Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

O campo de Mariñamansa acolle esta fin de semana o XIII Torneo Internacional de Veteranos

5 Setembro, 2018



O campo municipal de hóckey de Mariñamansa acolle, do 7 ao 9 de setembro, o décimo terceiro Torneo Internacional de Veteranos 'Octopus Hóckey Festival', no que participarán doce equipos procedentes de España, Alemaña e Holanda tanto en categoría masculina (maiores de 35, oito equipos) como feminina (maiores de 30, catro equipos). O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, agradeceulle á organización, o Club Deportivo Open, o seu traballo a prol desta disciplina, pero tamén a súa aposta pola igualdade: “o deporte é un escaparate marabilloso para resaltar a igualdade nesta sociedade que vivimos”, dixo.

“O deporte non entende de idades e é unha forma extraordinaria de coidar da nosa saúde e transmitir entre os máis novos valores coma os do compañeirismo ou traballo en equipo”, aseguraba o rexedor na presentación deste torneo, un clásico na programación deportiva na nosa cidade que vén precedido polo ascenso dun club ourensán á División de Honor B española e o triunfo dos alevíns no Campionato de Galicia.

O sorteo dos emparellamentos, realizado durante a presentación en rolda de prensa, deixou o cadro pechado para que o torneo comece este mesmo venres coa recepción aos equipos participantes. A competición propiamente dita iniciarase o sábado ás 9:00 horas, e prolongarase até as 13:00 horas do domingo, cando se procederá á entrega de trofeos.

Os equipos son os seguintes: en categoría masculina, CD Open (Ourense), Team Galicia (Vigo e A Coruña), Manzanares (Madrid), OH – Friends (Ourense), Blauweiss (Berlín – Alemaña), Black & White Tigers (Breda – Holanda), UHC Prinzen (Hamburgo – Alemaña) e o MHC Bommelerwaard (Zatlbommel – Holanda); en categoría feminina, CD Open (Ourense), Maatjes (Leiden – Holanda), Oranginas (Ijsselstein – Holanda) e Manzanares (Madrid).

+INFO DO TORNEO CLICK AQUÍ

 



Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo