013 recibiu o premio Bo e Xeneroso da AELG.

No 2013 tamén recibiu o “1º PREMIO BRAIS PINTO AOS BOS E XENEROSOS” dá Agrupación Cultural Auriense

O seu personaxe, O Carrabouxo, foi animado por Lhosca Arias no 2000 nunha serie titulada O Carrabouxo de 26 capítulos dun minuto de duración.

Galería de Imaxes “Carrabouxos” da Exposición “Non Publicados”,  no  Café Cultural Auriense:

 

 

 

 

 

Dous grandes; un pontevedrés e outro ourensán: Xose Lois á dereita, e Kiko da Silva á esquerda. O día da entrega dos Premios Brais Pintos, charlando no Café Cultural Auriense

 

Obra publicada en formato de libro

  • Ano e pico de Carrabouxos
  • 20 anos de Carrabouxo (Deputación de Ourense)
  • Novos chistes de Xosé Lois (A Nosa Terra)
  • Humor gráfico.
  • Xosé Lois na transición (Universidade de Vigo).
  • 400 Carrabouxos mais
  • Carrabouxos 90
  • 20 anos de Carrabouxo
  • Veña Carrabouxo!
  • A Sabeliña
  • 318 chistes de Xosé Lois

Web de Xosé Lois González Vázquez – “O Carrabouxo”¬CLICK AQUÍ

Vídeo entrega “1º PREMIO BRAIS PINTO AOS BOS E XENEROSOS” a Xosé Lois González Vázquez “Carrabouxo”:

Vídeo Roteiro Galiza co Carrabouxo en Ourense – sábado 15 de decembro de 2012

Fonte del texto: Wikipedia

Fotos: Porgaliciabaixo

 




Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo