Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

As Salinas Romanas de Vigo: Centro Arqueolóxico de Salinae

4 Xaneiro, 2017

O Centro Arqueolóxico Salinae é a única salina romana de evaporación solar que foi conservada e musealizada do Imperio Romano.

As salinas foron descubertas en 1998 durante as escavacións da construción dun centro de saúde do Sergas. A intervención arqueolóxica estivo a cargo de J.C. Castro Carrera, da empresa Anta de Moura S.L. Decidiuse modificar o proxecto do centro de saúde para conservar e musealizar o xacemento, para o cal se investiron 1,4 millóns de euros.

O proxecto do centro paralizouse en 2001 e, non foi ata finais do 2008 cando estivo preparado para a súa inauguración. A musealización da salina foi levada a cabo pola empresa Ingeniaqed S.A. e, a parte arquitectónica, polo arquitecto G. Santos-Zas.

Encóntrase no centro da cidade de Vigo, no 21-23 da rúa Rosalía de Castro, na praza do centro de saúde homónimo. A visita é gratuíta e ofrece a posibilidade de visitas guiadas.

Horarios 
De martes a venres: de 10:00 a 14:00 h.
Sábado: de 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h.
Domingo: de 11:00 a 14:00 h.
Luns pechado.

 

Vídeo:

Fonte: Wikipedia

 

 




Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo