Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

As Escolas Deportivas Municipais ofertarán ao redor de 2.500 prazas - Pontevedra

19 Setembro, 2018



O próximo martes 18 de setembro ábrese o prazo para a preinscrición presencial nas Escolas deportivas municipais 2018-2019. As persoas interesadas poden dirixirse ao Pavillón Municipal, en horario de 8.30 a 13.30 horas. Tamén a partir do martes 18, as 00.00 horas e até o día 23, ás 23.59 horas poderase facer as preinscricións a través da sede electrónica do Concello (procedemento 206).

O Servizo Municipal de Deportes lembra que non hai prioridade de acceso, e dicir que o mesmo ten que a preinscrición se faga o primeiro día que o último pois cando a demanda supere a oferta farase o sorteo das prazas. No prazo de pre-inscrición non se adxudica a praza. Deste xeito garántase a igualdade de oportunidades para os/as solicitantes.

Para facer a preinscrición non hai que presentar ningunha documentación persoal agás o formulario oficial totalmente cuberto.

Das arreddor de 2.500 prazas ofertadas, todas subvencionadas, 1.560 son oferta pública e o resto son de xestión directa dos clubs para garantir a continuidade -segundo os criterios do club- dos nenos e nenas que comezaron o pasado ano a iniciación do deporte elixido.

Os deportes ofertados son os seguintes: Atletismo, tríatlon, baloncesto, rugby, fútbol, fútbol sala, voleibol, balonmán, esgrima, tenis, tenis de mesa, padel, bádminton, judo, loita olímpica, taekwondo, ximnasia acrobática e trampolín, orientación deportiva, xadrez e escalada deportiva.

O curso das Escolas deportivas municipais arrancará no mes de outubro e estenderase ate o 31 de maio de 2019.

+INFO NA WEB DO CONCELLO

 



Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo