Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Pontevedra: culto á pedra, desde a prehistoria

28 Xuño, 2016

Foto: Petroglifo Mogor/wikipedia/Lansbricae

Poucas terras conservan semellante abundancia de vestixios da prehistoria como estas de Pontevedra, que abarcan desde o Neolítico e sobre todo o Megalítico, até os tempos castrexos e inicios da ocupación romana. A ampla e variada relación de petróglifos atopados nos montículos de Campo Lameiro, Cotobade, Marín, Poio, Ponte Caldelas e Vilaboa vese complementado polas mámoas megalíticas e os castros que, en cuantioso número, modifican delicadamente a orografía.

En conxunto, todos estes restos favoreceron a transmisión dunha rica tradición popular que asocia a estas pegadas do pasado esa infinidade de mitos e lendas que tan decisivamente contribuíron a conformar o imaxinario colectivo dos pobos e aldeas. Incluso a lenda –neste caso de carácter erudito, formouse durante o Renacemento polos círculos intelectuais da cidade– a que fai responsable a Teucro -un dos heroes da Guerra de Troia- da propia creación de Pontevedra, bautizando co nome de “Helenes” aquela urbe que decidiu fundar á súa chegada a Galicia.

 

 

Foto: Petroglifo Ciervo Herido de Campo Lameiro /wikipedia/Lansbricae

Os petroglifos

Os petróglifos son gravados rupestres prehistóricos, de carácter simbólico, realizados polos ancestros sobre rocas graníticas desde mediados do terceiro milenio a. C. até inicios da Idade de Ferro (a. 600 a. C., momento no que comeza a albiscarse o xerme delos primeiros castros).

Os trazos destas insculturas poden presentar sección en “U” ou en “V”: mentres os primeiros foron realizados cun útil de pedra, os segundos serían practicados con ferramentas metálicas, e polo mesmo de cronoloxía máis recente.

Segundo a súa tipoloxía compositiva, os petróglifos poden clasificarse en dous grandes grupos:os figurativos (caso de cervos, cabalos, figuras antropomorfas e armas) e os abstractos (labirintos, combinacións circulares e motivos xeométricos).

O significado concreto dos petróglifos segue sendo, en moitos casos, un auténtico misterio, aínda que se lles atribúen interpretacións diversas que os relacionan con crenzas relixiosas, prácticas rituais e, ademais, como marcas dun territorio específico pertencente a comunidades concretas.

 

 




Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo