Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

187 empresas traballaron nas festas de verán, o 96% de Pontevedra

3 Setembro, 2018



Rúas e prazas ateigadas de xente, cunha alta participación nas distintas citas programadas e unha intensa actividade económica resume o primeiro balance das festas de verán, que nos próximos días serán avaliadas polo miúdo co fin de detectar aspectos mellorables ou corrixir, se é o caso, posibles disfuncións.

A concelleira de Festas, Carme da Silva, puxo en riba da mesa datos cuantitativos que amosan o “intenso verán” vivido en Pontevedra. Dende o 16 de xuño, día do Surfing The Lérez até o 1 de setembro, Feira Franca “foron 78 días de actividades practicamente continuadas”. Neste tempo desenvolvéronse 301 citas lúdicas e festivas, entre elas por exemplo 57 concertos (sen contar os do Surfing) de todo tipo de música: jazz, tradicional, clásica, pop, rock…).

As festas teñen unha importante compoñente de dinamización económica. Carme da Silva informou que nestes 78 días, foron contratadas 187 empresas -dende a que puxo as lonas da Feira Franca á que instalou as escaleiras nos concertos, as das luces, montaxe de escenarios…”Das empresas contratadas o 96% son de Pontevedra e contorna” subliñou a concelleira de Festas quen explicou que das que non o son, as máis case sempre se corresponden con contratos artísticos como, por exemplo, Bunbury.

Da Silva puxo en valor e agradeceu publicamente a “moita colaboración de moitísimas asociacións e tamén a moita colaboración co tecido empresarial”, chave de gran parte do éxito.

“Verán intensísimo, sen apenas incidentes e coa xente gozando da cidade, dos amigos, da familia”. Así definiu a concelleira as festas de verán da cidade ás que lle queda un colofón pendente: o Festival do Leite, que se vai a celebrar o 15 de setembro na Illa do Cobo.

 



Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo