Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

O Concello de Ourense concede licenza de obra para o proxecto de rehabilitación do Museo Arqueolóxico

19 Setembro, 2018



O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, anunciou que o Concello concedeu hoxe en Xunta de Goberno Extraordinaria a licenza de obra ao Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para o proxecto básico e de execución de rehabilitación arquitectónica do Museo Arqueolóxico, unha obra estimada en 11 millóns de euros, e que este ano xa conta con 400.000 euros nos orzamentos do Estado para a súa posta en marcha.

 

Jesús Vázquez confirma que con este paso dáse resposta ao compromiso adquirido polo Grupo de Goberno para desbloquear unha obra que “estaba pendente dende o ano 2002”. Nesta liña explicou que nos últimos tres anos déronse pasos importantes como a modificación puntual do PERI en tempo récord para poder realizar o proxecto e que hoxe remata coa concesión de licenza e o seu traslado ao Ministerio de Cultura “para a súa inmediata licitación por parte do Estado”, dixo.

“Trátase dunha obra estimada en once millóns de euros para o desenvolvemento do edificio, á que hai que engadirlle outros de 2,2 millóns de euros para o proxecto museístico, co cal estamos a falar dunha suma total de 13 millóns de euros”, explicou o rexedor.

Vázquez incidiu en que as inversións do Estado en materia cultural en Ourense superarán os 40 millóns de euros neste mandato, xa que ás obras do Arqueolóxico se suman as da Biblioteca Pública Municipal e a do Arquivo Provincial, ambas no complexo de San Francisco.

O rexedor explicou que despois da licitación aínda queda un período grande de obras, se ben mostrou o seu desexo de que “prácticamente despois de dúas décadas do seu peche este equipamento volva a abrirse ao público e que ao rematar no 2021 o edificio teña xa uso como Museo Arqueolóxico”.

Por este motivo, sinalou que tanto dende o Concello como dende o Ministerio de Cultura existe a vontade de que paralelamente ás obras no edificio se desenvolva o proxecto museístico, valorado en máis de 2,2 millóns de euros, co fin de axilizar a posta en marcha do museo.



Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo