Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

As V Xornadas da Memoria analizan a riqueza amasada polos Franco, 80 anos despois – Pontevedra

25 Marzo, 2017



As consecuencias na actualidade da represión económica exercida polo franquismo centran a conferencia inaugural das xornadas da memoria de Pontevedra ‘Sobre vivencias: As consecuencias do golpe de Estado do 36, hoxe’, que terá lugar o martes 28 de marzo ás 20.30 horas, na Casa da Luz.

A quinta edición dos encontros que organiza a Concellería de Patrimonio, abrirase con un tema que non pode estar máis de actualidade: O Pazo de Meirás. Será a través da charla ‘O espolio do Pazo de Meirás: unha historia de abusos e corrupción’ que impartirán de xeito coral o historiador Manuel Pérez Lourenzo e Carlos Babío, probablemente unha das persoas que máis ten investigado este tema directamente vinculado coa súa familia posto que á súa avoa, Josefa Portela, embargáronlle a finca, vivenda incluída, para agasallarlle ao ditador co Pazo, aínda hoxe en mans da súa filla, de aí a inclusión da temática nas xornadas sobre a vixencia do legado franquista.

represión franquista

Foto de Carmen Franco Polo, de pequeña ante el Pazo de Meirás.

En plena polémica polo incumprimento de Carmen Franco Polo da súa obriga de abrir o Pazo ás visitas, Pérez Lourenzo e Babío explicarán en Pontevedra o porqué da escolla de Meirás para o agasallo ao ditador, e a represión levada a cabo para efectuar o espolio, mantido tras a entrega do Pazo a Franco. Falarán tamén dos negocios que tras a súa morte, xa en democracia, seguen mantendo os herdeiros en Meirás.

A investigación dos poñentes desvelou que o espolio foi moito máis alá das lindes da mansión e que nel participaron e beneficiáronse as elites coruñesas xurdidas ao calor do franquismo, as mesmas que dirixiron a transición para asegurarse, entre outras cousas, de que o espolio continuara despois de Franco. Tras esta charla inaugural, as xornadas continuarán na Casa da Luz os días 31 de marzo e 1 de abril.

O venres 31 de marzo e baixo o título “O que puido ser e o que somos” analizarase a influencia do fascismo nalgunhas das problemáticas da sociedade actual, con tres intervencións concatenadas a partir das cinco da tarde: A primeira será a do historiador Xosé Álvarez Castro, que falará dos avances republicanos truncados polo golpe, e en especial do ensino e as sociedades agrarias. A segunda da historiadora Encarna Otero, que falará do atraso que supuxo para as mulleres en particular a chegada dun franquismo que aniquilou os dereitos logrados na II República. Por último, Luís Bará, concelleiro e parlamentar, analizará a pegada no territorio e na paisaxe.

A xornada do venres pecharase cunha mesa redonda sobre a transmisión da represión franquista, que abordará o mantemento do discurso elaborado polos golpistas e o uso de distintas ferramentas como o teatro, o audiovisual ou a banda deseñada para contar o verdadeiro relato do que pasou.

Moderada pola xornalista e escritora Montse Fajardo, contará coa presenza de María Lores, neta de Aurelio Torres, canteiro asasinado no 36; Susana Sánchez Aríns autora de Seique, que falará da transmisión da memoria familiar desde o punto de vista das familias dos represores; Esther F. Carrodegua autora do texto da obra de teatro Voaxa e Carmín sobre as dúas Marías de Compostela, e Julia Lago, participante no documental A pegada dos avós onde alumnado de secundaria pescuda no relato da represión.

A pervivencia do trauma nas familias e nas institucións

A última xornada, a do sábado 1 de abril, iniciarase ás dez e media da mañá coa conferencia da psicóloga clínica e psicoanalista catalá Anna Miñarro, que abordará a transmisión do trauma entre xeracións na conferencia “O rostro e o rastro da violencia (1936-1939).

Pechará o programa o historiador e escritor Carlos Velasco Souto, encargado de disertar sobre os vestixios do franquismo nas institucións democráticas. Será a partir das 12.00 na charla “Franquismo sem Franco. Pervivências do espírito da ditadura no estado democrático”.

A inscrición nas xornadas, de balde, xa se pode realizar a través do correo electrónico: patrimoniocultural@pontevedra.gal.

 




Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo